Nos esperamos que volte durante uns días a calor , para poder despedir o verán como merece , pero namentres con estes días de choiva apetece algo que nos quite a morriña do sol . para iso nada mellor que unha boa fabada que nos fará suar coma se estivesemos a 40 º graos na praia .
Precisaremos 700grs de fabas postas a remollo do día anterior , unha cebola do país , un par de tomates , meio pemento verde e meio vermello , duas cenouras , 4 ou 5 graos de pementa , 2 cravos de olor , 4 ou 5 cominos , un allo , un pemento choriceiro ou ñora , 2 chourizos ceboleiros , un bó pedazo de touciño con febra , aceite de oliva virxe , colorante alimentário e sal .
Primeiramente nunha ola a presión douramos o allo macahacado , a cebola pelada e cortada en anacos grandes , e as especias , cando tome color o allo engadimos a ñora , os pementos , os tomates as cenouras , os chourizos e o touciño e poñémolo a cocer cubertos de auga , contamos 15 min desde que a válvula comece a xirar .
Dixamos que arrefrie a ola e abrimos para engadirlle as fabas , retiramos a " verdura " e a batimos coa batidora ou a pasamos polo pasapures , outra opción e cortala e anaquiños nun primeiro momento .
Engadimos o preve das verduras as fabas , pasado polo coador pra que non leve ningunha tona , e o colorante alimentario , nos usamos cúrcuma , tapamos a ola e deixamos cocer , cando a válvula comece a xirar contamos 5 minutos e diexamos a ola enriba do lume apagado ( isto serve para as vitrocerámicas ) a calor residual fará que se rematen de facer sen necesidade de ter o lume aceso , se non tedes contade 10 min .
Só nos toca meter a culler e imaxinarnos na duna co sol na fronte .

Unha fabadiña xeitosa. Encántanme as legumes. O que pasa que para min non lle poñades chourizo. Teño un estómago moi delicado e hai determinados alimentos que non mos quere, aínda que a min me gusten,el dime que non. Debe ser que xa vou indo vella.
ResponderExcluirBiquiños
Para eses estómagos delicados nada mellor que un té antes das comidas , e despois delas unha infusión de menta con anises, mao de santo , ou neste caso de Poética ;)
ResponderExcluir