25/11/2009

POLBO A FEIRA


Chegamos polos pelos oa HEMC deste mes , que trata da comida do meu pobo . Nun primeiro momento pensamos en Caldo pero non podes ter a receita publicada , así que tras fondas deliberacións decidimos facervos degustar un riquísimo Polbo á Feira , moi doado de facer e riquísimo de comer .

Precisaremos un polbo , aceite , pementón doce e picante , sal e unhas patacas como guarnición .

Para cocer o polbo seguiremos os consellos de Karlos Arguiñano : ola express , para un peza de tres kilos máis ou menos 25 minutos , sen auga nen nada , simplesmente introducilo e pechar a ola . Podedes poñer as patacas enteiras e limpas , sen pelar , faranse oa mesmo tempo .

Unha vez cocido o polbo cortámolo en quente e o dispoñemos nunha fonte cunha cama de patacas , aliñamos con aceite de oliva virxen extra , pementón doce e picante e sal .

Listo para consumir .

P.D. : Se cocedes o polbo de maneira tradicional lembrar non engadirlle sal a auga de cocción ou quedaría duro .

P.D. : O polbo vai servido na fonte de aperitivo que nos agasallou MaryLou , Grazas guapa!!!


5 comentários:

  1. Qué rico el pulpo!!! aquí no hay mucha costumbre de comerlo, pero en mi casa lo hacemos a feira... bueno más o menos!!!
    Besicos

    ResponderExcluir
  2. Todo es ponerse , nosotros antes no comiamos cosas con babas o a medio masticar y ahora , ya ves, hehehe a todo se acostumbra uno .

    ResponderExcluir
  3. Veño da cociña de María Xosé ( un cachiño doce), e mira por onde, topeime ca túa e aqui me quedo. O polbo, ¿que decir del, que non sepas xa?, riquisimo. Mo sirvan como mo sirvan, e o faga na casa como o faga, sempre é un pracer comelo. Pra min é un manxar, e xamais lle digo que non a una boca ración ou ainda que sexa, a unha tapiña. Sempre entra, sempre apetece.

    un bico rula, sigo cotilleando pola túa cociña ;)

    ResponderExcluir
  4. Ola Merchi benvida , pasa , pasa , como na tua casa, ou mellor dito como na tua cociña .

    Esperamos que te sintas a gusto connosco e que nos visites máis veces .

    Bicos mil

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal