28/12/2008

COUS COUS SINXELO


Receitas coas que acompañar a uns Cous Cous hai moitas , e como o arroz pódeselle botar de todo , na Cociña Poética usamos moito este acompañamento , é faciliño de facer , rápido e amaña unha comida moi doadamente .
O importante é que aprendades a cociñar os Cous Cous , que lle collades o ponto para que non vos queden apelmazados.

No paquete diravos que tedes que mezclar igual cantidade de auga fervendo que de Cous Cous , como indicación para comezar non está mal , pero quedan moitísimo mellor se engadimos case medida e meia de auga por medida de sémola , nesa agua engadiremos unha noz de manteiga ou unha culleradiña de aceite de oliva para que queden máis soltos , as especias que acompañen tamén se incluirán coa sémola .

Entón por unha banda temos a auga a ferver na pota , e por outra os Cous Cous nuha cunca ampla , co que lle queramos engadir de especias polo outro , neste caso " Ras el hanout " que significa literalmente o mellor da tenda , e unha mezcla de especias , podémola atopar en Alcampo , se non nos queremos arriscar servirá pementón . Cando a auga rompa a ferver vertémola por enriba dos Cous Cous removemos ben cun garfo para que empape todo e tapamos a cunca cun prato , deixamolos repousar uns 10 minutos .

Na mentres pocharemos unha cebola cuns dentes de allo , cando esteña pochada engadirémoslle un pouco de pemento verde e vermello ben picadiño e finalmente un par de tomates raiados para que ligue como un preve , se non temos tomates frescos serve o tomate triturado de lata ou un pouquichiño de auga e deixamos que se consuma un pouco , das tres maneiras queda un preve estupendo .

Así de sinxelo serviranos para acompañar multitude de pratos , peixes , carnes , legumes só hai que deixar voar a imaxinación , e diso sobranos , non ?

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal