03/12/2008

RABO RABIÑO



Estofado de rabo,neste caso de tenreira.

Hoxe estamos que tiramos a casa pola xanela,imos preparar un prato de categoría moi faciliño de facer.Quedaremos moi ben no caso de ter convidados na casa xa que é moi resultón e non sae caro por ración.

Precisaremos (para tres persoas) un rabo,un par de cebolas do país,un pemento verde,meio vermello,un par de cenouras,unha cabeza de allos,uns graiños de pementa,unha puntiña de guindilla (opcional),un cravo de olor,unha folliña de laurel,un pouco de pementón doce,aceite de oliva,e viño tinto (non de cartón que vos coñecemos).

Comezaremos poñendo en adobío o rabo con todo:as verduras,as especias ,o aceite,o pementón e a metade do viño(podemos deixalo toda a noite macerando),o adobío sempre hai que poñelo na neveira.

Despois de telo no adobío poremos as verduras a pochar na mesma pota onde estofaremos o rabo,engadíndolles un pouco de sal para que solten os seus xugos e abranden.Pochar é salterar as verduras a fogo baixo para que non se nos sequen e queden xugosas.Namentres nunha tixola cunha pinga de aceite e a fogo forte marcaremos o rabo para que selle a carne e queden todos os seus xugos dentro,cando este marcada,sen baixarlle ao lume ,botarémoslle o viño que nos sobrou para que se evapore o alcol.

Engadímoslle todo o contido da tixola a pota das verduras , a máis do líquido do adobío e auga.Se é unha ola a presión estará feito en unha hora e tres cuartos,se vemos que haínda lle falta algo podemos acabalo coa pota sen tapa ou voltala a pechar e que coza un pouco máis.Se non temos terémolo que deixar cocer unhas catro horas.

Podemos colar o caldo e pasar as verduras por un chino ou pasapures , ou ben servilo así

A nos gustanos que nos sobre caldo , ou "fondo de carne"como lle chaman os expertos,xa que o conxelamos e o usamos para facer unha sopiña , un caldo limpo(ao que lle botamos unhas setiñas,ou un ovo duro,uns picatostes...) ou para engadirllo a un arroz,a unha salsa boloñesa...

É para acompañar este prato vaille ben un arrociño en banco ou unhas pataquiñas cocidas.

Que vos saiba tan rico como a nos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal