Hoxe atopamos no mercado uns champiñóns grandísimos , deses que desexas atopar a miudo pero rara vez aparecen . Estes merecían moito a pena , pedían prestarlles un pouco máis de atención , unha receita un pouco máis elaborada .
Habitualmente salteamos os champiñóns cun allo , e como moito lles engadimos un pouco de guindilla , hoxe queremos que sexan as estrelas dos nosos pratos , que nos amosen todos os seus encantos e todas as suas maravillas .
Non precisamos de moitos ingredentes , os suficientes para facelos brilar : 1 bandexa de champiñóns , 2 cebolas pequenas , 2 dentes de allo , 200 grs de panceta afumada , 3 ou 4 culleradas de tomate triturado , queixo que funda , pan raiado , noz moscada e aceite de oliva virxen .
Primeiramente limpamos os champiñóns e os desrabamos , por outra banda poñemos a caramelizar as cebolas ben picadiñas a lume baixo , que se caramelicen cos seus própios xugos sen engadirlles zucre , cando esteñan brandiñas engadimos a panceta en tiriñas e deixamos que se faga un pouco , seguidamente os rabos troceados , deixamos que o conxunto se faga ben .
Cando vexamos listo o recheo engadimos as culleradas de tomate , para que quede ben xugoso .
Poñemos os sombreiros coa zona do rabo hacia arriba nunha bandexa de forno , poñemos o recheo no oco que nos queda , por enriba espolvoreamos o pan raiado e a noz moscada , introducimos no forno que xa o teremos a quecer a 200º , terémolos 45 min , 5 min antes de que se rematen de facer poñerémoslles o queixo de fundir por riba .
Disfrutade campeóns que nos xa o fixemos .

Eses champis teñen que estar moi bos. A ver se atopo uns bos champis que se deixen rechear e cópiovos a receita.
ResponderExcluirBicos grandes