10/08/2009

STIEG LARSON


Supoñemos que coñecedes a este sueco e a sua triloxía Millennium , nos estamos enganchadísimos , desexando que chegara a data sinalada de xuño para ter entre as nosas mans a terceiro libra deste maganífico escritor .

Temos que dicer que collímos Los hombres que no amaban a las mujeres con certas reticéncias , non somos amigos dos best-sellers , destas flores dun día que se estrelan nas primeiras páxinas polo pouco enfiado da trama , pero que esas cousas do marketing fan que teñan certa sona . Xa vos decimos que non as tiñamos todas con nos , pero como nos gosta moito outro sueco , Mankell , e o seu inspector Wallander , decidimos que lle iamos dar unha oportunidade .

Que ven fixemos , o primeiro libro transportounos a un mundo de intrigas moi ben tecídas , a sua é unha escrita fácil , con tramas que se suceden en distintos planos , pero tan ben entrelazadas que non perde o fío en ningún momento ; cousa complicada nalgúns momentos pola cantidade de dados que aporta , nótase a sua bagaxe periodística e as ganas que ten de facer creíbel a sua história .

Mantén a intriga até a última páxina , deixándote o regusto de ler máis , e iso hoxe en día nos que rematas un libro porque o comezaches , é iso hoxe en día é algo digno de mención .

Convidámosvos a que coñezades a sua obra , e xa postos a de Mankell , que é bastante máis extensa pero non menos interesante .

2 comentários:

  1. Ola!!!


    Eu estou tamén coa "triloxía", acabando o primeiro, onte estiven ata as tantas e porque o espertador soa as 6, que si non...qué intrigante...e iso que o principio non me gustaba demasiado.

    Grazas polo comentario e por "ese sitio especial", a verdade é que isto é moi ilusionante, é tes razón engancha moito...jejeje

    Bicos.

    ResponderExcluir
  2. Hehehe , pois o que te espera , cando vexas o final non tardarás en comprar o seguinte .

    Nos os primeiros días abriamos a páxina un montón de veces ao día para ver como subía o marcador , e subir subía pero polas nosas próprias entradas ;) .

    Moitos bicos Ana , estamos en contacto .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal