13/04/10

TRUFAS DE TÉ MÁTCHA



Desde que as vimos no Blogue de Simone Izumi Chocolatria quedamos prendados delas , son destas cousas que ollas para elas e as comes literalmente cos ollos , teñen unha presentación de dez e supuñamos que o sabor sería moi delicado , non nos levamos unha decepción , sorprendeunos a facilidade da receita , non só ao leela se non tamén ao realizala ,a verdade é que sempre que lemos o seu blogue temos esa sensación de : " Isto é doado de facer " e a percepción debese sobre todo a boa explicación dos pasos que fai . É un blogue cento por cento recomendabel .




Para facelas precisaremos 100 ml de nata líquida , 10 grs de mátcha , 225 grs de chocolate branco e 40 grs de manteiga sen sal abrandada . Para a cobertura precisaremos 400 grs de chocolate branco e té Mátcha .

Derretemos o chocolate ao Baño María , na mentres misturamos ben a nata co té para que non queden grumos , cun batedor se é preciso , cando teñamos o chocolate no seu punto misturamos todo e engadimos a manteiga , só nos queda que arrefrie e endureza .

Cando a masa esteña firme imos dandolle forma as trufas , como se fosen boliñas , no momento en que as teñamos listas meterémolas 10 minutos no conxelador , imos derretendo o chocolate da cobertura .

Só nos queda bañalas e poñerlles un pouco de Mátcha por cima .

Decirvos que o sabor e sumamente delicioso , cun lixeiro regusto a algas , a mar , que combina a perfección coa dozura do chocolate con leite .




31/03/10

CHOCOS CON CEBOLA

Unha maneira ben sinxeliña de preparar uns deliciosos chocos . Para nos é un prato estupendo coa textura deles , a melosidade da cebola e sobor de todo o saborazo que ten .

Precisaremos un par de chocos medianiños por persoa , media cebola por persoa , un pouco de fumet ou auga e aceite de oliva virxen extra .

Picamos a cebola moi miuda e poñémola a dourar nunha tixola cun pouco de aceite , a fogo baixo para que non se nos queime , queremos que se caramelice .

Cando xa a temos no seu ponto ben branda engadimos os chocos e misturamos ben o conxunto , no momento en que blanqueen engadimos o fumet , sen chegar a cubrilos , subimos o fogo e deixamos que reduza o líquido até formar un bó prebe .

Non hai nada máis que engadir , simplesmente bó proveito !!

ENSALADA DE TOMATE , QUEIXO ...

Unha pequeniña ensalada que é todo un luxo para os sentidos ; leituga , tomate e cebola e un conxunto moi rico pero xa o temos aburrido . Por iso probamos cousas distintas , para poñermos un sorriso ben grande .

Esta ensalada tampouco é que sexa unha combinación tan sorprendente pero conxugamos nun prato uns sabores moi contrastados .

Por un lado botamos man duns tomatiños cherry , tamén collimos unha lata de atún de La Pureza , encántanos esa conservera e como a temos pretiño da casa aproveitamos ; un pouquiño de queixo de cabra fresco , aceite de oliva virxen extra con albahaca de Extremecalidad e vinagre de Módena .

Como vedes os ingredentes son pouquiños e variados pero fan unha combinación boísima todos xuntos .

Esperamos que vos goste .

30/03/10

BISCOITO CON CHOCOLATE DE TELVA


A vida as veces , non sempre , e quizais isto é o máis precioso deses momentos , presentanos a opurtunidade de coñecer a persoas encantadoras coas que charlar de calquera tema , cos que a conversa flue facilmente e as risas compenetradas xurden a cada momento .

Un destes momentos sucedeu o mes pasado cando Anil , o do Restaurante Da India de A coruña , convidounos a comer alí , non estabamos sós no convite se non que había máis amigos de Anil , foi unha boa comida onde na sobremesa entre os xogos dos nenos os maiores fomos tomando confianza , e esa confianza derivou nunha charla moi amena na sobre todo se falou de comida e de receitas .

Así Telva tivo a xentileza de escribirnos esta rica receita de biscoito de iogurte con chocolate , a nosa promesa foi facelo e publicar a receita agradecendolle o detalle .

Pois eiquí a tedes , unha receita ben boa .

Precisaremos 2 ovos , 1 iogurte natural , tomando o vaso do iogurte como medida usaremos 2 medidas de zucre , 3 medidas de fariña , unha medida de aceite e unha tableta de chocolate fondant .

Misturamos todos os ingredentes excepto o chocolate que o poñemos a fundir ao Baño María , botamos a masa nun molde e o chocolate fundido nunha manga pasteleira . Facemos fíos de chocolate por riba da masa e coa axuda dunha espátula collemos masa dos laterais e a botamos por encima dos fíos , repetimos a operación dos fíos e da masa até rematar co chocolate , para que nos quede a capas .

Poñemos a quentar o forno ao tope e cando introducimos o molde baixamos a temperatura a 180º , forneamos durante 30 minutos .

PEMENTOS CONFITADOS


Esta é unha receita sinxela onde as haxa ademáis de resultona , os pementos así quedan moi ricos e a textura carnosa é unha delicia , esperamos que se os probades vos gosten tanto como a nos .

Precisaremos pementos vermellos morrón , os normais que atopamos todo ano no super , se temos a sorte de contar con pementos do piquillo fresco mellor que mellor , zucre e aceite de oliva virxen extra .

Prequentamos o forno ao máximo .

Primeiramente lavamos a fondo os pementos e lles damos unha capa de aceite , coas mans mesmamente , que queden todos cubertos , poñemolos nunha fonte apta para o forno , introducímolos nel e baixamos a temperatura a 200º .

Cando vexamos que a pel comeza a queimarse dámoslles a volta pechamos o forno e o apagamos , deixámolos dentro até que o forno esté totalmente frío .

Hai outro método que os saca do forno cando están feitos e ponlles un pano por encima para que se pelen mellor .

Calquera dos dous métodos é bó para o pelado posterior .

Xa fríos pelamos e despepitamos os pementos , o xugo que soltaron durante o asado e namentres os pelamos non o tiramos senón que o recollemos nun recipiente e reservamos.

Cortamos os pementos en tiras ao nos gosto , e introducímolas nunha tixola , engadimos o xugo que reservamos , e botamos aceite até cubrir .

Agora só hai que cocelos a fogo moi baixo , que non chegue a ferver e engadirlles zucre , nos recomendamos ir engadíndoa aos poucos , para non pasarnos có sabor doce .

Bó proveito

27/03/10

LARANXAS RICAS E UN PASTELÓN ESTUPENDO


Esqueciamonos disto , xa nos chegaron as laranxas , as que gañamos no Concurso de receitas polo aniversario do blogue A mí lo que me gusta es cocinar , ben gañamos un vale desconto para mercalas , pero para nos como se nos tocara a caixa enteira .

Como estes días non fixemos ningunha entrada se nos esquecía comentalo , e aquí están :




Teñen unha pinta maravillosa , non sí ? Pois non vexades como saben , a lastima é que xa case que non quedan , somos catro a facer o zume ao día e voan .

Pero o primeiro día fixemos este pastelón recheo de crema de laranxa , mango e piña naturais .



Desculpade que non haxa fotos do corte pero cando nos quixemos dar conta xa o paparamos , é espectacular , o sabor da laranxa conxugado coa textura do mango e o ananas .

Realmente estupendo .


SPAGUETTIS CO QUE HABÍA


Cantas veces vos ten pasado que abrides a despensa e pensades que imos facer hoxe para comer ? Non precisades ir ao mercado xa que o pan está recén feito na cociña , tedes un pouco de leituga de onte coa que facer unha xeitosa ensalada , así que neste caso que nos deparará a despensa ou a neveira .

Buceando un pouco atopamos un envase de Gulas no conxelador , quedában uns restos de bacon , cogumelos sempre temos por casa xunto coas cebolas e os allos... Xa tiñamos a comida preparadas .

Para preparar estes spaguettis apañados precisaremos pasta , gulas , bacon , uns cogumelos , 1 cebola , 2 dentes de allos e aceite de oliva virxen extra .

Poñemos a cocer a pasta nunha pota de amplia con auga fervendo , para nos o truco para que non se nos pegue a pasta e remover ben cando está comezando a cocer , sen chorriño de aceite nen nada , se temos vitrocerámica podemos apagar o lume no momento en que comeze a ferver a auga de novo , a calor residual da cociña fara que se nos fagan perfectamente .

Preparamos os cogomelos ao noso gosto , neste caso en rodeliñas pequenas para que se cociñaran ao mesmo tempo que o bacon , picamos a cebola e os allos .

Primeiramente sofritimos a cebola e mailos allos nunha tixola ampla , cando os teñamos listos reservámolos a parte , no mesmo aceite salteamos o bacon e os cogumelos até que collan colorciño e esteñan triscantes , xuntamos co sofrito anterior .

Por último facemos as gulas seguindo as instruccións do envase e misturamos todo coa pasta

Bon apetit .


Por terceiro ano consecutivo o Vento da Poesía Salvaxe chega a Ferrol , novos poetas e " vellos " coñecidos nos amosaran o seu traballo polas ruas desta cidade o próximo abril , aquí iredes atopando información sobre a mesma , é un percorrido polos tres anos de Poesía que inunda Ferrol , información tanto da Semán Grande como dos ciclos monográficos que se celebran ao longo de todo o ano .

Esperamos que vos animedes e que teñades un tempiño para pasarvos por Ferrol a disfrutar destas palabras lanzadas ao vento .

26/03/10

POLO RECHEO

Góstanos moito facer o polo así , xa que é un prato que da bastante xogo , pode tomarse quente ou frío , podes telo preparado con antelación e filetear para consumir a medida que o precises , aguanta moi ben o conxelado e é unha boa elección cando tes convidados .

Se tedes un carniceiro de confianza con que lle pidades o día anterior que queredes o polo preparado para rechear , é dicer , sen o oso , non terá ningún problema , se non é moi doado de facer na casa , o primeiro día tardaredes un pouco máis pero para o seguinte xa teredes dominada a técnica , neste enlace veredes moi ben como se fai , se vos fixades no contador veredes que , quitando o que fala , tardará un 5 minutos en facelo , e sen práctica non chegaredes aos 10 . Como vedes tampouco é tan complicado .


Nos decidimos facelo na casa desde que un día a carniceira toleu e nos mandou o polo aberto en canle , cos oso dos muslos e das ás ( no vídeo non llas saca pero é igual de doado que os muslos ) , co subseguinte traballo de rematar de poñelo en forma e do posterior cosido , que non había quen manexara ben o recheo .
Desde aquela o dito " vale máis facelo que mandalo " é o noso lema .


Entón xa co polo preparadiño , duns 2 kilos de peso , precisaremos para o recheo 1 kilo de carne picada , 3 ovos , 100 grs de pan raiado , meio pemento verde , meio pemento vermello , unha cenoura , 100 grs de pistachos , sal , pementa moída e aceite de oliva virxen extra . Non menos importante é unha agulla e fío grosos para facer o cosido final de maneira que non se nos escape todo .














Primeiramente limparemos e trocearemos en tiras os pementos e as cenouras e saltearémolas a fogo vivo para que collan cor pero que non abranden moito , se non temos os pistachos pelados este é o momento de facelo e de picalos e poremos a coer dous dos ovos que imos usar , con que cozan 5 minutos é suficiente , xa que se os deixamos cocer como faríamos normalmente a xema oscurecería co posterior asado .


Misturamos a carne piacada , cos pistachos , o ovo que nos quedaba e o pan raiado . Procedemos a introducir a farsa no polo , alternamos cos pementos e a s cenouras , e colocamos os ovos xa cocidos , tal e como vedes nas fotos . Non vos esquezades de rechear o interior dos muslos .

Só nos queda coser e asalo , nos usamos a típica agulla de lá , hai unhas agullas especias de hostelería pero estas serven perfectamente .

Asamos a 180 grados e un pouquiño máis de tempo que habitualmente , xa que se ten que facer ben polo interior .

Para cortar as racións é mellor facelo en frío , quedan mellor presentadas e se alguén as prefire quentes sempre podemos poñelas na tixola un momentiño .

A guanición que poñemos habitualmente son uns prebes , neste caso maionesa e prebe de cabrales e verduras asadas ou en ensalada , hoxe tocou pementos confitados .

Toca papar .


21/03/10

HEMC , POSTRES CON TÉ

hemc 42 - postres con té
Este mes a anfitriona do Hemc é LaMambalina e propónnos que fagamos postres con té , nos estamos encantados , xa que é algo que nos gosta moito , xa sexa en infusión ou na sua vertiente reposteira , e parecenos xenial todo o que imos aprender con tantas receitas diferentes que se publicaran .

Nos como sempre apostamos por unha receita sinxela moi doadiña de facer e cun resultado do máis " diferente " , aproveitando que xa temos na casa o tan ansiado té Matcha . E pensar que o tiñamos ao lado da casa e que non o sabiamos ,isto é algo que nos fai rir con ganas todavía , as veces é así , cousas que cremos tan inalcanzables están máis preto de nos do que pensabamos .




Como vedes ten unha cor impactante e non vos dicimos nada do seu aroma : Espectacular .









A receita é ben sinxela , sacámola do libro " Todos los tés del mundo " de Oceano Ámbar , é unha leitura moi útil non só para coñecer as distintas variedades desta pranta , senón tamén preparacións , tradicións e distintos aspectos que nos amosan toda a sua complexidade .

A nosa sobremesa é un Flan " vegano " de té verde , no noso caso usamos a variedade xaponesa Matcha , que ten como peculiaridade que se consume feito pó .

Precisaremos para preparálo un litro de leite de arroz , 1/2 vaina de vainilla , 18 follas de xelatina ( sería 3 culleradas sopeiras de agar-agar , como non tiñamos poñemos entre aspas o de vegano ) , 1 cullerada de té verde e mel ao gosto .




Primeiramente poñemos en remollo as follas de xelatina , abrimos a vainilla lonxitudinalmente e lle quitamos o caviar ( as sementes ) raspando cun coitelo , engadímolas xunto coa casca ao leite e levámolo ao lume , deixamos que coza 10 minutos , engadimos o té e a xelatina , misturamos ben e vertemos no molde que teñamos preparado .




Deixamos arrefriar antes de introducir na neveira , onde deixaremos que calle .

Nos adornámolo cuns fíos de caramelo , pero iríalle moi ben unha cremiña de laranxas ou de limóns.

A quen non lle goste o leite de arroz pode usar outro tipo de leite vexetal ou animal , segundo o gosto de cada casa .

Bó proveito !!!

BISCOITO DE ACEITE DE OLIVA


Para nos é un dos biscoitos máis ricos que hai , ten unha textura moi esponxosa , un delicado aroma a froitas e está xenial para encher de calquera lambonada , léase embeber , rechear de confitura , de cremas ... Aguanta todo e non perde o seu própio sabor .

É un biscoito que nos usamos moito pero tiñamos un problema con el , nunca o fixemos na casa senón no noso anterior centro de traballo , aproveitabamos cando había que facélos para facer un para nos , así eramos os principais clientes do mesmo . Pero xa non estamos ahí para facelo e na casa non sae , supoñemos que é polo forno que non quece como un industrial , o caso é que tiramos moitísimos biscoitos facendo probas de distintas coceduras , dábamolo por perdido até que atopamos esta receita no blogue de Carlos Valencia , boísimo reposteiro onde os haxa , convidamosvos a pasar polo seu sitio se non o coñecedes . Grazas a el e a sua boísima receita recuperamos un doce que creíamos perdido na nosa cociña .

A receita é moi sinxela , o peso dos ovos daranos o peso dos demáis ingredentes , así que se temos 200 grs de ovos , poremos o mesmo de fariña , zucre e aceite de oliva vixen extra , unha pizquiña de impulsor e algún aroma , neste caso raidura de laranxa .

Poñemos o forno a quecer a 180 grados .

Primeiramente misturaremos os ovos coa fariña e o zucre , engadiremos o aceite e por último a fariña tamizada . Vertemos no molde e ao forno .

En 45 minutos terémolo listo .

Como vedes é moi sinxelo e o resultado é moi bó , por se vos animades engadimos a receita que a nos non nos sae , oxalá a algún de vos lle quede ben con esta :

Precisaríamos 4 ovos , 240 grs de fariña , 360 grs de zucre , 125 grs de leite , 125 grs de aceite de oliva virxen extra , raiduara dun limón e un sobre de fermento .

Misturamos todo a excepción da fariña que a deixamos para o final , e ao igual que no outro 45 minutos a 180 grados .

Para decorar puxémoslle unha cobertura feita con zume de laranxa e zucre glas .
Sorte!!!

26/02/10

SOMOS CUARTOS !!!!!



Todavía non nolo cremos , somos cuartos no concurso de A mí lo que me gusta es cocinar , que ricas nos van saber esas laranxiñas , e que ilusión !!! Saber que gustou a tua receita e que se considerou digna dun prémio ( eramos 30 participantes ) dá un subidón !!! .

Desde aquí queremos darlle as grazas a Alicia e os noso parabéns pola idea do concurso , polo seu blogue e polo aniversario .

Segue así Alicia , tes un blogue precioso e moi ameno , unha fonte de inspiración para moita da xente que te segue .

Moitas grazas !!!!!

25/02/10

VITAMINA DE AGUACATE

Para o Hemc deste mes Carolina , a anfitriona , do blogue La Cocina De Carolina propónnos como reto que preparemos algún prato Latinoamericano , así que nos pensamos en Lúcia que é unha amiga brasileira que nos ensinou a preparar este rico doce , vai para ela esta entrada .

hemc #41 - platos latinoaméricanos

A vitamina é un prato típico brasileiro , é un alimento moi nutritivo xa que conta con moitas proteinas e vitaminas vexetais , nos imolo facer con aguacate , pero pode facerse con papaia , piña ou calquera outra foita .



Precisaremos un aguacate , leite , no noso caso de soia e zucre , estes dous ingredentes ao gosto , a máis leite máis lixeiro a máis zucre máis doce .

Só hai que bater o aguacate co leite eo zucre para facer un batido , temos que dicer que durante os embarazos Poéticos foi o almorzo máis solicitado .Xa vedes como gosta !!!

24/02/10

CHEGAMOS POLOS PELOS . SORTEO NO BLOGUE A MI LO QUE ME GUSTA ES COCINAR

Case , case ,...Trabucámonos de día e pensabamos que remataba o sorteo o venres , menos mal que nos dimos unha volta polo noso escritorio e estaba o aviso de " úlitma oportunidade !!!! " .

A mí lo que me gusta es cocinar celebra o seu terceiro aniversario con este sorteo , o requisito fundamental é facer unha receita con laranxas como ingredente principal , así que aproveitando o sorteo , esas laranxas que venden no Mercadona a tan bó precio e que nos encantan decidimos participar .

Esta receita é moi sinxela precisamos unha laranxa por persoa , anchoas en aceite , queixo , aceite virxe extra e vinagre de Módena .

Primeiramente cortaremos e pelaremos ao " vivo " as laranxas , é dicer , quitándolle toda a tona branca e deixando os gaxos limpos de telillas , seguidamente poremos as anchoas en tiras e picaremos o queixo , doado non ?

.

Queda a montaxe e o aliñado , que o deixamos ao voso gosto , na ensalada da foto as nosas laranxas tapan o queixo cortado en lascas que está no fondo do prato , se está en dadiños quizais queda mellor por riba .


PARABÉNS !!!!!

REBOZADOS E ALGO MÁIS

Ás veces de tanto facer as cousas monotonamente aburrímolas e pensamos no bó que sería podelas variar , ter unha pizca de sal nas nosas vidas que nos dera esa chispa que en tantos momentos precisamos .

Outro tanto pasa coa comida , temos ese cator pratos comodín para facer ao longo da semán , o mes ou as nosas vidas que moitas veces só con velos queremos que fuxan da nosa presenza , pero comer hai que comer , así por que non nos liamos a manta a cabeza e facemos tolerías , aínda que sexan pequenas como vai ser o caso .



Imos converter uns anodinos filetes rebozados en algo con máxia , cun gosto diferente que deixará a familia coa boca aberta , e poderemos darnos de xente lida dicindo que é unha receita dalgún famoso chef .

Só precisaremos engadir ao rebozado final co pan raiado millo frito moído , sí , sí deses que comen os cativos e non tan cativos , moelos é doado co moedor eléctrico , senón tamén quedan ben co morteiro , só un pouco máis groso .

Receita non poñemos , xa que presupoñemos que todo o mundo sabe rebozar .

Xa contaredes , o resultado é espectacular .

EXREMACALIDAD = EXTREMA XENEROSIDADE


Como ben sabedes enlazamos no noso blogue a páxina de ExtremaCalidad , para nos foi un acto sincero de apoio xa que nos encanta Extremadura , de feito hai unhas casiñas en Hervás as que lle temos botado o ollo ...
Pois en agradecemento enviáronnos un paquete con produntos seus .Abraiados que quedamos coa cantidade de cousas ricas coas que nos agasallaron .

A sorpresa chegou facendo o xantar , así que xa usamos o aceite de albahaca para poñer a tono esa ensalada con fresas que nos iamos papar , e de sobremesa eses figos con chocolate , o noso xantar tomou forma de festa con tanto agasallo , imaxinade que comida comentando mirando para os paquetiños e pensando na sua degustación .




Isto foi ExtremaImpresionante , quedamos verdaderamente abraiados coa xenerosidade e a calidade humán de certas persoas , reiteramos as nosas máis sinceiras grazas e que tedes aquí uns amigos cos que contar

01/02/10

UN ENLACE INTERESANTE


A web ExtremaCalidad puxose en contácto connosco para intercambiar enlaces , nesta páxina poderedes atopar productos extremeños moitos deles con Denominación de Orixe , hai receitas típicas , vamos que podedes mercar o producto , preparar un prato e sentirvos como se estiverades no medio da Vera .

Nos somos uns namorados de Extremadura e dos seus productos así que imaxinade a ilusión que nos fixo , agora xa tedes un enñace novo ao que acudir cando precisedes productos de calidade .

Esperamos que lle saquedes partido , poñemos o link na barra lateral esquerda .

30/01/10

IMOS DE FESTA CO BBD





Para este mes o reto do BBD é facer un pan de festa , unha desas masa que fas para un día especial , quen o propón é Jamie de Life's a Feast . Parécenos unha idea moi interesante , xa que se ben forneamos pan todas as semáns tendemos a repetir a mesma masa sempre , porque nos gosta esa combinación de sabores , e só en momentos especiais cambiamos a receita .

Desta vez decidimos facer un pan de especias , a receita sacámola do blog de María Lunarillos Tartas Provocativas , se non coñecedes o seu blogue merece moito a pena , xa que decora as tortas dunha maneira espectacular .

Para o reto do BBD pareceunos que o Pain d'epices era unha receita adecuada , con ese toque oriental que tanto nos gosta .

Precisaremos 175 grs de fariña , 1 culleradiña de café de mistura de catro especias ( noz moscada , canela , cravo e pementa ) , 1/2 culleradiña de xenxibre en pó , 1/2 de bicarbonato e 1 ovo . Todo isto o misturaremos até que queden unhas faragullas .

Por outra banda derreteremos nun cazo 50 grs de manteiga e o misturaremos con 75 grs de zucre , 175 grs de mel ,e 90 grs de3 leite .






Xuntamos as duas preparacións e vertemola nun molde ao forno a 170º 15 minutos e seguidasmente baixamolo a 160º durante 25 minutos .

Xa temos un rico e diferente pan para agasallar ou convidar a alguén moi querido .




Agora o texto en Francés , é unha norma do reto :


Pour ce mois le défi du BBD est de faire un pain de fête, une de celles-là masse que tu fais pour un jour spécial, qui le propose est Jamie de Life's la Feast. Nous semble une idée très intéressante, puisque bien que forneamos pain toutes les semáns nous tendons à répéter la même masse toujours, parce que cette combinaison de goûts nous plaît, et seulement en moments spéciaux nous changeons l'ordonnance.

De cette fois nous décidons de faire un pain d'épices, l'ordonnance nous la prenons du blog de María Lunarillos Tartas Provocativas, si vous ne connaissez pas son blogue vaut beaucoup la peine, puisque il décore les gâteaux d'une manière spectaculaire.

Pour le défi du BBD il nous a semblé que le Pain d'epices était une ordonnance adéquate, avec ce coup oriental que nous plaît tant.

Nous préciserons 175 grs de farine, 1 culleradiña de café de mélange de quatre épices (noix de muscade, cannelle, clou et poivron), 1/2 culleradiña de gingembre en , 1/2 de bicarbonate et 1 oeuf. Tout ceci le misturaremos même qu'il reste des miettes.

Par une autre bande nous fondrons dans une louche 50 grs de graisse et le misturaremos avec 75 grs de zucre, 175 grs de miel ,e 90 grs de 3 lait.


Nous les duas unissons des préparations et du vertemola dans un moule au four à 170º 15 minutes et du seguidasmente baixamolo à 160e pendant 25 minutes.

Nous avons déjà un riche et différent pain pour traiter avec prévenance ou inviter quelqu'un de très aimé.

CONTAMOS UN CONTO ?


Moitas veces cremos que xa estamos maiores para iso , que son cousas de nenos , xa non lembramos a fascinación que nos producían e o que non nos damos conta e que as nosas novelas son contos " de maiores " .
Quedamos abraiados cando escoitamos a alguén contar unha boa história , recreámonos nos seus xestos e modo de falar , pero seguimos pensando que os contos son para nenos .

A nos encántanos o xénero dos contos , somos coleccionistas de literatura infantil , pero tamén mercamos contos para " adultos " , poñemos as aspas xa que non cremos na idade dos libros , senón da madurez da persoa que os lé , independentemente dos anos que teña .

A nosa útima adquisición foi un agasallo que nos fixo Karlotti , que nos trouxo un libro precioso : " El niño que dibujaba gatos " de Lafcadio Hearn ( Ediciones Del Viento ) . Se vos gustan os contos e a temática " oriental " estades ante o voso libro e se sodes dos que non entendedes o dos contos para maiores tamén volo recomendamos .

" Hace tiempo , vivió en Yedo un homdre de alto linaje y conversación honesta . Su esposa era una dama muy agradable y cariñosa ...una hija , a la cual llamaron O'Yoné , que traducido significa " arroz en la oreja "...Y la criatura creció blanca y colorada como una manzana ; derecha y esbelta como el bambú verde . "

É dunha poesía espectacular , esperamos que vos animedes .

O QUE PUIDO TER SIDO E NON FOI : BRAZO DE ROIBOOS



Hehehehe o que son as casualidades , Hilmar de Mis Recetas Favoritas acaba de facer unha entrada de Brazo de gitano de té Matcha e nos levabamos tempo dándolle voltas a receita , así que fai uns días fixémolo , e a falta de té matcha tiñamos Roiboos , si xa sabemos que té como tal non é pero ten un sabor boísimo , así que non nolo podiamos crer cando vimos que tiveramos a mesma idea , a nosa tuneada .

É unha recita moi sinxeliña pero como xa tiveramos algún percance co biscoito do brazo estabamos un pouco a velas vir . Esta sobremesa é orixinal de Carlos Valencia , mestre reposteiro onde os haxa , que fai unhas elaboracións impresionantes pero o mellor son as indicacións que dá do paso a paso , fai un mapa da ruta moi didáctico . A sua páxina non desmerece nada .



Precisaremos para a prancha de biscoito 210 grs de ovos ( uns 3 grandes ) , 105 grs de fariña , 105 grs de zucre e unha culleradiña colmada de té , neste caso roiboos .

E para a crema de laranxa , que foi co que o recheamos , 150 grs de zume de laranxa , a tona rilada de tres pezas , 225 grs de zucre , 360 grs de ovo , e 150 grs de manteiga fría cortada en dados .

Para comezar co biscoito montamos os ovos co zucre até que tripliquen o volume , cando os teñamos listos engadimos a fariña tamizada e mailo té , misturamos todo cunha espátula evitando que perda moito aire . Nos usamos a própria placa do forno como molde , forrada de papel de forno . Cocémolo nin 5 minutos a 220º .

Sacámolo e dámoslle a volta sobre un trapo húmido, quitamos o papel con coidado e procedemos a facer un rulo usando o trapo desta maneira paraemos a cocción e será moito máis manexable . Reservamos namentres facemos a crema .

Na picadora misturamos todos os ingredentes e poñémolos ao baño María para que espese a crema .

Só nos resta montar , desenrolamos o rulo e colocamos a parte máis bonita hacia abaixo para que sexa a que nos quede á vista , poñemos a crema po riba deixando unha marxe aos lados e nos extremos , enrolamos paseniñamente tendo coidado para que non se nos desborde a crema .




Falta a receita da cobertura , está desaparecida e non sabemos se dará sinais de vida , decidiu acompañar a outra sobremesa que non sexa esta , prometemos editala en canto teñamos noticias dela .

Non está demáis calar o bicoito con algún almíbar ou licor para que resulte máis xugoso .