30/03/2010

PEMENTOS CONFITADOS


Esta é unha receita sinxela onde as haxa ademáis de resultona , os pementos así quedan moi ricos e a textura carnosa é unha delicia , esperamos que se os probades vos gosten tanto como a nos .

Precisaremos pementos vermellos morrón , os normais que atopamos todo ano no super , se temos a sorte de contar con pementos do piquillo fresco mellor que mellor , zucre e aceite de oliva virxen extra .

Prequentamos o forno ao máximo .

Primeiramente lavamos a fondo os pementos e lles damos unha capa de aceite , coas mans mesmamente , que queden todos cubertos , poñemolos nunha fonte apta para o forno , introducímolos nel e baixamos a temperatura a 200º .

Cando vexamos que a pel comeza a queimarse dámoslles a volta pechamos o forno e o apagamos , deixámolos dentro até que o forno esté totalmente frío .

Hai outro método que os saca do forno cando están feitos e ponlles un pano por encima para que se pelen mellor .

Calquera dos dous métodos é bó para o pelado posterior .

Xa fríos pelamos e despepitamos os pementos , o xugo que soltaron durante o asado e namentres os pelamos non o tiramos senón que o recollemos nun recipiente e reservamos.

Cortamos os pementos en tiras ao nos gosto , e introducímolas nunha tixola , engadimos o xugo que reservamos , e botamos aceite até cubrir .

Agora só hai que cocelos a fogo moi baixo , que non chegue a ferver e engadirlles zucre , nos recomendamos ir engadíndoa aos poucos , para non pasarnos có sabor doce .

Bó proveito

8 comentários:

  1. Qué ricos! A ver si me atrevo a hacerlos. Espero que quede bien con los pimentones que se consiguen aquí.
    un abracito,

    ResponderExcluir
  2. Gracias guapa , anímate que son muy facilitos y como ves no tienen complicación ninguna .

    Un bico grande

    ResponderExcluir
  3. Se preparas moita cantidade podela consevar? Enchendo os tarros esterilizados con ese líquido de cocción crees que aguantará varios meses na lacena? Estas receitas son tan boas que cando podo prefiro facer cantidade para despois disfrutar todo o ano simplemente abrindo o tarro.

    Bicos

    ResponderExcluir
  4. Damos fé que aguantan , e é algo que debimos comentar na entrada e se nos pasou .

    Nós os embotamos , podese facer cos tarros e os pementos quentes pechas a tapa e os deixas boca abaixo todo a noite , ou se non poñendoos a cocer meia hora nunha ola que os cubra de auga por completo .

    Quedan ben das duas maneiras .

    Bicos guapa

    ResponderExcluir
  5. Ya imagino el sabor que pueden tener y con todo lo que lo podemos combinar, se ven muy interesantes, me dejo para hacerlos.! :D

    ResponderExcluir
  6. Me alegro que te gusten Óscar , el sabor es estupendo hasta para aquellos que no son muy de pimientos .

    Si pruebas repites .

    Bicos

    ResponderExcluir
  7. Hola, vengo de visita a conocer tu cocina y espacio y me encuentro un montón de sorpresas, todas sabrosas y muy bonitas.
    ESta receta en particular me gusta, la combinación con dulce es agradable, yo conocía algo como una mermelada, pero ya alisto unas galletas saladas para disfrutar tu dulce.
    Gracias por tu visita y estamos en contacto.
    Saludos.

    ResponderExcluir
  8. Muchas gracias por visitarnos , nosotros estamos encantados de conocer tu blog y de descubrir ese maravilloso mundo culinario que posees .

    Creemos que no te van a defraudar los pimientos tienen un sabor muy bueno.

    Nos gusta tenerte por aquí , siéntete como en tu casa .

    Bicos

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal