26/08/2009

MARCAS !!!!


Por moito que como adultos nos non deixemos influenciar por elas os nosos fillos non teñen esa capacidade de abstracción , para eles todo o que aparece pola tele é bó e digno de ser tido , e se intentas educálos nunha maneira de vida diferente fóra dese mercadeo sempre vai haber alguén que poña as cousas no seu sítio .

Esta entrada ben a conto do comezo no cole dos enanos , e a tan traída lista de material escolar , é incribel , piden marcas concretas de certos productos , e por suposto non son dos chinos . Hai listas máis pequenas e listas máis grandes pero en todas elas predomina a marca , si xa sabemos que alguén nos dirá que é para que todo o material sexa uniforme , sí é certo , pero pode selo coa recomendación : " tipo Bic " e non ten porque ser Bic ; ou " tipo Alpino " e non ten porque ser Alpino .

A nosa queixa é porque haberá moitas famílias para as que supoña un gasto moi alto mercar este material , xa que dá igual onde o merques , o prezo variará pouco . Cando con outro tipo de lista o prezo final seía ben distinto .

4 comentários:

  1. Estas mestras... E ó mellor fano porque duran máis ou son mellores. Eu opino o mesmo ca vos, con tal de que sexan do "tipo", dame igual se son plastidecor ou dos chinos. Logo se saen malos, ah! Hai que mercar outros, hehehe (sentinme un pouco aludida, non sei por que será)
    Bicos e ánimo coa volta ó cole

    ResponderExcluir
  2. Nos non voltamos , ao mellor comezamos , está por ver hehehe , e a lista faime pensar en famílias que non están en boa situación económica , e a maiores do que mercan para o cole , porque nos de por eiquí non devolven o que sobra a fin de curso , teñen que mercar algún máis para que o fillo poda entreterse na casa , e ao mellor para casa non se poden mercar bic ou alpino .

    ResponderExcluir
  3. Así que empezades unha nova etapa. Un momento crucial na vida dos nenos, pero que tardan en abandorar, hehehe. Ánimo coas compras e coas listas.

    ResponderExcluir
  4. Comezamos sí , grazas polos animos , sentimos ferir sensibilidades , pero vemos moita xente ao noso redor á que lle ten que chegar moito e logo ves estas cousas ...

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal