26/08/2009

COUVE-FLOR CON BECHAMEL


Unha receita ben sinxeliña e económica para este fin de mes . Non digades que na Poética non nos preocupamos polo voso peto hehehe.

Por aquí a couve-flor gosta de todas as maneiras , pero esta é a maneira de convertila nun prato contundete , para acompañar duns pementiños ou dunha fresca ensalada . É isto xa é preocuparse pola vosa figura , que preocupóns estamos ultimamente .

Precisaremos unha couve-flor grandiña ,unha cebola pequena , un litro de leite , 125 grs de manteiga , 130 grs de fariña , noz moscada , sal , queixo e pan raiado .

Nos a couve-flor facémola ao vapor , pero podédela cocer , ao vapor non se enchoupa de auga e non a temos que or a escurrir . Para facer a Bechamel derretimos nun cazo a manteiga e pochamos nela a cebola ben picadiña , cando esteña dourada engadimos a fariña e remexemos ben cunha culler de madeira para que a fariña non se queime , veredes que con estas cantidades queda como unha crema , isto fara que a bechamel quede máis xugosa , a esta mistura de grasa + fariña chámase Roux e serve como espesante de preves e sopas , a bechamel , a salsa española ou a veluoté , son algunhas das elaboracións que comezan por esta mistura .

Ao lío , cando teñamos a fariña e a manteiga ben ligados imos engadindo leite aos poucos , o leite pode estar tépedo , así tardaremos menos , agora cun batidor remexeremos para emulsionar ben todo e iremos incorporando máis leite a medida que espese . Raiaremos un pouco de noz moscada ( nos raiamos moita porque a parte de que gostamos moito do se sabor é afrodisiaca ;) ) e eengadiremos o sal , podemos ir pouco a pouco con el para que non nos quede salgada .

Agora nunha fonte do forno poñemos a couve-flor poe enriba o queixo ( raiado , loncheado , en anaquiños ... ) e o pan raiado , se temos por ahí un pouco de tomate frito tamén lle vai ben , e a forno a que se doure co a función de gratinar .

Que decides ? Doádo e suculento , non ?

2 comentários:

  1. Boas, encantame esta receita que por menos dun euro está boísima e fainos comer a encher!!! Despois de leer a vosa mesaxe donde poder seguirnos acábeseme de ocurrir unha idea, mentres vexo si é posible levala á práctica, tedes a nosa jameliña: "La Gamela" CocinaconCariño.blogspot.com, alí encontraredes onde seguir o noso rumbo, a jamela témola fai pouco, ainda está a pasar polo carro de vez en cando. Un saludiño e alégrome de poder seguirvos.

    ResponderExcluir
  2. Xa te seguimos o ronsel gameliña , deixaremos boas ideas como estas para que todos disfrutedes.

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal