31/01/2009

PASTELÓN DE GRELOS


Moitas veces o aburrimento na cociña ben dado porque non variamos os modos de facer as cousas , repetimos rutinas , sabores , texturas e ás veces cun pouquichiño de imaxinación e menos tempo do que pensamos saen pratos tan saborosos como o que imos poñer a continuación.

Ía ser un Pastelón de Xamón e Queixo e mirade en que se convertíu . Hai que dicer que a foto non lle fai xustiza.

Ante todo encendemos os forno para que vaia quentándose .

Precisaremos duas pracas de masa de hoxaldre , as conxeladas soen vir así , unha mada de grelos pero quen dí grelos dí espinafres , repolo , berenxena , esparragos ... , allos ,150 grs de queixo , uns poucos piñóns , un pouco de sementes de sésamo , un ovo batido e aceite de oliva .

Dos grelos usaremos a folla e a parte fina do tallo , o resto do tallo usarémolo para outra receita , non o tiredes !! Picamos a verdura e a salteamos na tixola con aceite e os allos laminados , deixaremola un pouco duriña .

Namentres se nos fai a verdura estenderemos unha praca de hoxaldre na bandexa do forno , no mesmo paquete da masa soe traer uns papeliños para que non se pegue a masa na bandexa , poñeremos o queixo por riba e a verdura cando esteña lista , na tixola e a fogo maino douraremos os piñóns e o sésamo e os engadimos aos grelos .

Tapamos coa outra praca procurando mollar os bordes da inferior con ovo batido , presionaremos cun garfo as duas para que non se escape o recheo e pincharemos suavemente a superior para que non infle moito durante a cocción .

Só nos resta pintar o pastelón co ovo que nos sobrou e introducilo no forno seguindo as instruccións do envase , soe ser 220º , e 20 min .

Xa contaredes .

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal