12/12/2008

TIRAMISÚ


Facer esta receita foi todo un reto para a Cociña Poética xa que temos moi presente o Tiramisú de Jorge , que para nos é insuperabel en sabor e textura , pero como non nos arreda nada decidimos que somos que de facelo tan rico e vaia se nos saiu. Así que rindete Jorge que facemos un Tiramisú case tan rico como o teu.

¿Para cando a cata ?

Precisaremos 500grs de Mascarpone ( queixo italiano e elemento fundamental deste doce ) , 4 ovos ( tres xemas e as catro claras ) , unhas 10 culleradas de zucre , 8 taciñas de café só , un licor que nos goste , un paquete de biscoitos de soletilla ( destes blandiños chuchurríos ) e cacao puro en pó .

Imos preparando a base cos biscoitos enchoupadiños no café co licor ( podemos engadirlle un pouco de zucre para que non esteña tan forte ) no mode que nos goste ,máis ben grandiño , montaremos por un lado as xemas con 5 culleradas de zucre até que blanqueen ( dou fé de que blanquean , hai que darlle moito as varillas ou a batidora )incorporamolas ao mascarpone con coidado de que non perdan o volume que colleron , para iso engadiremos primeiramente un pouquichiño das xemas ao mascarpone para facelo máis suave e logo engadimos o resto mesturando con movementos de abaixo a enriba , logo montaremos as claras e esperaremos a que collan corpo para engadirlle o zucre , cando as claras comecen a facer picos ao batilas será o momento de incorporalas á masa de mascarpone e xema , da mesma maneira que fixemos con anterioridade .

É xa o momento de verter a masa por enriba dos biscoitos e refrixerar ( non conxelar que nos coñecemos ) e agora toca esperar . Está mellor se esperamos 24 h para degustalo. No momento de servilo espolvorearemos o cacao coa axuda dun coador .

Esperamos que vos goste , xa contaredes .

Chegou o momento

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal