30/03/2010

BISCOITO CON CHOCOLATE DE TELVA


A vida as veces , non sempre , e quizais isto é o máis precioso deses momentos , presentanos a opurtunidade de coñecer a persoas encantadoras coas que charlar de calquera tema , cos que a conversa flue facilmente e as risas compenetradas xurden a cada momento .

Un destes momentos sucedeu o mes pasado cando Anil , o do Restaurante Da India de A coruña , convidounos a comer alí , non estabamos sós no convite se non que había máis amigos de Anil , foi unha boa comida onde na sobremesa entre os xogos dos nenos os maiores fomos tomando confianza , e esa confianza derivou nunha charla moi amena na sobre todo se falou de comida e de receitas .

Así Telva tivo a xentileza de escribirnos esta rica receita de biscoito de iogurte con chocolate , a nosa promesa foi facelo e publicar a receita agradecendolle o detalle .

Pois eiquí a tedes , unha receita ben boa .

Precisaremos 2 ovos , 1 iogurte natural , tomando o vaso do iogurte como medida usaremos 2 medidas de zucre , 3 medidas de fariña , unha medida de aceite e unha tableta de chocolate fondant .

Misturamos todos os ingredentes excepto o chocolate que o poñemos a fundir ao Baño María , botamos a masa nun molde e o chocolate fundido nunha manga pasteleira . Facemos fíos de chocolate por riba da masa e coa axuda dunha espátula collemos masa dos laterais e a botamos por encima dos fíos , repetimos a operación dos fíos e da masa até rematar co chocolate , para que nos quede a capas .

Poñemos a quentar o forno ao tope e cando introducimos o molde baixamos a temperatura a 180º , forneamos durante 30 minutos .

9 comentários:

  1. Pois haberá que darlle as grazas a Telva pola receita porque ese biscoito e estupendo, xa me imaxino eses anaquiños de cocholate que se derriten na boca.

    Bicos

    ResponderExcluir
  2. Estupendo biscoito, estupenda técnica dos fíos. Estupendos pementos. Quédomo con todo.
    Biquiños

    ResponderExcluir
  3. Hehehe , sí Rakelilla , é un biscoito delicioso , os anaquiños de chocolate son unha gozada .

    Aledanos que te goste Caldebarcos .

    Bicos as duas

    ResponderExcluir
  4. Que maravilla ese bizcocho con los tropiezos de chocolate. Ya me los imagino derritiéndosa en la boca. Una delicia!
    Un besiño.

    ResponderExcluir
  5. mmm... que rico!
    En cualquier momento del día cae bien un bizcochito delicioso, me encanta hacer bizcochos, fáciles ricos y practicos!
    Un saludo

    ResponderExcluir
  6. ***Iso é o máis rico Cristina , porque non deixa de ser un biscoito de iogurte , pero eses pedaciños ...Fano rico de verdade .

    ***Este sí que es fácil Óscar no tienes excusa para no hacerlo .

    Bicos aos dous

    ResponderExcluir
  7. Hola!
    Usted se cae genial El Bizcochito.
    Echas Si las Naciones Unidas Vistazo en mi blog en; Boller y Panadería'll encontrar que UNO Hago similares y yo le llamo Muy Sencillo bizcocho.
    ESTO ES que comparan Recetas, A mi me chiflo.
    Gracias por compartir.

    Un saludo.

    ResponderExcluir
  8. hehehe a ti te queda más bonito con los colores que pones , nuestra receta de bizcocho de yogur es distinta a la de Telva , tenemos que publicarla también ,pero creo que hay tantas recetas de este bizcocho como personas lo hacen XD .

    Un gusto tenerte por aquí Isabel .

    ResponderExcluir
  9. HOLA SOY TELVA ME ALEGRO QUE OS GUSTE EL BIZCOCHO... PUES SI QUE ES FACIL DE HACER Y SOBRETODO MUY RICO. QUE LO DISFRUTEIS CON UN BUEN CAFE O TE.... GRACIAS POR LOS COMENTARIOS.

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal