01/12/2009

BOLACHAS AI


Estas son as bolachas preferidas en casa , aos Poetiños lles encantan e para nos é moi doado preparalas , en 20 min están listas , non teñen levado , non hai que por a manteiga a punto de pomada , fornéanse en 10 min , a verdade é que non sabemos como vendelas mellor .

Bueno ,sí , sí que sabemos , á nosa querida Amiga Invisible Tartasacher de Mil Postres gustáronlle moito e por iso poñemos hoxe a receita eiquí , para que cada vez que a faga se lembre de nos . E aos que non coñecedes o seu blogue non deixedes de pasarvos por el , merece moito a pena , fai unhas receitas moi interesantes e ten unha amiga que fai o blogue La Cocina de Zaira que tamén é moi interesante .

Namentres buscamos os ingredentes prendemos o forno a 200º :

Precisamos entón 90 grs de manteiga , 250 grs de fariña , 90 grs de zucre moreno ,125 grs de froitas secas , canela moída , noz moscada , sal e 2 ovos .


Primeiramente nun bol misturaremos coas mans ben limpas a manteiga e a fariña , até que teñan o aspecto
de faragullas de pan logo engadimos o zucre , as froitas , neste caso ameixas secas e orellóns , seguimos remexendo coas mans , tócalle a quenda aos ovos batidos , usaremos un garfo para amasar todo , cando vexamos que os ovos están absorvidos pola masa voltamos coas mans , apretándoa para facer unha bola .

Xa está , xa a temos lista , só nos queda facer pequenas boliñas , do tamaño dun bocado e meio , 10 min ao forno a 200º e en poucos que as deixedes arrefriar teredes unha sobremesa moi rica .

Bo proveito .

7 comentários:

  1. Pois vense ben boas esas bolachas. Calquera día fágoas. Biquiños

    ResponderExcluir
  2. Levas unha para o almorzo de mañá , así nos vas contando que tal saben .

    Bicos

    ResponderExcluir
  3. Pois eu non quero ser menos, asi que co teu permiso levome media ducia que teñen una pinta tremenda. A verdade que son ben doadas de facer, anoto a receita que nunca se sabe e un dia que me encontre sin moito curro, poñome a facelas.

    un biquiño rula :)

    ResponderExcluir
  4. Sí Merchi , para ti a meia ducia , a verdade que con receitas como estas niguén pode dicir que non fai bolachas , deixámolas arrefriar na porta do forno e cando nos dimos conta o Poetiño Pequeno estaba soprándolle a unha para coméla , hehehe a certas idades o de esperar lévase mal .

    Bicos mil para ti

    ResponderExcluir
  5. Hola, estas bolachas, supongo que son galletitas, se ven muy ricas, me encanta que lleven nuez moscada y canela.
    Estoy aprendiendo una variedad de lenguas que no conocia desde emprendi mi aventura de los blogs. Gracias por la visita!
    Bicos ;)

    ResponderExcluir
  6. Síííí , son galletas .El gallego es el "padre" del portugués , aunque a ellos no les guste oirlo hehehe .

    Bicos mil para ti

    ResponderExcluir
  7. Hola, hola, hola:

    Qué bien ya tengo la receta. Muchas gracias por todo y por tu cariñoso correo. Ahora te escribo. Besos mil y mil gracias por esta preciosa entrada. Zaira, mi amiga también te da las gracias.

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal