08/12/2008

BROWNIE


Onte nunha tarde fría pero moi divertida , tomándonos unha cervexiña con Carmen e família , ésta comentou que lle apetecía moito facer a receita do "pastel ese" que tanto lle gustara no cumple da Mariña e do Manuel , e como aquí en Cociña Poética "barremos pa' casa" , dixenlle que se pasara por un blog moi simpático , ¿ a que non adeviñades cal ?

Esta receita é do mellor que teño probado , en 10 min. a masa está preparada e en 20 forneada e , a non ser que non goste o chocolate , sempre quedas moi ben con ela.

Neste caso imos usar unha versión que leva torta de queixo a maiores , faise así menos doce e comes máis ,absterse de facela contadores de calorías , isto é gula orgásmica .

Para comezar precisaremos un molde de 23x23 , máis ou menos (isto é para que a masa quede estiradiña e non quede como un biscoito ) , e o forno quente a 180·C.

E agora os ingredentes : 120 grs de manteiga ( que este branda , a iso chamaselle "punto de pomada") , 250 grs de zucre , 2 ovos enteiros e unha xema , 210 grs de chocolate negro ( deses que poñen cun 70 % de cacao ) , 4 culleradas de café , 1 cullerada dun licor que nos guste , 165 grs de fariña , 1 culleradiña de fermento en pó , 1 pizquiña de sal fino ( potencia o sabor do chocolate ) e noces .

Para a torta de queixo precisaremos 340 grs de queixo crema , 100 grs de zucre , 1 xema e 30 grs de fariña .

Primeiramente batiremos a manteiga co zucre até mesturar ben, seguidamente iremos engadindo os ovos un a un e maila xema para logo incorporarlle o chocolate fundido ( ao baño maría ou no micro ) , o café e o licor . Tamizamos a fariña , o fermento e o sal ( cun colador ) para botarllo a masa. Xa temos preparado o brownie.

Para a torta de queixo mesturaremos os ingredentes que demos , e agora colocaremos no molde a masa de brownie e enriba a de queixo , cunha culler presionaremos a de queixo para introducila un pouco no masa de chocolate , introducimos as noces pola masa , e xa está lista para fornear .

Fornear durante 20-25 min , é preferible que saia un pouco crúo que non moi feito , xa que perderíase a eséncia do brownie que é a sua humidade interior . É preciso deixalo repousar para que a manteiga se endurezca un pouco antes de cortalo , está moi bó meténdoo na neveira .

Que vos saiba o todos moi rico e xa me contarás Carmen .

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal