21/11/2009

AGASALLOS , AGASALLOS , AGASALLOS

O prometido é débeda e aquí estamos , queremos compartir convosco os bonitos detalles que tivo MaryLou de Pa amb tomàquet , sentímonos moi honrados de tela coñecido . Grazas guapa !!!



Os agasallos chegaron nesta bonita caixa , non vos imaxinades o sorpresón , non o esperavamos tan cedo , non podemos poñer a foto do paquete xa que a cámara fixo folga nese momento , e comprenderedes que non podiamos esperar .







Non poñemos a carta , iso queda connosco ; podedes ver unha preciosa cociñeira , así se quere ver algunha Poética de maior , CARDAMOMO , esta MaryLou está en todo , xa temos reservas para facer deliciosos postres durante moito tempo ; Té de especias , é un dos que máis nos gostan en tarde como estas ; o que se ve por detrás é un abano da sua asociación de veciños , isto é o que ten a boa enerxía ela no sabía que os coleccionamos ; a primerira felicitación da tempada ; un marcapáxinas , darémoslle moito uso xa fai propaganda en contra da violencia de xénero e iso é sempre importante que o publicitemos ; e un imán de flores secas da sua asociación , está feito a mán .





Nesta podedes ver o xogo de aperitivos que nos enviou , verédelos en máis de unha receita , sempre que os usemos en público poderemos contar a história de quen nolos agasallou .











Mirade que pulseira !!! Está feita de bolillos pola própria MaryLou , as bágoas asomaron cando a vimos , transmite o cariño con que está feita , non sabedes con que orgullo a estamos amosando estes días , non sempre tes un agasallo tan persoal e delicado .



Falta un agasallo , unha participación de lotaría , pero desa non poñemos a foto que se non seguro que iredes todos a comprar o mesmo número , porque vai tocar .

2 comentários:

  1. Me alegro mucho de que te guste!! Estaremos en contacto, Marta, cualquier cosa que necesites de este rinconcito, ya sabes, me lo puedes pedir!!!
    Molts petonets, guapa!!!!!
    María

    ResponderExcluir
  2. Igualmente MaryLou , xa sabes que aquí nos tes , esta sensación de ter atopado unha nova amiga é moi reconfortante .

    Bicos

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal