30/12/2008

BISCOITO DE CHOCOLATE E CAFÉ


Non vos parece unha combinación incríbel , a mellor receita contra a asténia primaveral , outonal ou mal de amores ; chámalle x . Café e chocolate son unha das parellas máis sólidas do mundo gastronómico , e iso que xa levan anos coñecéndose .

Esta sobremesa non é apta para controladores de calorías , ni para aqueles que pensen en comezar unha dieta , despois de robala xa non poderan . Se ao rico que sabe sumámoslle o rápido que se fai , pois iso , que se xunta a fame coas ganas de comer .

Precisaremos 150 grs de chocolate negro cun 70% de cacao , 1 cl de café ben cargadiño ,1 sobre de café soluble , 125 grs de mateiga , 4 ovos , 80 grs de zucre , 75 grs de fariña e 1 sobre de fermento .

Ao baño María derretiremos o chocolate , xunto co café cargadiño , o café soluble e a manteiga , teranos que quedar unha crema lixeira .

Por outra banda mezclaremos os ovos ben batidiños co zucre , a fariña e o fermento , cando ligue todo engadimoslle a crema de chocolate e café , remexemos ben e ao molde .

160 º e 30 minutos de cocción , non me digades que non é sinxelo .

Queda espectacular , moi esponxoso e non vexades que sabor . Animádevos e xa nos contaredes .

2 comentários:

  1. realmente facil y riquisimo os felicito por el blogg ,os animo y os pido que nos pongais mas recetas como esta de facil,un saludo .

    ResponderExcluir
  2. Grazas Angelito , poñeremos máis destas ,xa imos retornar a nosa actividade blogera despois destes días en branco , un virus deixounos un pouco descolgados pero xa nos atopamos con forzas para que isto siga adiante , grazas outra vez polo teu apoio.

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal