Encántanos o bacallau , en todos as suas formas e variantes , o modo da casa é a mellor maneira de comelo , xa que en cada sitio o fan dun xeito diferente , se imos a Portugal xa sabemos o menú : Bacallau de mañá á noite , hehehe , non vaiamos perder unha maneira maravillosa de facelo .
O outro día facendo a compra atopámonos cunhas estupendas cabezas que nos dicían amodiño : " collédenos , collédenos , que imos estar moi boas , de verdade " e pareceunos un argumento tan convincente que aló fumos con elas . Non houbo problema á hora de decidir como as degustaríamos , con allada son unha delicia .
Precisaremos para unha persoa meia cabeza de bacallau , unha pataca grande , tres dentes de allo , pimentón doce e picante e aceite de oliva virxe extra .
Poñemos a quentar o aceite nunha peroliña , como meio vaso , nel introducimos os allos sen pelar , só un pouco aplastados co puño , deixamos que se douren lentamente . Cando tomen cor retiramos o aceite do fogo e esperamos a que arrefríe un pouco , logo lle engadimos unha cullerada de pementón doce e meia pequena de picante , deixamos que apouse no fondo antes de usar .
Pelaremos as patacas e as cortaremos en rodelas dun dedo de espesor , nos fixémolas na vaporera pero podédelas cocer , cando ás pàtacas lle queden 5 minutos , colocamos oa cabeza do bacallau por riba das patacas ou nun cesto superior se a nosa vaporeira o ten , se as estamos cocendo introducímola na auga de cocción directamente , a cabeza estará desalgada do día anterior , cunhas 18 horas é suficiente cambiando un par de veces a auga .
Só nos queda empratar e napar ( adornar por riba cun prebe ) co aceite que preparamos antes , con coidado de que os pousos queden no fondo da perola e non no prato .

Como non bacallau. Desde que teño acordos na nosa casa o día de noiteboa sempre se comeu bacallau. ë un peixe ben rico e que adapta a todo.
ResponderExcluirBiquiños
Nos sempre con couve flor XD , era o prato do día , pero usábanse as partes máis " nobres " do bacallau .
ResponderExcluirBiquiños