12/12/2008

DIÑEIRO vs FELICIDADE

Hoxe en día a gran maioría da xente ten como aspiración a conquista do preciado ben : O Diñeiro . O carto ben sendo o que case todos precisamos para vivir e algúns teñen como algo do que non poden prescindir.
Bo é lembrar que a conquista da felicidade só pensando no diñeiro é algo que o home ten en mente desde épocas precedentes, lembremos a percura do Eldorado, o Potosí, ... e todo tipo de diñeiro doado . Un caso paradigmático son todo tipo de xogos de azar , dos que todos , ou case todos , somos seguidores asiduos .
A ninguén se lle pode pasar pola cabeza hoxe en día vivir sen cartos pero non é eso do que estamos a falar .
Somos perfeitamente conscientes de que é moeda de troco necesaria para poder obter os bens máis elementais , pero de ahí a estar todo o día ocupados en buscar a mellor e máis doada maneira de obtélo vai un abismo .
O que queremos con esta reflexión é facer autocrítica de nós mesmos aproveitando a vida en cousas que verdadeiramente merezan a pena . Exprimir o tempo sempre pensando que é un ben finito ; algo que , tarde ou cedo, desaparecerá e debemos desfrutalo .
Hai moitas cousas prescindibleis e outras imprescindibleis , centrémonos nas últimas que son as verdadeiramente relevantes
Todo esto vén a conto dunha conversa que tivemos o outro día nunha cea de bos amigos sobre o que para nós era a felicidade . Ésta poderiamos comezar a atopala na reunión que tivemos, na cea que degustamos, as diferentes posturas que tiñamos , o que nos riamos, as parvadas que contamos , o ben que o pasamos ... e todo sen gastar moito diñeiro . Comentamos algo que dixo algún filósofo , cremos que poderia ser Aranguren , dicindo que a felicidade en abstracto non existe como tal , senón que na vida o que tén que haber é unha suma de contentos que superen aos descontentos . É case todos pensamos que tiña bastante razón porque por moi ben que estemos , por moi"felices" que sexamos sempre haberá cousas que nos fagan rachar esa"felicidade", todo un cúmulo de adversidades.Vivamos con intensidade cada momento coma se fose o máis importante , aínda que a nosa carteira non estea de todo chea .
Mal vamos cando medimos a calidade da nosa vida polo modelo do telefone móbil , modelo da play station , marca de coche , de pantalón , ...
Esta reflexión sen nengunha pretensión vai adicada a todos aqueles que se acercan a nosa páxina e nos lén , e en especial ao noso fidel seguidor Anxo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal