23/11/2008

ARROZ CON LEITE

Este é un postre moi saboroso , que na casa gusta moito...

É típico de Ferrol e o día de San Xiao , patrón da cidade , hai unha degustación popular.Agradecería que quen soubera o por que desta tradición culinaria compartise a información , xa que os artífices disto non temos nen idea.

Esta receita é "o modo da casa", é dicer,como a facemos en Cociña Poética,aos que busquen a receita clásica enlazamoos a procura doutros blogs ... pero se probades éste repetiredes , é algo do que estamos seguros.

Precisaremos 150 grs de arroz ( preferimos o de grao longo xa que solta menos almidón, pero serve calquer tipo),75 grs de froitas ou froitos secos picadiños en anacos pequenos ( en Mercadona hai xa unhas bolsas preparadas de coktail de foitas e de froitos , nos collemos unha de cada e as mezclamos según teñamos o día),canela en rama, 2 ou 3 sementes de cardamomo ( é unha especia que se atopo facilmente en herboristerías ou tendas delicatessen),pel de meio limón,un pouquichiño de pel de laranxa, leite enteiro(máis menos un litro), leite condensado e auga.

Con todo isto preparado comezaremos a cocer o arroz en auga para que se abra un pouco, botaremos 1 medida de arroz por 1 e 1/2 de auga,xunto co arroz engadiremos as especias , as peles dos cítricos e as froitas,a lume meio removeremos un pouco para que se solte o almidón.

Cando xa o arroz vaia case seco comezaremos a engadir o leite aos poucos,co lume un pouco máis forte,esperaremos a que seque o arroz para irlle engadindo máis , así cantas veces sexa necesario.

Unha vez que o arroz tome o punto que nos guste (brandiño, un pouco máis duro...) retirámolo do lume e vertémolo no bol onde o imos ter , parámoslle a cocción cun pouco do leite frío e do leite condensado endulzando ao noso gosto,seguiremos removendo cando engadamos os leites para que nos queden ben ligadiños.

Agora só queda esperar a que arrefíe de vez , ou para os impacientes coller a culler.

Bó proveito.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal