12/08/2009

CANDO EU SAIBA LER


Non lembrabamos non ter posto unha reseña sobre este libro , foi un despiste causado pola desconexión temporal da rede , agora que xa está todo normalizado comezamos a coller ritmo .

Gustounos moito cos seus pequeniños poemas que teñen ás vogais como protagonístas , polo ritmo nos versos para poder ser cantados e se a todo isto lle sumamos unhas ilustracións moi impactantes cun espectacular colorido , saenos un libro redondo .

Iolanda Castaño gaña moitísimo ao natural , a sua presentación encandilou a pequenos e maiores , e a hora de asinar tivo moitísima paciencia con todo o mundo . Un encanto .

Así que xa sabedes , que teñan moitos de antemán para animarse .

" Cando eu saiba ler , moitos libros ei de ter ..."

4 comentários:

  1. Non coñecía eu este libro. Polo que dicides pinta ben. Apúntoo que teño que velo. Saiu hai pouco?

    ResponderExcluir
  2. Creo que foi en abril , aos Poetiños encantalles , recitamos xuntos os poemas , non viches o que choveu hehehe.

    É da editorial Galaxia .

    Por certo ese biscoitón ten unha pinta ... nos por eiquí chamámoslle biscoitada , e a Poética tamén ten unha receita que poremos , agora estamos coas probas de medidas ,deunola un panadeiro , e non é o mesmo a sua maquinária que a nosa ; xa contaremos .

    ResponderExcluir
  3. Víñavos visitar a ver se me deixarades un anaquiño de biscochada, pero xa vexo que a papachedes toda, larpeiros, hehehe.
    Bicasos de Un cachiño doce

    ResponderExcluir
  4. Chegaches tarde compañeira ,estaba demasiado boa como para mirar para ela e non papala.

    Moi boa receita , para repetir moitas veces máis .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal