30/01/2010

CONTAMOS UN CONTO ?


Moitas veces cremos que xa estamos maiores para iso , que son cousas de nenos , xa non lembramos a fascinación que nos producían e o que non nos damos conta e que as nosas novelas son contos " de maiores " .
Quedamos abraiados cando escoitamos a alguén contar unha boa história , recreámonos nos seus xestos e modo de falar , pero seguimos pensando que os contos son para nenos .

A nos encántanos o xénero dos contos , somos coleccionistas de literatura infantil , pero tamén mercamos contos para " adultos " , poñemos as aspas xa que non cremos na idade dos libros , senón da madurez da persoa que os lé , independentemente dos anos que teña .

A nosa útima adquisición foi un agasallo que nos fixo Karlotti , que nos trouxo un libro precioso : " El niño que dibujaba gatos " de Lafcadio Hearn ( Ediciones Del Viento ) . Se vos gustan os contos e a temática " oriental " estades ante o voso libro e se sodes dos que non entendedes o dos contos para maiores tamén volo recomendamos .

" Hace tiempo , vivió en Yedo un homdre de alto linaje y conversación honesta . Su esposa era una dama muy agradable y cariñosa ...una hija , a la cual llamaron O'Yoné , que traducido significa " arroz en la oreja "...Y la criatura creció blanca y colorada como una manzana ; derecha y esbelta como el bambú verde . "

É dunha poesía espectacular , esperamos que vos animedes .

4 comentários:

  1. Que boa pinta ten ese conto. A min encántanme os contos, os infantís sobre todo. Grazas a que me movo nun mundo infantil podo deleitarme neles. Unha boa recomendación, grazas.
    O brazo, espectacular, cáeme a baba, véndoo e mellor tiña que saber. Cópiovos a crema de laranxa que despois do meu fracaso necesito unha de confianza.
    Biquiños dos gordos

    ResponderExcluir
  2. Moitas Grazas Caldebarcos , polo de agora a nos sempre nos resultou , hai que deixala cocer moooooito tempo que parece que nunca vai terminar de facerse , pero merece moito a pena o tempo que invirtes , o sabor é espectacular .

    Bicos XL .

    ResponderExcluir
  3. Cando miña filla eran pequena, non había noite na que non me deitase ó seu caron na cama, e lle contase un conto. Gustaballe moito que lle leese, e de paso, lle fora mostrando las ilustracións que viñan no conto. Reconozco que era un momento moi agradable e que me sentaba de maravilla tamén a min. É unha costumbre que non se perdeu hata que foi maior, agora sigue nas mesmas con casi 24 anos. Enfundase ni pixama, metese na cama...e a leer.
    Ireí na procura do libro que recomendas pra facerlle un agasallo.

    Grcias ruliña :)

    ResponderExcluir
  4. Nos somos dos que cremos que nos fillos se plantas boas sementes estas rematan en transformarse en frores preciosas . Mira ti que semente máis bonita plantaches ti .

    Non lle vai defraudar o agasalllo .

    Bicos

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal