29/11/2008

MOVIDAS POLO VENTO

..."¿Tén Galiza un idioma proprio?¿Tén territorio diferente?¿Tén unha vida económica peculiar?¿Tén hábitos psicolóxicos reflexados n-unha cultura autóctona?Pois logo Galiza é unha nacionalidade, e , pol-o tanto,ningún antifeixista pode negarlle o dereito de autodetermiñación;é decir,o dereito a gobernar a súa vida..."

"...Galiza,como grupo étnico,ten dereito a digñificar a língoa que o seu proprio xenio creou,porque é unha língoa capaz de ser vehículo da cultura universal,porque lle sirve para comunicarse cos pobos de fala portuguesa,porque non ten outra mellor para espresar os seus sentimentoos e porque perdéndoa xa no lle quedaría ningunha razón de esistir..."

Castelao;"Sempre en Galiza";Obra Completa,2 Akal Editor ,Arealonga,1994 Cuarta Edición.

2 comentários:

  1. Saude miña amiga, meus amigos, que simpatica paxina, una fenestra comestible que fala das virtudes da xenerosidade.
    sayde.apertas e bikos
    e vernos xa
    karlotti
    e este poemiña de un poeta enorme

    SÓS

    Fomos ficando sós
    o Mar o barco e mais nós

    Roubáronnos o Sol
    O paquebote esmaltado
    que cosía con liñas de fume
    áxiles cadros sin marco

    Roubáronnos o vento
    Aquel veleiro que se evadeu
    pola corda floxa d' o horizonte

    Este oucéano destracou d' as costas
    e os ventos d' a Roseta
    ouretáronse ao esquenzo

    As nosas soedades
    veñen de tan lonxe
    como as horas d' o reloxe

    Pero tamén sabemos a maniobra
    d' os navíos que fondean
    a sotavento d’ unha singradura

    N' o cuadrante estantío d' as estrelas
    ficou parada esta hora:
    O cadavre d' o Mar
    fixo d' o barco un cadaleito

    Fume de pipa Saudade
    Noite Silenzo Frío
    E ficamos nós sós
    sin o Mar e sin o barco
    nós.

    ResponderExcluir
  2. Grazas Karlotti,como sabías?É o meu poema de Manuel Antonio,un dos Manueles polo que leva ese nome o noso fillo.
    Será o próximo en ser publicado.

    Bicos e mil grazas con mil sorrisos para ti procurador de soños.

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal