30/01/2010

O QUE PUIDO TER SIDO E NON FOI : BRAZO DE ROIBOOS



Hehehehe o que son as casualidades , Hilmar de Mis Recetas Favoritas acaba de facer unha entrada de Brazo de gitano de té Matcha e nos levabamos tempo dándolle voltas a receita , así que fai uns días fixémolo , e a falta de té matcha tiñamos Roiboos , si xa sabemos que té como tal non é pero ten un sabor boísimo , así que non nolo podiamos crer cando vimos que tiveramos a mesma idea , a nosa tuneada .

É unha recita moi sinxeliña pero como xa tiveramos algún percance co biscoito do brazo estabamos un pouco a velas vir . Esta sobremesa é orixinal de Carlos Valencia , mestre reposteiro onde os haxa , que fai unhas elaboracións impresionantes pero o mellor son as indicacións que dá do paso a paso , fai un mapa da ruta moi didáctico . A sua páxina non desmerece nada .



Precisaremos para a prancha de biscoito 210 grs de ovos ( uns 3 grandes ) , 105 grs de fariña , 105 grs de zucre e unha culleradiña colmada de té , neste caso roiboos .

E para a crema de laranxa , que foi co que o recheamos , 150 grs de zume de laranxa , a tona rilada de tres pezas , 225 grs de zucre , 360 grs de ovo , e 150 grs de manteiga fría cortada en dados .

Para comezar co biscoito montamos os ovos co zucre até que tripliquen o volume , cando os teñamos listos engadimos a fariña tamizada e mailo té , misturamos todo cunha espátula evitando que perda moito aire . Nos usamos a própria placa do forno como molde , forrada de papel de forno . Cocémolo nin 5 minutos a 220º .

Sacámolo e dámoslle a volta sobre un trapo húmido, quitamos o papel con coidado e procedemos a facer un rulo usando o trapo desta maneira paraemos a cocción e será moito máis manexable . Reservamos namentres facemos a crema .

Na picadora misturamos todos os ingredentes e poñémolos ao baño María para que espese a crema .

Só nos resta montar , desenrolamos o rulo e colocamos a parte máis bonita hacia abaixo para que sexa a que nos quede á vista , poñemos a crema po riba deixando unha marxe aos lados e nos extremos , enrolamos paseniñamente tendo coidado para que non se nos desborde a crema .




Falta a receita da cobertura , está desaparecida e non sabemos se dará sinais de vida , decidiu acompañar a outra sobremesa que non sexa esta , prometemos editala en canto teñamos noticias dela .

Non está demáis calar o bicoito con algún almíbar ou licor para que resulte máis xugoso .

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal