03/12/2009

SECRETO EN SALSA AMERICANA


Onte tiñamos un pouco de presa á hora de cociñar , iamos facer secreto pero nos apetecía un toque orixinal , o que non queriamos era que o " toque " nos demorase moito tempo , había cousas que facer a primeira hora da tarde así que a consigna era comer cedo .

Non lle dimos moitas voltas e ao abrir a neveira para coller unha cervexa , coa que facerlle un prebe xeitoso apareceu ante nos santa Coca-cola e Santo Ketchup , pensamos : por que non ? Xa temos asado con Coca-cola e con Ketcup por separado , o resultado sempre quedou saboroso , malo sería que todo xunto non resultase rico .

Pois ben para esta receita tan do momento inspiración precisamos 600 grs de carne , neste caso secreto , unha lata de coca-cola , ketchup , un dente de allo , aceite de oliva virxe extra e sal .

Primeiramente cortamos en tiras o secreto , namentres que nunha tixola douramos o dente de allo cun pouco de aceite , imos selando a carne por quendas a lume alto , cando xa a teñamos lista introducímola tod xunta na tixola e lle engadimos a lata de coca-cola e o Ketchup , uns 150 ml . Deixamos que reduza .

Despoi duns 10 min. o prebe xa terá unha consistencia cremosa , será o momento do sal para matizar a dozura que ten .

Xa estamos pensando como ten que quedar cunhas costeliñas de churrasco , e poder relamer os dedos sen vergoña .


2 comentários:

  1. Hola amigos.

    Os contestamos aquí a las preguntas que nos hacíais en nuestro blog.
    La vaporera de bambú la encontramos en un bazar chino, de esos que venden de todo. Nos costó 6'50 €, con doble piso; también las había de uno solo, pero costaban casi lo mismo.
    Respecto a la cantidad de pan por persona para las migas, depende...
    Si sois de buen comer, pues unos 200 g por persona. Y para los niños, pues la mitad.

    Respecto a vuestra entrada, hay muchas cosinhas que no terminamos de entender: el traductor parece haber perdido algún tornillo, porque nos salen unas cosas rarísimas.
    Las galletas de la entrada anterior, sí que las entendemos mejor y las vemos deliciosas.

    Un abrazo y buen provecho.

    ResponderExcluir
  2. Hehehe , acabamos de usarlo y no podemos parar de reir , no tiene nada que ver con lo escrito , es de locos , probar a traducir con la página en comentarios y mirad como traduce el vustro , os reireis un buen rato .

    Por cierto gracias por la información , yo he preguntado en varios chinos y no me la consiguen en ninguno .

    Este finde tocan migas ya os contaré el resultado .

    Bicos

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal