22/12/2009

FELICES FESTAS E FELIZ 2010


Felices Festas a todos , esperamos que o pasedes moi ben , que vos toque a lotería da vida , do amor e da amizade , que o 2010 sexa grande en risas , en ilusión , en reencontros , en palabras de amigos , en ledícia , en momentos inolvidabeis , en postas de sol coa persoa amada e menceres de placer , en bicos dos fillos , en apertas inesperadas , en miradas complices e sorrisos furtivos .

Esperamos que vos amen , que amedes con loucura e paixón , que vos fagan sentir deuses e que vos acollan na sua vida , que acollades vos sen reservas e co corazón aberto á vida , que sexades felices .

Que o 2010 sexa un ano de cambio , que todo aquelo que comezamos no 2009 se faga realidade e de os seus froitos , positivos e cheos de esperanza .

Esta é a vida que temos , a que nos queda por disfrutar e por vivir . Vivámola !!!

Feliz 2010

19/12/2009

CABEZAS DE BACALLAU CON ALLADA


Encántanos o bacallau , en todos as suas formas e variantes , o modo da casa é a mellor maneira de comelo , xa que en cada sitio o fan dun xeito diferente , se imos a Portugal xa sabemos o menú : Bacallau de mañá á noite , hehehe , non vaiamos perder unha maneira maravillosa de facelo .

O outro día facendo a compra atopámonos cunhas estupendas cabezas que nos dicían amodiño : " collédenos , collédenos , que imos estar moi boas , de verdade " e pareceunos un argumento tan convincente que aló fumos con elas . Non houbo problema á hora de decidir como as degustaríamos , con allada son unha delicia .

Precisaremos para unha persoa meia cabeza de bacallau , unha pataca grande , tres dentes de allo , pimentón doce e picante e aceite de oliva virxe extra .

Poñemos a quentar o aceite nunha peroliña , como meio vaso , nel introducimos os allos sen pelar , só un pouco aplastados co puño , deixamos que se douren lentamente . Cando tomen cor retiramos o aceite do fogo e esperamos a que arrefríe un pouco , logo lle engadimos unha cullerada de pementón doce e meia pequena de picante , deixamos que apouse no fondo antes de usar .

Pelaremos as patacas e as cortaremos en rodelas dun dedo de espesor , nos fixémolas na vaporera pero podédelas cocer , cando ás pàtacas lle queden 5 minutos , colocamos oa cabeza do bacallau por riba das patacas ou nun cesto superior se a nosa vaporeira o ten , se as estamos cocendo introducímola na auga de cocción directamente , a cabeza estará desalgada do día anterior , cunhas 18 horas é suficiente cambiando un par de veces a auga .

Só nos queda empratar e napar ( adornar por riba cun prebe ) co aceite que preparamos antes , con coidado de que os pousos queden no fondo da perola e non no prato .

18/12/2009

A COCIÑA POÉTICA PARTICIPA NA GUÍA O NOSO NADAL , GALEGO E VERDE


Fai un mes o Servizo de Normalización Lingüística e a Área de Medio Ambiente do Consello da Xuventude de Galicia (CXG) púxose en contacto coa Cociña Poética para pedir a nosa colaboración , querían que participásemos cuns menús " navideños-tradicionais " , tardamos tres segundos en decidirnos e a nosa resposta foi positiva : Síííííííí !!!!! Levounos un pouco máis pensar os menús .

Galiza é moi ampla e con grandes contrastes entre a costa e o interior , así que intentamos buscar comidas de consenso , na que gran parte dos galegos se poidesen sentir identicados .

Podedes descargar ou visualizar a Guía na páxina Lígua de amor ou na do Consello da Xuventude de Galicia , os exemplares impresos serán repartidos directamente por eles .

Decirvos que estamos moi orgullosos , xa que na guía participa xente tan recoñecida e admirada por nos como Sechu Sende e Paula Carballeira e para a Cociña Poética é un luxazo participar o lado deles .

Dende eiquí queremos darlle as grazas ao Servizo de Normalización Lingüística e a Área de Medio Ambiente do Consello da Xuventude de Galicia (CXG) , representados na figura de Nancy Domínguez por ter pensado en nos .

Moitas grazas .

16/12/2009

VAINOS TOCAR

Estes días estivemos vendo en diferentes blogues a proposta de Alas de Plomo , e estabamos entre sí ou non , que se nos apuntamos , que se non , ao final La Gata Curiosa salvounos do dilema facendonos unha invitación a participar . Temos que decirvos que nos fixo moita ilusión e nos queremos pasarlle esa ilusión a outros cinco blogues .

Que non sabedes en que consiste a proposta de Alas de plomo ? Resulta que reparte entre todos os que se apunten no seu blogue participacións para o sorteo de nadal .Qué ben , non ? .

Cada persoa que participa poder invitar a outras cinco e así que sexa un premio máis repartido no caso que toque .

Nos decidimos enviarlle a sorte a :

Un cachiño doce

Y un toque de pimienta

Cocina con cariño

Con sabor a canela

Pa amb tomàquet

Que haxa sorte para todos .

Grazas Gata .

15/12/2009

CHALLAH






A Challah é o pan do Sabbath xudeu , é un pan trenzado que ten unha presentación espectacular , gústanos porque é un pan delicado e bonito que queda moi ben como agasallo .

Para o Bread Baking Day deste mes , un evento creado por Zorra no 2007 , pidese precisamente iso , un pan especial que fagamos con cariño para os nosos seres máis queridos , son datas nas que compartir presencias e ilusións e sobor de todo ganas de cambio no próximo ano .
Esta é a proposta que nos fai Cindystar como anfitriona do evento .




Buscando pola rede podedes atopar moitas receitas , nos quedamonos con esta despois de ter probado varias , o sabor é moito máis suave e a testura espectacular .

Precisaremos unha taza e media de auga tépeda , a nosa taza ten de capacidade 140 grs de fariña , 1 cullerada de sal , un tercio de taza de aceite , media de zucre , unha cullerada de fermento de panadeiro , 6 xemas de ovo e case un kilo de fariña de forza . Para o pintado antes de metela ao forno : 1 ovo batido , sementes de sésamo e de mapoula .

Misturamos todos os ingredentes excepto a fariña , cando esteñan ben ligados imos engadindo a fariña tamizada , pedirános case o kilo , traballaremola ben para obter unha masa lisa , deixamola levedar nun lugar tépedo tapada cun pano de fío , non vos temos que dicir que limpo . Nos metímola no forno a 30º unhas duas horas .

Cando teña levedado toca traballar a masa para quitarlle o aire , e iremos formando pequenos tubiños de masa para trenzar , neste vídeo podedes ver como se fai o trenzado , desde aquí temos que darlle as grazas a Marcela do blogue La Majuluta , nel vimos este vídeo tan bó .




Témolos que deixar levedar outra vez , unha media hora dentro do forno , na mentres quecemos o forno a 200º pintámolas de ovo e decoramos con sésamo e mapoula .

Como vedes a Poetiña quixo estar en todos os momentos , e o seu pequeniño foi o que compartiu coa sua amiga Eva no colexio .

É agora toca a traducción ao inglés , qué é un dos requisitos para participar .

The Challah is the bread of the Jewish Sabbath, is a plaited bread that has a spectacular presentation, we likes because it is a delicate and nice|pretty bread that it|he|she remains very well as welcome.

For the Bread Baking Day of this month, an event created by Sledge in the 2007, pidese precisely that, a special bread that we do with affection for our dearest beings, are dates in which to share you witness and illusions|thrills and sobor completely desires for change in the next year.
This is the proposal that Cindystar does|makes to us as host of the event.
Searching for the net|network you can find many recipes, in the quedamonos with this after having proved several, the flavor is a lot of more soft and the spectacular testura.

We will need one taza and average of tepid water, our taza has of capacity 140 grs of flour, 1 spoonful of salt, a tercio of taza of oil, average of zucre, a spoonful of baker ferment|yeast, 6 yolks|fingertips|gems of egg and almost one kilo of flour of force. For the one painted before putting it|her at the oven: 1 beaten|volleyed egg, seeds of sesame and of mapoula.

We mix all the ingredentes except the flour, when we, well bound esteñan, keep adding the tamizada flour, pedirános almost the kilo, traballaremola well to obtain a smooth mass, deixamola to leaven in a tepid place covered up with a cloth|curtain|handkerchief of cutting edge|thread, we do not have to tell to you that I clean. In the metímola in the oven to 30th some hours duas.

When it|he|she has leavened it is due to work the mass to quitar it|her the air, and will keep forming small tubiños of mass to plait, in this video you can see as the weaving is done, from here we have to give it|him the thanks to Marcela of the Wool blogue Majuluta, in it|him we saw this video so .
Them we have to leave to leaven another time, an hour average in the oven, in the while quecemos the oven to 200th we paint them of egg and we decorate with sesame and mapoula.

As you see Poetiña he|she|it wanted to be in all the moments, and his|her|its|their pequeniño was the one that friend Eva shared with the sua at school.
It is now touches the traducción to the English|Englishman, how is one of the requirements to take part .

11/12/2009

TORRIXAS




Para o evento deste mes do Hemc , Paula de Con las zarpas en la masa , propuxo un reto moi bo , que pensaramos nas persoas que non poden tomar zucre , e con esas idea argallar sobremesas que eles puideran consumir.

Parecenos unha idea magnífica , aquí na Poética comemos sen sal , por imposición doutoril , así que hai que botar man as herbas , e especias varias para que os platos saian máis gustosos .

Os que nos coñecedes sabedes que pensamos en cousiñas sinxelas á hora de poñernos a cociñar , xa iremos subindo o listón aos poucos , non hai presa , por iso decidimos tunear unha receita moi coñecida por estes lares : As Torrixas . para aqueles que non o saibades as Torrixas é unha sobremesa que ten como base o pan duro , e dese comida de subsistencia , na que hai que aproveitar todo para chegar a finde mes un pouco máis solto .

Pois ben precisaremos unha barra de pan do día anterior , sirope de ágave ( na receita orixinal sería anís ) , case un litro de leite , 4 ovos e aceite de oliva virxe extra .

Cortaremos o pan en lonchas dun dedo de grosor e empaparémolas co leite e o sirope de ágave , iremos engadindo o leite aos poucos , a medida que o vai absorvendo, a nos gostanos deixalas repousando un par de horas así molladiñas .

Cando esteñan ben borrachiñas poñemos a quentar nunha tixola o aceite , non ten porque cubrilas , dous dedos é suficiente para que floten un pouco , bañámolas por ovo antes de introducílas na tixola e deixamos que tomen cor por ambolos dous lados .

Quentes están de vicio e frías impresionantes . Vos decidides .


AND THE WINNER IS ...


Xa chegou o día que vos os cinco estabades esperando , esa loooonga espera para ese super , super agasallo que vos podía tocar , hehehe .

Ao final a man inocente da Poetiña sacou un número da pucha , e....Tocoulle a MaryLou de Pa amb tomàquet !!! Parabéns , que ilusión nos fai .Tes que mandar o enderezo a donde queres que enviemos o agasallo .

E a todos moitas grazas por participar , para outra a ver se hai máis sorte .

Bicos e apertas para todos .

07/12/2009

YO TAMBIÉN SOY AMINATO HAIDAR

Hai cadeas que merecen a pena seguilas , non deixemos que esta se rompa .














Que cuando un pueblo canta,
es para espantar todos sus males
y hace tocar la sonanta,
para decir cuatro verdades.

La verdad es que me revienta
que haya tanto falso con
corbata y con chaqueta
que tocan la pandereta
al son que más conviene,
que parecen no tener sangre,
diciendo con la boca chica
pero muy abierta:
"Que coño me importa a mi
si ésta se muere de hambre"

Esa mujer luchadora
por la libertad y los derechos
no se pone medallitas,
ni se da golpes de pecho,
pero tiene dos ovarios
y fijaros si lo tiene fácil,
que ella sola solita
se hace eco en los diarios
defendiendo a su pueblo saharaui.

Y ahora se ponen chulitos
los del otro lado del Estrecho
amenazando con cortar "lo suscrito".
Y es que nadie se entera,
y eso me llena de mal coraje,
de que todo es una puta farsa,
que el problema de las pateras
y el de las putas drogas blandas
es solo un puto chantaje.

A ti pueblo saharahui
que andas pidiendo clemencia,
preso de la indiferencia
y de los que somos cobardes,
a ti te digo que no pierdas
la esperanza,
que algo no se consigue
si no se comienza,
y llevamos veinte días
viendo como esa mujer de coraje,
se está quedando en los huesos,
muriéndose por su pueblo
con una huelga de hambre.

Y a ti pueblo de España
que espantas males cantando,
te pido que dejes de mirar
para otro lado,
que ahora es tiempo de no cantar,
ahora es tiempo de luchar
y decir fuerte y gritando...

... PARA EL SÁHARA LIBERTAD,
POR LOS DERECHOS HUMANOS...
...YO TAMBIÉN SOY AMINATO HAIDAR.


Moitas grazas Roberto .

ENSALADA DE OUTONO


Cada estación ten os seus productos e consumilos é o próprio , xa que faremos un uso razoable dos recursos que nos dá a Natureza , sen sobreexplotala . Lanzamos unha questión ao aire , parécevos normal o prezo destes productos estacionais ? Unhas xudías son máis baratas se as compramos conxeladas en vez de frescas , con todo o encarecimento que conleva o proceso , as sardiñas poñense polas nubes cando están en sazón , o froita da tempada ten uns prezos abusivos , pero mercar unhas robalizas de piscifactoría ou uns tomates do plástico é barato .
Non credes que é un pouco de tolos ? Gañamos algo coa globalización ? Ou perdemos sabores , pequenos productores , riqueza ...

Estaredes pensando que moito divagamos , pero é curioso que un dos productos que máis nos gostan desta tempada , a granada , estase convertindo nun artículo de luxo apto para poucos petos . Quedarános esperar a que a conxelen para poder consumila sen ser a conta gotas .

Para a receita de hoxe precisaremos rúcula , escarola , col lombarda , leituga vermella , granada , pipas , aceite de oliva virxe extra , aceto de Módena e sal .

Lavaremos e trocearemos ben todas as verduras , cortaremos a granada pola metade e axudándonos dunha culler pegarémoslle uns cachetes no cú para que solte as pébidas , pola parte da tona .

Misturamos todo nunha ensaladera : verduras , granada e pipas ( se son cruas podemos doralas na tixola sen aceite ) e aderezamos co aceite , o acetato e o sal ao noso gosto .

Sinxela e moi completa a nivel nutritivo , esperamos que vos goste .

04/12/2009

ATÉ DONDE O PODER DO ESTADO ?

Copiamos e pegamos de Cociña para impostores , e como se soe dicer : Que rule!!!!


Ante la inclusión en el Anteproyecto de Ley de Economía sostenible de modificaciones legislativas que afectan al libre ejercicio de las libertades de expresión, información y el derecho de acceso a la cultura a través de Internet, los periodistas, bloggers, usuarios, profesionales y creadores de Internet manifestamos nuestra firme oposición al proyecto, y declaramos que:


1-Los derechos de autor no pueden situarse por encima de los derechos fundamentales de los ciudadanos, como el derecho a la privacidad, a la seguridad, a la presunción de inocencia, a la tutela judicial efectiva y a la libertad de expresión.
.
2-La suspensión de derechos fundamentales es y debe seguir siendo competencia exclusiva del poder judicial. Ni un cierre sin sentencia. Este anteproyecto, en contra de lo establecido en el artículo 20.5 de la Constitución, pone en manos de un órgano no judicial -un organismo dependiente del ministerio de Cultura-, la potestad de impedir a los ciudadanos españoles el acceso a cualquier página web.
.
3-La nueva legislación creará inseguridad jurídica en todo el sector tecnológico español, perjudicando uno de los pocos campos de desarrollo y futuro de nuestra economía, entorpeciendo la creación de empresas, introduciendo trabas a la libre competencia y ralentizando su proyección internacional.
.
4-La nueva legislación propuesta amenaza a los nuevos creadores y entorpece la creación cultural. Con Internet y los sucesivos avances tecnológicos se ha democratizado extraordinariamente la creación y emisión de contenidos de todo tipo, que ya no provienen prevalentemente de las industrias culturales tradicionales, sino de multitud de fuentes diferentes.
.
5-Los autores, como todos los trabajadores, tienen derecho a vivir de su trabajo con nuevas ideas creativas, modelos de negocio y actividades asociadas a sus creaciones. Intentar sostener con cambios legislativos a una industria obsoleta que no sabe adaptarse a este nuevo entorno no es ni justo ni realista. Si su modelo de negocio se basaba en el control de las copias de las obras y en Internet no es posible sin vulnerar derechos fundamentales, deberían buscar otro modelo.
.
6-Consideramos que las industrias culturales necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles y asequibles y que se adecuen a los nuevos usos sociales, en lugar de limitaciones tan desproporcionadas como ineficaces para el fin que dicen perseguir.
.
7-Internet debe funcionar de forma libre y sin interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que el saber humano siga siendo libre.
.
8-Exigimos que el Gobierno garantice por ley la neutralidad de la Red en España, ante cualquier presión que pueda producirse, como marco para el desarrollo de una economía sostenible y realista de cara al futuro.
.
9-Proponemos una verdadera reforma del derecho de propiedad intelectual orientada a su fin: devolver a la sociedad el conocimiento, promover el dominio público y limitar los abusos de las entidades gestoras.
.
10-En democracia las leyes y sus modificaciones deben aprobarse tras el oportuno debate público y habiendo consultado previamente a todas las partes implicadas. No es de recibo que se realicen cambios legislativos que afectan a derechos fundamentales en una ley no orgánica y que versa sobre otra materia.

TRADUCTORES

Como vedes temos habilitados dous novos traductores , desde aquí temos que dar as grazas a El Secretario de Desde nuestra cocina , que fué quien nos avisó del mal funcionamiento del anterior traductor .

Esperamos que vos sexa de utilidade e que lle saquedes partido .

03/12/2009

SECRETO EN SALSA AMERICANA


Onte tiñamos un pouco de presa á hora de cociñar , iamos facer secreto pero nos apetecía un toque orixinal , o que non queriamos era que o " toque " nos demorase moito tempo , había cousas que facer a primeira hora da tarde así que a consigna era comer cedo .

Non lle dimos moitas voltas e ao abrir a neveira para coller unha cervexa , coa que facerlle un prebe xeitoso apareceu ante nos santa Coca-cola e Santo Ketchup , pensamos : por que non ? Xa temos asado con Coca-cola e con Ketcup por separado , o resultado sempre quedou saboroso , malo sería que todo xunto non resultase rico .

Pois ben para esta receita tan do momento inspiración precisamos 600 grs de carne , neste caso secreto , unha lata de coca-cola , ketchup , un dente de allo , aceite de oliva virxe extra e sal .

Primeiramente cortamos en tiras o secreto , namentres que nunha tixola douramos o dente de allo cun pouco de aceite , imos selando a carne por quendas a lume alto , cando xa a teñamos lista introducímola tod xunta na tixola e lle engadimos a lata de coca-cola e o Ketchup , uns 150 ml . Deixamos que reduza .

Despoi duns 10 min. o prebe xa terá unha consistencia cremosa , será o momento do sal para matizar a dozura que ten .

Xa estamos pensando como ten que quedar cunhas costeliñas de churrasco , e poder relamer os dedos sen vergoña .


01/12/2009

BOLACHAS AI


Estas son as bolachas preferidas en casa , aos Poetiños lles encantan e para nos é moi doado preparalas , en 20 min están listas , non teñen levado , non hai que por a manteiga a punto de pomada , fornéanse en 10 min , a verdade é que non sabemos como vendelas mellor .

Bueno ,sí , sí que sabemos , á nosa querida Amiga Invisible Tartasacher de Mil Postres gustáronlle moito e por iso poñemos hoxe a receita eiquí , para que cada vez que a faga se lembre de nos . E aos que non coñecedes o seu blogue non deixedes de pasarvos por el , merece moito a pena , fai unhas receitas moi interesantes e ten unha amiga que fai o blogue La Cocina de Zaira que tamén é moi interesante .

Namentres buscamos os ingredentes prendemos o forno a 200º :

Precisamos entón 90 grs de manteiga , 250 grs de fariña , 90 grs de zucre moreno ,125 grs de froitas secas , canela moída , noz moscada , sal e 2 ovos .


Primeiramente nun bol misturaremos coas mans ben limpas a manteiga e a fariña , até que teñan o aspecto
de faragullas de pan logo engadimos o zucre , as froitas , neste caso ameixas secas e orellóns , seguimos remexendo coas mans , tócalle a quenda aos ovos batidos , usaremos un garfo para amasar todo , cando vexamos que os ovos están absorvidos pola masa voltamos coas mans , apretándoa para facer unha bola .

Xa está , xa a temos lista , só nos queda facer pequenas boliñas , do tamaño dun bocado e meio , 10 min ao forno a 200º e en poucos que as deixedes arrefriar teredes unha sobremesa moi rica .

Bo proveito .