Esta é para nos un dos eixos fundamentais da cociña do aproveitamento , todo serve nadase tira . Somos de culler , de sopas , caldos , fabadas , encántannos e abusamos , sempre temos a man no coxelador preparacións destas para que nos sexa doado facer unha comida rica , esperamos que vos tamén abusedes da Tripla Básica .
Comezaremos por mercar verduras : cabaza , repolo , cenouras , cebolas , apio , porros , acelgas, o que se nos apeteza , cebola e unha pataca é algo que nos lles engadimos sempre ( a pataca fai que a crema espese ) e allo , un cravo de olor , un par de graos de pementa , unha folla de laurel , aceite e auga .
Picamos as verduras que vaiamos consumir en anacos grandes , o allo miudiño , poñemos na pota unha cullerada de aceite e nela doramos o allo , cando colla cor engadimos o resto das verduras e rmovemos ben , non hai que doralas moito , só nos resta cubrir de auga e deixar cocer durante unha hora , 30 minutos se é na ola rápida .
Agora ben o mellor , contando que nos ten que quedar caldo suficiente non sexamos avaros a hora de engadir auga , entón as verduras podémolas usar par facer unha crema , o caldo para unha sopiña de fideos ou un caldiño limpo , a crema e o caldiño poden levar tropezóns de ovo cocido , pan frito , setas ... Ahí tedes que deixar voar a imaxinación .
Nos cando a facemos poñemos moita cantidade e conxelamos , as verduras nun recipiente cun pouquiño caldo e o caldo noutro .
Este outono pasaremos a famosa crise a base de culler .

Encántanme estas cremiñas de verduras. Esta vosa ten que ter moito sabor,o apio, o cravo e o loureiro, abofé que llo darán. Para min sen eles porfa, sobre todo sen loureiro.
ResponderExcluirBicos e se a comida tan san é barata mellor que mellor.
Si!!!!,sobor de todo non abuses do ápio ou saberá só a el, e non abuses da cabaza ou sairá moi doce .
ResponderExcluirQue pena que non uses o laurel e o cravo , danlle moito gosto as comidas, a todas non só aos guisos .
Se é polo sabor comeza por cantidades pequenas , quizais non se te faga tan pronunciado.
Bicos .