25/01/2010

PASTEL DE PAN




Este mes non pensabamos participar no evento de Hemc máis ao comezar a escribir as entradas vimos que estabamos en tempo e de que tiñamos unha receita que se adecuaba ao que pedían , así que , por que non ? . Esta vez a anfitriona é Wivith do blogue Cuchuflitos , e decidíu que debiamos facer unha receita con sobras , cando o limos pareceunos unha idea boísima , xa que nas datas nas que nos atopabamos daban pé a reutilizar as cantidades inxentes de comida que non se comeron .

Na nosa casa sobrou pan , moito pan e cando iso sucede non se tira senón que se fai este postre que nos sabe a gloria .

Decirvos que as medidas son un pouco a ollimetro , xa que dependen do seco que esteña o pan e da cantidade que usemos .

Nun principio precisaremos unha barra de pan , un litro de leite , 8 ovos , 500grs de zucre , un puñado de figos , pasas , orellóns ... ( o que teñamos a man ) , fariña a que admita , para decorar un pouco máis de zucre , améndoas fileteadas , sementes de mapoula e coco rillado .

Ablandaremos o pan co leite tépedo , e coa axuda da batidora misturaremos todos os ingredentes excepto, as froitas e a fariña , está irémola engadindo aos poucos até que consigamos a textura dunha crema espesa , como se fora un biscoito . Cando a teñamos preparada engadimos as froitas enfariñadas para que non se nos vaian ao fondo .

Verteremos a mistura nun molde e decotaremos coas améndoas , o coco e a mapoula e por riba poremos unha boa capa de zucre . Ao forno 45 minutos a 180º .

9 comentários:

  1. Pues es una idea estupenda para todas esas veces que nos queda un montón de pan y de otras muchas cosas por la cocina, como frutas, sobre todo despues de una cena con invitados que siempre se prepara de más y luego nunca sabes que hacer con todo eso. Me encanta tu idea y que tengas suerte con el Hemc.
    Un besiño.

    ResponderExcluir
  2. Pois me apunto a receita, porque sempre que me queda pan dun dia pra outro, acabo facendo torradas ou puding de pan. Esta receita me parece moi acertada e asi tamén vario un pouquiño.

    Mooita sorte rula, e biquiños mil :)

    ResponderExcluir
  3. Moitas grazas Cristina polo teu comentario , na casa a verdade e que sobra pouco pan , somos panceiros XD , pero é o que dis ti , ás veces , cos convidados pensamos en fartura e logo levamos as mans a cabeza pensado que imos facer con todo o que sobrou .

    Esta é unha solución e moi rica .

    Biquiños para ti , por certo mañá comento o que me parece ese estupendo polbo .

    ResponderExcluir
  4. Moitas grazas Merchi , tes a receita do puding no blogue ? se non é así esperamos vela pronto .

    Bicos para ti

    ResponderExcluir
  5. uy qué rico el pastel de pan! a mi me encanta y también es mi manera de reciclar el pan. Excelente!!
    Besitos,

    ResponderExcluir
  6. Qué bien Hilmar , Cuántas recetitas vamos a aprender con pan !!! al final siempre nos va a sobrar para poder hacer cosas ricas XD .

    Biquiños para ti .

    ResponderExcluir
  7. Hola Cociña, paso nuevamente por aquí para avisarte que te deje un regalito en mi blog. No dejes de pasar por allí. Besitos,

    ResponderExcluir
  8. Una receta perfecta para reciclar,me gusta.

    Besitos

    ResponderExcluir
  9. Gracias Reme , esta salió del recetario de mami , hay tantas cosas que le debemos .

    Bicos para ti ricos .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal