27/03/2010

SPAGUETTIS CO QUE HABÍA


Cantas veces vos ten pasado que abrides a despensa e pensades que imos facer hoxe para comer ? Non precisades ir ao mercado xa que o pan está recén feito na cociña , tedes un pouco de leituga de onte coa que facer unha xeitosa ensalada , así que neste caso que nos deparará a despensa ou a neveira .

Buceando un pouco atopamos un envase de Gulas no conxelador , quedában uns restos de bacon , cogumelos sempre temos por casa xunto coas cebolas e os allos... Xa tiñamos a comida preparadas .

Para preparar estes spaguettis apañados precisaremos pasta , gulas , bacon , uns cogumelos , 1 cebola , 2 dentes de allos e aceite de oliva virxen extra .

Poñemos a cocer a pasta nunha pota de amplia con auga fervendo , para nos o truco para que non se nos pegue a pasta e remover ben cando está comezando a cocer , sen chorriño de aceite nen nada , se temos vitrocerámica podemos apagar o lume no momento en que comeze a ferver a auga de novo , a calor residual da cociña fara que se nos fagan perfectamente .

Preparamos os cogomelos ao noso gosto , neste caso en rodeliñas pequenas para que se cociñaran ao mesmo tempo que o bacon , picamos a cebola e os allos .

Primeiramente sofritimos a cebola e mailos allos nunha tixola ampla , cando os teñamos listos reservámolos a parte , no mesmo aceite salteamos o bacon e os cogumelos até que collan colorciño e esteñan triscantes , xuntamos co sofrito anterior .

Por último facemos as gulas seguindo as instruccións do envase e misturamos todo coa pasta

Bon apetit .

4 comentários:

  1. Pois para ser co que había pola casa saiu un espagueto ben xeitoso, para facelos adrede tamén sirve.
    Co que me quedei abraiada é co do polo. Agora teño que tentalo e a saber o que sae daí.
    Biquiños

    ResponderExcluir
  2. Hehehe de feito repetimos , para a semán ceamos na casa cuns amigos e serán o prato principal .

    E co polo seguro que te sae algo moi bó e rico , cando decidimos por primeira vez desosalo nos , suamos tinta china , mais cando nos puxemos mans a obra foi máis doado do que pensabamos , hai que buscarlle o xogo as articulacións para desmembralas e ir moi aos poucos para non pinchar a pel . Coietlo pequeno e ben afiado .

    Xa contarás .

    Bicos ventosos

    ResponderExcluir
  3. Para que ser co que topaches, quedáronte ben bos!!!
    Un biquiño.

    ResponderExcluir
  4. XD pois a verdade é que sí , non contabamos coas gulas , ían ir sen elas pero collendo no conxelador unha tona de limón para engadirlla a un arroz con leite vímolas escondidas e lles dixemos : compañeiras errachedes a camuflaxe , hehehe para a tixola .XD

    As mellores cousas saen nestes momentos de inspiración tan inspirados .

    Biquiños para ti tamén

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal