28/06/2009

Pizza Zapatero

Imos ser políticamente incorrectos ao adicarlle esta receita ao sufrido presidente do Estado . Pero é que eiquí aos Poéticos fíxolles moita graza o do cinturón de Zapatero ( que nolo temos que apretar ) , seguro que vos chegou ou vos chegará por correo esa animación tan instructiva e exemplarizante , e para que vexa que nos sí nolo apretamos decidimos que este prato levaría o seu nome a modo de homenaxe silenciosa .

Precisaremos 500 grs de fariña , 12 grs de fermento de forza , 3 culleradas de aceite , 1 pinga de sal , 1 pinga de zucre , 250 ml de auga morniña , 250 grs de queixo , 100 grs de xamón doce , 4 ou 5 tomates ( serve unha lata de tomate trituado ) , ourego , salvia e logo o que pillemos do día anterior ou do xantar , neste caso foron unhas xudías con tomate , ovo cocido e arroz branco .

Pero ven podían ser uns espaguetis con tomate , uns garabanzos , ese pedaciño de peixe que nos mira mal ... O caso é aforrar e chegar coas contas saneadas a fin de mes , que para iso saneamos todos os contribuíntes as arcas dos bancos , deses que nos miran como mirarían a un atracador cando imos pedir unha hipoteca .

Vaiamos ao asunto que quentamos teclado e non paramos ... , faremos a masa da pizza misturando a fariña , o fermento , o aceite , o sal , o zucre , a auga e o ourego e a salvia ao gosto . O entendidos dín que hai que deixar levedar a masa , nos facémola coa masa levedada ou sen levedar ( dependendo do tempo ) e está boa das duas formas , esta cantidade de masa darávos para 3 pizzas tamaño placa de forno extrafinas ou para duas con máis corpo .

Co forno a 200º intoducimos a masa ben estiradiña e cuberta de tomate para que se dore e se faga un pouco, se puxeramos todos os ingredentes coa masa crúa queimaríanse antes de que estivera cocida .

Cando vexamos que os bordos da pizza toman cor é o momento de sacála e de colocarlle o demáis , neste caso poremos as xudías en contacto coa masa , por enriba o queixo e logo o xamón doce a pedaciños , voltámola para o forno e a esperar que se funda o queixo .

No caso dos espagetis quedan moi ben por riba do queixo , pero iso como todo é questión de que vos animedes e provedes , demostrde como vos sabedes apretar o cinturón .


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal