25/11/2009

POLBO CON ALLADA



Sí , sí , sí , que xa sabemos que por estes lares a allada é outra cousa , pero é que nos custa a traducción de " ajillo " , admitimos suxestións .

Pois ben , como o polbo xa estaba feito e gostanos en todas as suas variantes e para o HEMC admiten duas receitas por blogue , decidimos falar del un pouquiño máis .

Precisamos un polbo , allos , aceite de oliva virxen extra e sal .

Temos a sorte de que xa temos o polbo cocido , só nos resta fritir uns allos en láminas e saltear o polbo no aceite quente para que colla o gosto .

Non digades que non volo poñemos doado para que trunfedes na cociña .

Por certo , que vos parece os cuenquiño no que vai servido o polbo , moitas grazas MaryLou

POLBO A FEIRA


Chegamos polos pelos oa HEMC deste mes , que trata da comida do meu pobo . Nun primeiro momento pensamos en Caldo pero non podes ter a receita publicada , así que tras fondas deliberacións decidimos facervos degustar un riquísimo Polbo á Feira , moi doado de facer e riquísimo de comer .

Precisaremos un polbo , aceite , pementón doce e picante , sal e unhas patacas como guarnición .

Para cocer o polbo seguiremos os consellos de Karlos Arguiñano : ola express , para un peza de tres kilos máis ou menos 25 minutos , sen auga nen nada , simplesmente introducilo e pechar a ola . Podedes poñer as patacas enteiras e limpas , sen pelar , faranse oa mesmo tempo .

Unha vez cocido o polbo cortámolo en quente e o dispoñemos nunha fonte cunha cama de patacas , aliñamos con aceite de oliva virxen extra , pementón doce e picante e sal .

Listo para consumir .

P.D. : Se cocedes o polbo de maneira tradicional lembrar non engadirlle sal a auga de cocción ou quedaría duro .

P.D. : O polbo vai servido na fonte de aperitivo que nos agasallou MaryLou , Grazas guapa!!!


24/11/2009

XA LEVAMOS 1 ANO

Quen nolo ía dicir cando comezamos que chegariamos a un ano , non porque fose unha empresa imposible , senón por todos os problemas técnicos que tivemos . Estamos moi contentos polos resultados , sabemos que o noso blogue non é dos que deixan patidifusos polas suas fotos ou receitas , pero cremos que si somos amenos e simpáticos , ou polo menos o intentantos .

Por todo iso e por moito máis que nos ofrecedes sen darvos conta decidimos celebralo cun pequeno agasallo , todos os que deixedes un comentario nesta entrada participaredes nun sorteo dunha bolsa de tea , feita por nos , e un par de xabóns de aloe vera tamén feitos na Poética .





Que ! animádesvos ? Aquí tedes unha foto para que vexades as teas teas con que a faremos e os xabóns que están " curando " , tedes até o 10 de decembro , publicaremos o gañador o día 11 .

22/11/2009

DÍN QUE SEMPRE CHOVE

Non vos dixeron nunca os vosos pais que non crerades todo o que vos contaban , sobre todo sendo máis pequechos , por aquí nolo dicían moito : " Cré no que vexas , non no que te conten " , agora mesmo é o noso lema , saímos Racionalistas empíricos , sempre coa refutación da experiencia .

Que en Galiza sempre chove temos que dicir que non , que en Galiza chove e moito , e ben contentos que estamos , así temos este verde que tanta envexa dá , pero non chove sempre , temos un clima boísimo , sí e certo que non nos permite ter várias colleitas ao ano como noutras comunidades , pero que ricos son os froitos que dá a nosa terra con esa maduración lenta que teñen .

Estaredes pensando que a que ven todo isto ,toda esta exaltación da nosa climatoloxía , pois moi fácil , mirade























21/11/2009

AGASALLOS , AGASALLOS , AGASALLOS

O prometido é débeda e aquí estamos , queremos compartir convosco os bonitos detalles que tivo MaryLou de Pa amb tomàquet , sentímonos moi honrados de tela coñecido . Grazas guapa !!!



Os agasallos chegaron nesta bonita caixa , non vos imaxinades o sorpresón , non o esperavamos tan cedo , non podemos poñer a foto do paquete xa que a cámara fixo folga nese momento , e comprenderedes que non podiamos esperar .







Non poñemos a carta , iso queda connosco ; podedes ver unha preciosa cociñeira , así se quere ver algunha Poética de maior , CARDAMOMO , esta MaryLou está en todo , xa temos reservas para facer deliciosos postres durante moito tempo ; Té de especias , é un dos que máis nos gostan en tarde como estas ; o que se ve por detrás é un abano da sua asociación de veciños , isto é o que ten a boa enerxía ela no sabía que os coleccionamos ; a primerira felicitación da tempada ; un marcapáxinas , darémoslle moito uso xa fai propaganda en contra da violencia de xénero e iso é sempre importante que o publicitemos ; e un imán de flores secas da sua asociación , está feito a mán .





Nesta podedes ver o xogo de aperitivos que nos enviou , verédelos en máis de unha receita , sempre que os usemos en público poderemos contar a história de quen nolos agasallou .











Mirade que pulseira !!! Está feita de bolillos pola própria MaryLou , as bágoas asomaron cando a vimos , transmite o cariño con que está feita , non sabedes con que orgullo a estamos amosando estes días , non sempre tes un agasallo tan persoal e delicado .



Falta un agasallo , unha participación de lotaría , pero desa non poñemos a foto que se non seguro que iredes todos a comprar o mesmo número , porque vai tocar .

19/11/2009

MOITAS GRAZAS

Voltamos a realidade da man de MaryLou , e o seu fermoso agasallo de AIG , chegounos hoxe contra o meiodía , e despois de abrir todos os paquetes e dar cumprida leitura da carta puxémonos en contacto con ela : un encanto de muller , que palabras tan amables , que alegría ao falar , que ganas de vivir desprende ... , algo que xa podiamos percibir no seu blog Pa amb tomàquet

Teredes que esperar ao sábado para poder ver todos os agasallos xa que temos a cámara estropeada , pero deixámosvos cun acertixo : ¿ Como vos imaxinades que será unha pulseira de bolillos ?

Moitas grazas MaryLou , sorprendeunos gratamente o cariño que desprende o teu agasallo , só podemos decirte unha vez máis , Grazas .

01/11/2009

PARÓN TEMPORAL

Ola a todos , durante unha unha temporadiña estaremos un pouco máis despistados do que acostumamos , temos a Poética Maior ingresada e co lío de estar con ela , estar co Poetiños , queda pouco tempo libre .

Desculpade que non respondamos aos vosos correos , que non paseemos polos vosos blogues , non nolo teñades en conta é temporal .

Deixámovos cos dentes longos a espera destas duas magníficas sobremesas .

Bicos para todos .

PASTEL KRANTZ

PANELLETS