26/10/2009

MERENGUES


Fai tempo que tentabamos facer esta receita , pero sempre tiñamos poucas claras , ou as usabamos para outras cousas , desta vez non houbo excusa , o peso era o perfecto non tñamos que sacar ni engadir , é que isto dos Osos ten a sua ventaxe , matamos dous antollos á vez .

Desta vez o choio é ben sinxelo , tanto de ingredentes como de traballo , con 115 grs de claras ( uns 5 ovos pequenos ) e 225 grs de zucre teremos un postre que fará as delicias de nenos e maiores , e para darlle o toque orixinal unhas pouquiñas améndoas fileteadas .

Poñemos nun cazo ao lume as claras co zucre , misturamos ben e deixamos que tome temperartura , que esteña quente ao tacto , retiramos do lume e batimos coas varillas , desde logo que boa inversión no batidora Biffinet do Lidl , tiñannos que agasallar algo pola publicidade que lles facemos ( esta semán creo que volta a estar de oferta , merece moito a pena ) . Uns quince minutos , é impresionante o firme que quedan .

teremos o forno aceso a uns 100º , na bandexa poremos montóns de merengue , coas améndoas por riba , da para uns 6 de bó tamaño , metemos a bandexa no forno e os deixamo unhas duas horas , menos temperatura máis tempo , non o poñades a máis de 100º porque collerían unha cor dourada e o que buscamos é que saian ben brancos .

Esperade a que arrefríen larpeiros , que vos ides queimar a língua .

2 comentários:

  1. Ten que estar ben ricos. Cando era pequena e íamos a cidade sempre tiña que comprar merengue, que recordos...
    NOn sabía eu iso de quentalo previamente.
    Bicos mil

    ResponderExcluir
  2. Supoñemos que se fai para que nonsexan de consuño cuase que inmediato , ao cocelos permites " prolongar " a sua vida de consumo .

    Que recordos verdade? A nos producenos esa mesma sensación , de lambonada de días especiais , gustanos ter producido esa sensación coa nosa receita .

    Anímate que xa ves que son moi doadiños .

    Biquiños para ti tamén .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal