26/03/2010

POLO RECHEO

Góstanos moito facer o polo así , xa que é un prato que da bastante xogo , pode tomarse quente ou frío , podes telo preparado con antelación e filetear para consumir a medida que o precises , aguanta moi ben o conxelado e é unha boa elección cando tes convidados .

Se tedes un carniceiro de confianza con que lle pidades o día anterior que queredes o polo preparado para rechear , é dicer , sen o oso , non terá ningún problema , se non é moi doado de facer na casa , o primeiro día tardaredes un pouco máis pero para o seguinte xa teredes dominada a técnica , neste enlace veredes moi ben como se fai , se vos fixades no contador veredes que , quitando o que fala , tardará un 5 minutos en facelo , e sen práctica non chegaredes aos 10 . Como vedes tampouco é tan complicado .


Nos decidimos facelo na casa desde que un día a carniceira toleu e nos mandou o polo aberto en canle , cos oso dos muslos e das ás ( no vídeo non llas saca pero é igual de doado que os muslos ) , co subseguinte traballo de rematar de poñelo en forma e do posterior cosido , que non había quen manexara ben o recheo .
Desde aquela o dito " vale máis facelo que mandalo " é o noso lema .


Entón xa co polo preparadiño , duns 2 kilos de peso , precisaremos para o recheo 1 kilo de carne picada , 3 ovos , 100 grs de pan raiado , meio pemento verde , meio pemento vermello , unha cenoura , 100 grs de pistachos , sal , pementa moída e aceite de oliva virxen extra . Non menos importante é unha agulla e fío grosos para facer o cosido final de maneira que non se nos escape todo .














Primeiramente limparemos e trocearemos en tiras os pementos e as cenouras e saltearémolas a fogo vivo para que collan cor pero que non abranden moito , se non temos os pistachos pelados este é o momento de facelo e de picalos e poremos a coer dous dos ovos que imos usar , con que cozan 5 minutos é suficiente , xa que se os deixamos cocer como faríamos normalmente a xema oscurecería co posterior asado .


Misturamos a carne piacada , cos pistachos , o ovo que nos quedaba e o pan raiado . Procedemos a introducir a farsa no polo , alternamos cos pementos e a s cenouras , e colocamos os ovos xa cocidos , tal e como vedes nas fotos . Non vos esquezades de rechear o interior dos muslos .

Só nos queda coser e asalo , nos usamos a típica agulla de lá , hai unhas agullas especias de hostelería pero estas serven perfectamente .

Asamos a 180 grados e un pouquiño máis de tempo que habitualmente , xa que se ten que facer ben polo interior .

Para cortar as racións é mellor facelo en frío , quedan mellor presentadas e se alguén as prefire quentes sempre podemos poñelas na tixola un momentiño .

A guanición que poñemos habitualmente son uns prebes , neste caso maionesa e prebe de cabrales e verduras asadas ou en ensalada , hoxe tocou pementos confitados .

Toca papar .


2 comentários:

  1. Ese polo recheo e gloria bendita, que delicia. O paso a paso e xenial.

    Bicos

    ResponderExcluir
  2. muy, bien te quedó de lujo y sin romperle la espalda perfect! bss

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal