14/10/2009

ENSALADA GOLOSA


Está é unha ensalada que nos gosta moito , por ensalada e por golosa , combina a perfección o sabor intenso dos Canónigos coa dozura do resto dos ingredentes , podédela disfrutar na Petit Bretagne en A Coruña . Para nos é un placer sempre que comemos alí . Permitímonos " tunearlles " a receita para que todos a poidades disfrutar dela .

É moi xeitosiña de facer e moi nutritiva , os Canónigos son unha fonte boísima de betacarotenos , vitamina C e iodo , e xunto co resto dos ingredentes fan deste prato un conxunto moi nutritivo , non nos liamos e imos cooa receita .

Precisaremos , como estades intuíndo , canónigos , soen vendelos embolsados , un puñado de dátiles , outro de pasas sultanas , non teñen pébidas e outro máis de cereais ( copos de millo , boliñas ...) , un pedazo de queixo de cabra de rulo e o toque fundamental : marmelada de frambuesa .

Primeiramente lavaremos e escurriremos ben os canónigos , partiremos os dailes e lles sacaremos a pébida e o queixo partirémolo en anacos como faragullas grandes .

Con todo listo procederemos a empratar , o aliño será a marmelada de frambuesa e teremos coidado de colocar os cereais no último momento para que non abranden .

Unha boa receita para un día ben fermoso , disfrutade del .

2 comentários:

  1. Moi oixinal.Teño que probala. As ensaladas de canónigos son das que máis me gustan, aínda que non son moito de toques doces para a comida. Pero non se pode xuzgar sen probar.
    Biquiños

    ResponderExcluir
  2. Se a probas repetirás iso seguro , non notas tanto como parece o doce , xa que o canónigo ten moito sabor de seu e é a base principal do prato.

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal