24/10/2009

LACÓN CON GRELOS

hemc 37 - aperitivos


Por fin nos animamos a participar no Hemc deste mes , todos os meses mirabamos que tipo de receita tocaría facer , todos os meses buscabamos e preparabamos a nosa idea , e todos os meses non nos presentabamos , o porque é ben sinxelo , ten tan bó nivel que nos daba apuro presentar as nosas receita .

Desta vez decidimos deixar aparcados todos os nosos medos internos e presentarnos , para iso tiramos dunha recita ben coñecida por todo galego que se preze de selo o Lacón con Grelos , pensamos que cun puoco de axudiña e imaxinación podería ser un estupendísimo aperitivo , ah!! que non volo contamos , o Hemc deste mes son os Aperitivos , a afitriona deste mes é Maragda de La Quinta de Luculus , que foi quen propuxo o tema , dede aquí Moitas grazas Maragda , esperamos que goste .

As cantidades son opcionais xa que dependerá das tapas que queramos facer : precisaremos lacón (desalgado do día anterior ) , chourizos , patacas , grelos , un pouco de manteiga , pementa e xelatina .

Poremos a cocer o lacón casi tres horas se está enteiro , sobre unha hora se é un pedazo , na mesma auga onde cocimos o lacón cocemos as patacas enteiras , xunto cos chourizos e os grelos ( ben limpos e troceados) .






Picaremos moi miúdo o lacón e os chourizos , coa pel do lacón faremos unhas finas tiras que saltearemos nun pouco de aceite e resevaremos , coas patacas e a manteiga faremos un puré , no caldo de cocción abalandaremos a xelatina , e con ese mesmo caldo a quentaremos para que se desfaga .

Nus moldes pequenos poremos os grelos e engadirémoslle o caldo coa xelatina diluída . Introduciremos no frigorífico para que endureza . Só nos resta montar a tapa .

Desmoldaremos a xelatina de grelos , por enriba colocaremos o puré de pataca , logo unha capa de chourizo e lacón picados e por último as tiriñas de pel crocantes . Lista para servir .

É sinxelo e diferente , esperamos que vos pareza interesante .

4 comentários:

  1. Impresinante. Quen dixo que non se podían facer cousas orixinais coas receitas tradicionais? Moi ben aportando esa tapiña da terra, nin Arzak,nin Adriá teñen mellores ideas, quitaríanse o sombreiro ante tanto inxenio.
    Ó lacon con grelos si que me apunto, facédeme un sitiño na mesa que hei vou. Primeiro a tapa e logo en grandes anacos, que a tapa non chega a nada.
    Parabéns unha idea estupenda.
    Eu boto de menos unha fotiño do gran invento,eh?
    Biquiños doces

    ResponderExcluir
  2. Moitas grazas Caldebarcos , apurannos os teus eloxios ,está é unha cousiña que facemos as veces cando ven xente a casa e a verdade é que todos quedan sorprendidos .

    Como ves a foto xa está subida , había que deixar arrefriar a xelatina .

    Moitas grazas , vainos durar durante moito tempo o roibén nas fazulas .

    ResponderExcluir
  3. Tanto La Olla Suiza como nosotros queremos agradecer vuestra entrega, participación y buena acogida, así que era imprescindible agilizar el esperado resumen, y aquí lo tenéis:

    Resumen HEMC 37: Aperitivos
    Resumen en La Quinta de Luculus

    Gracias de nuevo!

    ResponderExcluir
  4. Gracias a vos por deixarnos participar . Foi unah grata experiencia que pensamos repetir .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal