30/12/2008

GARABANZOS EXPRESS


Non , non veu Paula Vázquez e Cuatro a pedirnos esta receita , todavía non somos tan famosos , pero a todo se chegará ...

Estes garabanzos son como os Cous Cous , acompañan calquer prato ,pero como prato único cun ovo tamén están de vício . Despois disto pensaredes nos garabanzos de bote como nalgo do xurásico , que sí , que sí , que nos salvan dun apuro pero isto é irresistibel ...

Precisaremos garbanzos postos a remollo o día anterior , un par de tomates , unha cebola do país , un pemento vermello , uns allos e especias ao gosto de cada quen ( cominos , pementón , Ras el hanout , ourego ...) .
Imos usar a ola express , senón temos será máis lento pero non menos rico .hai unhas mallas para cocer os garabazos pero non é algo imprescindibel .

Coa ola aberta douramos os allos e a cebola cortada en cuartos , engadimos o pemento e os tomates entieros , ben limpiños iso sí , os garabanzos e auga cubríndoos , pechamos a ola e 20 minutos a partir de que saia o vapor .

Apartamos os tomates e o pemento xunto cuns garabanzos ( meia ducia chega ) e pasamolo todo por un pasapures , nunha tixola grande poñemos un pouco da auga de cocción ( o suficiente para facer un preve ) , coas especias que elixamos e a salsiña dos tomates , cando ferva engadímoslle os garabanzos e deixamos que coza todo xunto un par de minutiños .

Listo para meterlle a culler ou o que se tercie . Benvidos os legumes a nosa vida .

BISCOITO DE CHOCOLATE E CAFÉ


Non vos parece unha combinación incríbel , a mellor receita contra a asténia primaveral , outonal ou mal de amores ; chámalle x . Café e chocolate son unha das parellas máis sólidas do mundo gastronómico , e iso que xa levan anos coñecéndose .

Esta sobremesa non é apta para controladores de calorías , ni para aqueles que pensen en comezar unha dieta , despois de robala xa non poderan . Se ao rico que sabe sumámoslle o rápido que se fai , pois iso , que se xunta a fame coas ganas de comer .

Precisaremos 150 grs de chocolate negro cun 70% de cacao , 1 cl de café ben cargadiño ,1 sobre de café soluble , 125 grs de mateiga , 4 ovos , 80 grs de zucre , 75 grs de fariña e 1 sobre de fermento .

Ao baño María derretiremos o chocolate , xunto co café cargadiño , o café soluble e a manteiga , teranos que quedar unha crema lixeira .

Por outra banda mezclaremos os ovos ben batidiños co zucre , a fariña e o fermento , cando ligue todo engadimoslle a crema de chocolate e café , remexemos ben e ao molde .

160 º e 30 minutos de cocción , non me digades que non é sinxelo .

Queda espectacular , moi esponxoso e non vexades que sabor . Animádevos e xa nos contaredes .

28/12/2008

COUS COUS SINXELO


Receitas coas que acompañar a uns Cous Cous hai moitas , e como o arroz pódeselle botar de todo , na Cociña Poética usamos moito este acompañamento , é faciliño de facer , rápido e amaña unha comida moi doadamente .
O importante é que aprendades a cociñar os Cous Cous , que lle collades o ponto para que non vos queden apelmazados.

No paquete diravos que tedes que mezclar igual cantidade de auga fervendo que de Cous Cous , como indicación para comezar non está mal , pero quedan moitísimo mellor se engadimos case medida e meia de auga por medida de sémola , nesa agua engadiremos unha noz de manteiga ou unha culleradiña de aceite de oliva para que queden máis soltos , as especias que acompañen tamén se incluirán coa sémola .

Entón por unha banda temos a auga a ferver na pota , e por outra os Cous Cous nuha cunca ampla , co que lle queramos engadir de especias polo outro , neste caso " Ras el hanout " que significa literalmente o mellor da tenda , e unha mezcla de especias , podémola atopar en Alcampo , se non nos queremos arriscar servirá pementón . Cando a auga rompa a ferver vertémola por enriba dos Cous Cous removemos ben cun garfo para que empape todo e tapamos a cunca cun prato , deixamolos repousar uns 10 minutos .

Na mentres pocharemos unha cebola cuns dentes de allo , cando esteña pochada engadirémoslle un pouco de pemento verde e vermello ben picadiño e finalmente un par de tomates raiados para que ligue como un preve , se non temos tomates frescos serve o tomate triturado de lata ou un pouquichiño de auga e deixamos que se consuma un pouco , das tres maneiras queda un preve estupendo .

Así de sinxelo serviranos para acompañar multitude de pratos , peixes , carnes , legumes só hai que deixar voar a imaxinación , e diso sobranos , non ?

ELES TAMÉN SON PEQUENOS


Con este libro , e outros da mesma colección , os Nosos Poetiños alucinan , prodúcenlles moita tenrura ver aos pais e as nais cos seus bebés . Non son conscientes de que poden ser pequeniños e indefensos como eles .

Para a Nosa Poetiña a nai de Mollie , a gata que adoptamos , é Albertina e o seu pai Leo , que son a parella que nola deu ; con esta colección están aprendendo que as mascotiñas que temos na casa teñen outros pais .

Este libro adicámolo a todos eses pequeniños que teñen bichiños ao seu coidado , para que aprendan que os teñen que coidar como os seus pais , aínda que iso signifique que o queran meter no carriño das bonecas ...

25/12/2008

COMPOTA CON FUNDAMENTO


Con tanto turrón , tanto Panetone , trufas de non sei qué esquecémonos das sobremesas caseiras que abaratan o noso presuposto e que o noso corpo agradece máis .

Esta compota é moi fácil e resultona , e nela combinaremos todas as froitas que tan ricas están nesta tempada.

Precisaremos tres mazás , tres peras , un mango ( opcional ) , un puñadiño de pasas de corinto , outro de orellóns , unhas cirolas pasas , unha granada , uns anises estrelados , uns cardamomos , a tona dunha laranxa e dun limón , unha ramiña de canela , unha baga de vainilla e unha medida de auga por media de zucre .

Coa auga e o zucre facemos un almíbar craro , nese almíbar coceremos todas as especias e as tonas dos cítricos , cando xa esteña feito engadímoslle a froita fresca troceada en pedazos grandes ( a granada deixámola para o final que nos servirá de presaentación ) e as secas enteiras , o conxuto ten que cocer máis menos uns 20 minutos a lume meio , sen que chegue a ferver , se se nos consume moito o almíbar podemos engadirlle un pouco de auga ,pincharemos a froita cun garfo para mirar o ponto de cocción , iso vai ao gosto de cada quen . Os pedazos teñen que quedar cocidos pero enteiros .

Só nos resta presentala nun prato ou copa ancha , botarlle uns graíños de granada por enriba e disfrutar dela.

Bó Nadal .

24/12/2008

PARA OS QUE CHEGARON DE FÓRA


O pai de Migueliño chegaba das américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe de festeiro . Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai ; pero denantes de saír de casa botóulle unha ollada ao retrato .

Os americanos xa estaban desenbarcando ... e os seus ollos esculcaban nas greas , en procura do pai ensoñado.


(...)

Agora sí , agora sí que o era . Migueliño avistóu outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai...Ai , o americano pasou de largo e nin tan siquiera reparóu que o seguían os ollos angurentos dun neno .

(...)

... fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai . Era un home que non se parecía ao retrato ; un home moi flaco , metido nun traxe moi floxo ; un home de cera coas orella fora do cacho , cos ollos encoveirados , tusindo ...

Aquel sí que era o pai de Migueliño .

E para todos os que esqueceron que nalgún momento da nosa história nós tamén marchamos fóra .

Castelao , " Cousas " , Editorial Galaxia .

COUVE-FLOR CON BACALLAO


Os recordos destas datas van asociados a este prato , co que se asentaba o estomago despois do atracón de mariscos vários , en família de pescadores xa se sabe productos do mar .

É unha receita ben sinxela e non moi cara , comparando prezos en distintos sítios podemos adecuarnos a o noso presuposto .


Precisaremos unha couve-flor , bacallau (desalgado de 24 a 48 h ) , 300 grs de patacas , allos e aceite .

Limpiaremos ben a verdura , pelaremos as patacas e as coratermos en dados , máis ou menos do tamaño das frores da verdura , para que se nos caza todo por un igual , poñémolas a cocer coa couve-flor .

Cando vexamos que están case feitas engadiremos o bacallau en pedaciños , apagaremos o lume , taparemos a pota e coa calor que ten farase o bacallao .

Á hora de servir escurriremos ben a auga da pota e lle botaremos por enriba un poco do aceite no que friximos os allos , e a quen lle goste pode engadirlle os allos .

Parabens para todos nestas datas !!!

21/12/2008

PARA TODAS ELAS

VERBAS A MIÑA NAI

Digoche agora, nai, istas razós

porque quero voltarche

aquelas verbas doces como a mel

que deprendín dos teus beizos

cando neno.

¡Non teño, nai, a túa tenrura!

Eu, que ando empeñado

en ser poeta,

non teño verbas

doces,

sinxelas,

craras,

amorosas

como as verbas

con que tí me arrolache,

miña nai.

Cecáis sexa loucura

iste tentar apreixar verbas amantes

pra che facer co filas un cantar.

Cecáis

a vida probe que vivín

me secóu a fonte da tenrura

e por iso istas verbas

son secas como seixos.

Xa ves:

Non teño verbas

pero teño

un salouco que me enche todo o peito.


Manuel María ; "Mar Maior " 1963


MOLA QUE CHOVA

Na Cociña Poética están os Poetiños e a eles imos adicarlles esta sección , nela comentaremos os contiños que máis graza fixeron ( tanto aos fillos como aos pais ) . Así que esperamos que axude a hora de pensar nos agasallos das pequenas personillas que temos ó redor .


Este libro " Mola que chova " seguíu os pasos da nosa poetiña durante moito tempo , xa non pola historia senón polos contos que argallaba ela coas ilustracións cheas de colorido .

A história é moi bonita , a Rufo o gato de Sabela non lle gosta a chúvia e ela demostralle que os días chuviosos son tan divertidos como os demáis .

20/12/2008

SOPA DE MARISCO


Nestas datas suponse que hai que facer cousas destas , como se cos conxelados non nos puideramos permitir estes pratos ao longo do ano . Ben para puristas e cun bó peto todos os ingredentes deben de ser frescos , para os mileurista como os de Cociña Poética tiraremos de conxelado .

Permitídenos que antes de nada adiquemos este prato ao " Number One" da Cociña Galega Marcelo Tejedor , xa que un prato seu foi elixido entre os 10 mellores do ano pola publicación " Vinos y Gastronomía " , o prato en cuestión é a Pescada con Salsa de Pementos Verdes .

Mestre aínda sen o Prémio caemos rendidos aos seus pés polo seu bó facer .

Despois deste pequeno preámbulo comezamos , para iso precisamos un peixe de roca tipo San Martiño , langostinos , camaróns , mexilóns , ameixas ( todo isto a ollo de 5 a 7 pezas de cada por persoa) , un calamar , un pemento verde , dúas cebolas do país , 4 ou 5 tomates maduriños , uns dentes de allo , un porro , unha cenoura , uns graíños de pementa , perixel , un viño branco ( xa sabedes que que de cartón...) e aceite de oliva .

Comezaremos por facer o caldo de peixe para a sopa ( fumet entre os expertos ) para iso precisaremos a pel e as espiñas do peixe que usemos ( os lomos cortarémolos en anaquiños para engadirllos á sopa ) , nada de vísceras que o enturbiarían ; o porro , a cebola a cenoura e o perixel , todo ben picadiño . Cando o conxunto rompa a ferver contaremos 20 minutos e xa estará listo , iso sí hai que ir desespumando aos poucos para quitarlle as impurezas que se formen .

Quitámoslles as cabezas e as peles aos langostinos e aos camaróns para que nos queden as colas limpas , miraremos de que a tripa tamén o esteña , e senón coa axuda dun coitelo ben afiladiño facemos un corte no lombo e a sacamos . Cunha pinga de aceite saltearemos as cabezas e as peles nunha tixola a lume forte , cando collan color engadiremos o chorriño de viño branco e deixaremos que coza , sen baixarlle ao lume , para que se evapore o alcool , seguidamente botarémoslle un pouco de fumet e que reduza ( é dicer , que se consuma un pouco o líquido ) coa axuda dunha batidora ou vaso americano desfarémolo todo e reservaremos .

Abriremos ao vapor os mexilóns e as ameixas , tendo ben conta de desbotar aqueles que non abran , os xugos que nos queden na pota os reservamos .

Por outra banda faremos un sofrito coa cebola que nos resta por usar , o pemento verde , os allos e os tomates , todo ben picadiño . O sofrito podémolo pasar polo pasapurés ou deixalo así . Cando esteña listo engadirémoslle o fumet sobrante , ben limpiño de impurezas , os graíños de pementa , o mollo resultante das cabezas e das peles pasado por un coador e os xugos dos mexilóns e as ameixas , tamén coado . Deixaremos o conxunto cocendo un 10 minutos .

Restanos por usar o calamar , que ben limpiño ( por dentro e por fóra coma se fose un calcetín ) o marcaremos ( que colla cor ) nunha tixola a lume forte cunha pinguiña de aceite .

Só nos queda rematar , co caldo fervendo engadiremos o peixe , os camaróns e os langostinos , as ameixas e os mexilóns sen as cunchas e o calamar . Co lume apagado rematará de facerse todo .

Teredes paciencia para seguir todos os pasos ? É máis doadiño do que parece animádevos .

17/12/2008

A INSATISFACCIÓN

" Siempre hay quien quisiera ser distinto , nadie está conforme con lo que le tocó , el de edad quisiera ser un niño y el rapaz se raspa sus pelusas en flor ..."

Ésta é unha canción que últimamente escoitamos moito na Cociña Poética é canta verdade hai en todo o que dí , nunca estamos satisfeitos co que temos , xa sexa material ou inmaterial , a sociedade actual chegou a tal ponto de paranoia que só vales o que tes , mellor dito o que aparentes ter , e o aceitar esta paranoia lévanos a un grao de insatisfacción enorme e o descontento acentuase .

A volta ao simple , á sinceridade nas relacións conleva ás veces moitos desenganos pero tamén unha satisfacción , e agora tocaríalle con maíusculas , cuantitativamente maior .

Na Cociña Poética pensamos que se un está satisfeito consigo mesmo rematará por facer participes dela a quenes o rodean . Vivamos como se cada minuto fose o derradeiro das nosas vidas , sendo conscientes plenamente dos nosos actos e das consecuencias que deriban deles , sexamos NOS e non deixemos que nos fagan " eles " .

Se pinchades no texto da letra da canción escoitarédela completa , para os que non a coñezades , ou non coñezades a Silvio Rodríguez cremos que pode ser un bó comezo para " unha bonita amizade " , para os que a coñezades non hai nada que dicir máis que disfrutadea .

15/12/2008

PORRUSALDA


En Euskadi este prato e como o Caldo para nos , defeito no éuscaro porrusalda é "caldo de porros".
Nós coñecímola na versión que leva farragullas de bacallao , pero as variabeis son grandes : engadirlle cabaza , cenoura , carne salgada na vez de bacallao ( eran os de casa rica os que o usaban ) ...

Para a nosa receita precisaremos 4 porros , 1 cebola , un par de dentes de allo , 4 patacas grandiñas , faragullas de bacallao desalgado , un par de graíños de pementa e aceite .

Comezaremos dorando na pota os allos , poden ir enteiros ou fileteados , cando vaian tomando cor engadímoslle a cebola picadiña miúda , cando xa esteña trasparente botamos a pataca en dadiños triscados , xa explicamos o que era triscar na receita do Caldo , dámoslle unhas voltas a todo e deixamos facerse un pouco a pataca , que transparente ao igual que a cebola , chegados a este ponto so nos falta engadirlle os porros picados miúdos , os graíños de pementa e auga , dixarémolo cocer uns 30 minutos e cando xa vexamos que está case listo tocaralle a quenda as faragullas de bacallao , que nun par de minutiños estarán listas coa propia calor da pota .

É tempo de meter a culler , soprádelle que queima .

ASÍ SON AS NOSAS INTENCIÓNS

Son as nosas , as vosas , as de calquera que toma as rendas da sua vida . Nos queremos que a nosa historia comece así.


INTENCIÓNS

Encheremos as velas
c´a luz náufraga da madrugada
Pendurando en dous puntos cardinaes
a randeeira esguía
d’ o pailebote branco.
C’ as suas mans loiras
acenan mil adeuses as estrelas.

Inventaremos frustradas descubertas
a barlovento d’ os horizontes
pra acelerar os abolidos corazóns
d’ os nosos veleiros defraudados.

Halaremos polo chicote
d’ un meridián innumerado

N’ a illa anónima
de cada singladura
esculcaremos o remorso d' a cidade

Ela noitamula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d' os Ventos d' o noso corazón.

Encadearemos adeuses d’ escuma
pra tódalas prayas perdidas
Xuntaremos cuardernos en branco
d' a novela errante d' o vento
Pescaremos n' a rede d' os atlas
ronseles de Simbad

E cazaremos a vela
sobre o torso rebelde d' as tormentas
pra trincar a escota d’ unha ilusión.


Manuel Antonio , " De catro a catro " , 1926

12/12/2008

PATACAS Á IMPORTANCIA


Este prato traenos lembranzas da nenez , cando a nai dixo un día que o ía facer , e pensar que nos sonou a chino esa maneira de chamar a unhas patacas , agora danos a risa só de pensalo e ese día estabamos expectantes non sabendo que nos iamos atopar na mesa a hora do xantar . Arguiñano comezaba sobrevoar as nosas casas e nada voltaría ser igual , nen unhas simples patacas .

Precisaremos para elaboralo sobre un kilo de patacas ( a ollo , non teñen que ir pesadas ) , un par de cebolas , un pemento verde grande , un pemento vermello , 4 ou 5 tomates maduriños , un par de ovos , fariña e aceite .

Comezaremos pelando as patacas e cortandoas en rodaxas , ou toros como dicía a miña avoa , que teñan un dedo de grosor , pasarémolas por fariña e logo por ovo batido sseguidamente fritirémolas .

Por outra banda picaremos ben miudiño o allo , as cebolas e os pementos e faremos un sofrito con todo , cando xa esteñan as verduras listas engadirémoslles o tomate raiado e deixaremos que coza todo xunto uns cinco minutos .

Nunha fonte que poda ir ao forno colocaremos as patacas e lle engadiremos por enriba o sofrito , meteremos a fonte no forno a uns 200· C , e deixaremos que o mollo se seque un pouco , sobre uns 10 minutos .

Xa están listas para degustar , este prato acompañado dunha boa ensalada variada ten moito fundamento , e fai unha comida moi farturenta .

Que vos preste .

TIRAMISÚ


Facer esta receita foi todo un reto para a Cociña Poética xa que temos moi presente o Tiramisú de Jorge , que para nos é insuperabel en sabor e textura , pero como non nos arreda nada decidimos que somos que de facelo tan rico e vaia se nos saiu. Así que rindete Jorge que facemos un Tiramisú case tan rico como o teu.

¿Para cando a cata ?

Precisaremos 500grs de Mascarpone ( queixo italiano e elemento fundamental deste doce ) , 4 ovos ( tres xemas e as catro claras ) , unhas 10 culleradas de zucre , 8 taciñas de café só , un licor que nos goste , un paquete de biscoitos de soletilla ( destes blandiños chuchurríos ) e cacao puro en pó .

Imos preparando a base cos biscoitos enchoupadiños no café co licor ( podemos engadirlle un pouco de zucre para que non esteña tan forte ) no mode que nos goste ,máis ben grandiño , montaremos por un lado as xemas con 5 culleradas de zucre até que blanqueen ( dou fé de que blanquean , hai que darlle moito as varillas ou a batidora )incorporamolas ao mascarpone con coidado de que non perdan o volume que colleron , para iso engadiremos primeiramente un pouquichiño das xemas ao mascarpone para facelo máis suave e logo engadimos o resto mesturando con movementos de abaixo a enriba , logo montaremos as claras e esperaremos a que collan corpo para engadirlle o zucre , cando as claras comecen a facer picos ao batilas será o momento de incorporalas á masa de mascarpone e xema , da mesma maneira que fixemos con anterioridade .

É xa o momento de verter a masa por enriba dos biscoitos e refrixerar ( non conxelar que nos coñecemos ) e agora toca esperar . Está mellor se esperamos 24 h para degustalo. No momento de servilo espolvorearemos o cacao coa axuda dun coador .

Esperamos que vos goste , xa contaredes .

Chegou o momento

DIÑEIRO vs FELICIDADE

Hoxe en día a gran maioría da xente ten como aspiración a conquista do preciado ben : O Diñeiro . O carto ben sendo o que case todos precisamos para vivir e algúns teñen como algo do que non poden prescindir.
Bo é lembrar que a conquista da felicidade só pensando no diñeiro é algo que o home ten en mente desde épocas precedentes, lembremos a percura do Eldorado, o Potosí, ... e todo tipo de diñeiro doado . Un caso paradigmático son todo tipo de xogos de azar , dos que todos , ou case todos , somos seguidores asiduos .
A ninguén se lle pode pasar pola cabeza hoxe en día vivir sen cartos pero non é eso do que estamos a falar .
Somos perfeitamente conscientes de que é moeda de troco necesaria para poder obter os bens máis elementais , pero de ahí a estar todo o día ocupados en buscar a mellor e máis doada maneira de obtélo vai un abismo .
O que queremos con esta reflexión é facer autocrítica de nós mesmos aproveitando a vida en cousas que verdadeiramente merezan a pena . Exprimir o tempo sempre pensando que é un ben finito ; algo que , tarde ou cedo, desaparecerá e debemos desfrutalo .
Hai moitas cousas prescindibleis e outras imprescindibleis , centrémonos nas últimas que son as verdadeiramente relevantes
Todo esto vén a conto dunha conversa que tivemos o outro día nunha cea de bos amigos sobre o que para nós era a felicidade . Ésta poderiamos comezar a atopala na reunión que tivemos, na cea que degustamos, as diferentes posturas que tiñamos , o que nos riamos, as parvadas que contamos , o ben que o pasamos ... e todo sen gastar moito diñeiro . Comentamos algo que dixo algún filósofo , cremos que poderia ser Aranguren , dicindo que a felicidade en abstracto non existe como tal , senón que na vida o que tén que haber é unha suma de contentos que superen aos descontentos . É case todos pensamos que tiña bastante razón porque por moi ben que estemos , por moi"felices" que sexamos sempre haberá cousas que nos fagan rachar esa"felicidade", todo un cúmulo de adversidades.Vivamos con intensidade cada momento coma se fose o máis importante , aínda que a nosa carteira non estea de todo chea .
Mal vamos cando medimos a calidade da nosa vida polo modelo do telefone móbil , modelo da play station , marca de coche , de pantalón , ...
Esta reflexión sen nengunha pretensión vai adicada a todos aqueles que se acercan a nosa páxina e nos lén , e en especial ao noso fidel seguidor Anxo.

11/12/2008

AGASALLOS DUN AMIGO

Eiquí tedes unha mostra dos maravillosos poemas de Karlotti , esperamos que vos gusten tanto como a nos ,aínda que nós temos a sorte , a maiores , de disfrutar da sua amizade e compaña.

Tedes a dereita o enlace ás suas páxinas .


al volver a casa entre cadaveres
exxxquisitos

ahora son las tres y te escribiria un poema

acabo de llegar a casa CON UNA RAMA EN LA BOCA

como un ser normal

la luz me sale hasta por las suelas

saber que te hablo

rige mi tristeza

la alegria es desbordante

como quien bracea musica

me cae tan lejos el MAPA MUNDI

que resuelvo la risa como si de escamas la mer

ay por que me tiembla la latitud

si el mapa quieto es un dulce

mi abuelo amaba la risa seca en los bolsillos

jamas encontre aceitunas en el balcon

entre las briznas su cumpleaños

vaya maravilla el puto cariño

cuando el silencio arma todo lo que el corazon describe

asi el mundo florecio para siempre

con frescas fronteras como frutas frescas

saber que alli, en algun lado

hablan otra lengua

y miman otra llama

y florecen mis pasos

y la puta vida

es una juerga llena de pasos

casi la
vuelta de hoja que una grua tiñe

antes de partir el aire

Por favor dejar que los rios las montañas los valles el silvido

de esa planta desconocida

el puto brote de ese pajaro que jamas habia pintado

nos separen para siempre

es un lindo lavado de dientes

para continuar con las pompas en homenaje a tres

Se me cuelga le state de la cintura

solo era hierba lo que le daba

y ella lunas y mas lunas y sus labios funambulistas

y yo ya un alambre desdoblandose

sobre todos las cerezas y su futuro de profundis

El opio de los desiertos, bendito tu vientre

nos elegia con las tiendas negras

justo al fondo

donde todos los bueyes desaparecian

y los ladridos de los perros

nos desnudaban como ladrones, mas tarde mucho mas tarde

honrados

en cada instante

como tus pasos que maravillosamente jamas seran los mios

y asi me beso hasta morirme

MOITAS GRAZAS MANOLO

Hoxe a Cociña Poética ergueuse da sua sesta cunha grata noticia , a Coordenadora de Equipas Lingüísticas de Ferrolterra recoméndanos e ponnos un enlace na sua páxina .

A emoción anéganos , é unha grande honra coa que non contabamos e por iso queremos deixar plasmado o noso gran agradecemento con estas palabriñas.

Obrigados con vos , para o que queirades estamos eiquí.

08/12/2008

BROWNIE


Onte nunha tarde fría pero moi divertida , tomándonos unha cervexiña con Carmen e família , ésta comentou que lle apetecía moito facer a receita do "pastel ese" que tanto lle gustara no cumple da Mariña e do Manuel , e como aquí en Cociña Poética "barremos pa' casa" , dixenlle que se pasara por un blog moi simpático , ¿ a que non adeviñades cal ?

Esta receita é do mellor que teño probado , en 10 min. a masa está preparada e en 20 forneada e , a non ser que non goste o chocolate , sempre quedas moi ben con ela.

Neste caso imos usar unha versión que leva torta de queixo a maiores , faise así menos doce e comes máis ,absterse de facela contadores de calorías , isto é gula orgásmica .

Para comezar precisaremos un molde de 23x23 , máis ou menos (isto é para que a masa quede estiradiña e non quede como un biscoito ) , e o forno quente a 180·C.

E agora os ingredentes : 120 grs de manteiga ( que este branda , a iso chamaselle "punto de pomada") , 250 grs de zucre , 2 ovos enteiros e unha xema , 210 grs de chocolate negro ( deses que poñen cun 70 % de cacao ) , 4 culleradas de café , 1 cullerada dun licor que nos guste , 165 grs de fariña , 1 culleradiña de fermento en pó , 1 pizquiña de sal fino ( potencia o sabor do chocolate ) e noces .

Para a torta de queixo precisaremos 340 grs de queixo crema , 100 grs de zucre , 1 xema e 30 grs de fariña .

Primeiramente batiremos a manteiga co zucre até mesturar ben, seguidamente iremos engadindo os ovos un a un e maila xema para logo incorporarlle o chocolate fundido ( ao baño maría ou no micro ) , o café e o licor . Tamizamos a fariña , o fermento e o sal ( cun colador ) para botarllo a masa. Xa temos preparado o brownie.

Para a torta de queixo mesturaremos os ingredentes que demos , e agora colocaremos no molde a masa de brownie e enriba a de queixo , cunha culler presionaremos a de queixo para introducila un pouco no masa de chocolate , introducimos as noces pola masa , e xa está lista para fornear .

Fornear durante 20-25 min , é preferible que saia un pouco crúo que non moi feito , xa que perderíase a eséncia do brownie que é a sua humidade interior . É preciso deixalo repousar para que a manteiga se endurezca un pouco antes de cortalo , está moi bó meténdoo na neveira .

Que vos saiba o todos moi rico e xa me contarás Carmen .

O TUPINAMBA


Dende aquí intentaremos facer literatura de café, falaremos de literatura na compaña dun bo café.Escollimos este nome por lembranza do café do noso bo amigo Paco (o Tupinamba) e os bos momentos de tertulia que alí temos pasado. Este é un histórico café de Ferrol, Rúa da Igrexa, rexentado por un home ilustrado e moi bo leitor.Con esta etiqueta queremos facer un homaxe a todo o que rodea o mundo do café como local donde poder tomar unha taza do líquido elemento.Sempre nos chamou moítisimo a atención a peculiar relación que se pode chegar a establecer entre as persoas nun café diante das mesas de mármore , o fume, as diferentes conversas, os tonos, as miradas,...todo nun mesmo local e entre vidrieiras nunha fría tarde de inverno.
Hoxe queremos recomendar este libro : Martí Monterde, Antoni : Poética del Café , Anagrama , 2007.

XUSTIZA SOCIAL


Escoitamos falar de Paro, Desigualdades de todo tipo, Clases màis desfavorecidas,Salarios baixos, Cuarto mundo,Pobreza, Pensiòns indignas, Rexeitamento do diferente en forma de Xenofibia e Racismo ,familias as que lles custa chegar a fin de mes ... e nos preguntamos ¿Por que os gobernos de "esquerdas" non falan de XUSTIZA SOCIAL?.Retomemos a riqueza da linguaxe e prescindamos do politicamemte correcto, se non hai xustiza social ,se en realidade todos non temos as mismas oportunudades, cada un dos problemas anteriores terá cada día máis vixencia.

04/12/2008

LICOR CAFÈ

Nesta etiqueta pretendemos facer un conciso comentario do acontecido durante a semàn, o dìa, o mes,... intentando analisar todo o que para nòs è digno de ter tido en conta.

03/12/2008

RABO RABIÑO



Estofado de rabo,neste caso de tenreira.

Hoxe estamos que tiramos a casa pola xanela,imos preparar un prato de categoría moi faciliño de facer.Quedaremos moi ben no caso de ter convidados na casa xa que é moi resultón e non sae caro por ración.

Precisaremos (para tres persoas) un rabo,un par de cebolas do país,un pemento verde,meio vermello,un par de cenouras,unha cabeza de allos,uns graiños de pementa,unha puntiña de guindilla (opcional),un cravo de olor,unha folliña de laurel,un pouco de pementón doce,aceite de oliva,e viño tinto (non de cartón que vos coñecemos).

Comezaremos poñendo en adobío o rabo con todo:as verduras,as especias ,o aceite,o pementón e a metade do viño(podemos deixalo toda a noite macerando),o adobío sempre hai que poñelo na neveira.

Despois de telo no adobío poremos as verduras a pochar na mesma pota onde estofaremos o rabo,engadíndolles un pouco de sal para que solten os seus xugos e abranden.Pochar é salterar as verduras a fogo baixo para que non se nos sequen e queden xugosas.Namentres nunha tixola cunha pinga de aceite e a fogo forte marcaremos o rabo para que selle a carne e queden todos os seus xugos dentro,cando este marcada,sen baixarlle ao lume ,botarémoslle o viño que nos sobrou para que se evapore o alcol.

Engadímoslle todo o contido da tixola a pota das verduras , a máis do líquido do adobío e auga.Se é unha ola a presión estará feito en unha hora e tres cuartos,se vemos que haínda lle falta algo podemos acabalo coa pota sen tapa ou voltala a pechar e que coza un pouco máis.Se non temos terémolo que deixar cocer unhas catro horas.

Podemos colar o caldo e pasar as verduras por un chino ou pasapures , ou ben servilo así

A nos gustanos que nos sobre caldo , ou "fondo de carne"como lle chaman os expertos,xa que o conxelamos e o usamos para facer unha sopiña , un caldo limpo(ao que lle botamos unhas setiñas,ou un ovo duro,uns picatostes...) ou para engadirllo a un arroz,a unha salsa boloñesa...

É para acompañar este prato vaille ben un arrociño en banco ou unhas pataquiñas cocidas.

Que vos saiba tan rico como a nos.

DOE TODAVÍA

Aqués que ten fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvádeme, ouh, xueces!- berrei... Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces..., estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

De Castro,Rosalía "Follas Novas" Poema 25 Do íntimo

O NOSO AMOR DO 27

Erguímonos romanticos hoxe e segue emocianando por máis que se relea.
Recitarllo a persoa amada pode ser unha bonita maneira de comezar o día ou de rematálo.Nos pola nosa parte xa comezamos.



Si el hombre pudiera decir lo que ama,
si el hombre pudiera levantar su amor por el cielo
como una nube en la luz;
si como muros que se derrumban,
para saludar la verdad erguida en medio,
pudiera derrumbar su cuerpo,
dejando sólo la verdad de su amor,
la verdad de sí mismo,
que no se llama gloria, fortuna o ambición,
sino amor o deseo,
yo sería aquel que imaginaba;
aquel que con su lengua, sus ojos y sus manos
proclama ante los hombres la verdad ignorada,
la verdad de su amor verdadero.

Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien
cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío;
alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina
por quien el día y la noche son para mí lo que quiera,
y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu
como leños perdidos que el mar anega o levanta
libremente, con la libertad del amor,
la única libertad que me exalta,
la única libertad por que muero.

Tú justificas mi existencia:
si no te conozco, no he vivido;
si muero sin conocerte, no muero, porque no he vivido.

Cernuda,Luis; "Poemas del alma"