25/01/2010

ROSQUILLAS DA MIÑA NAI


Estas son un dos grandes recordos da nosa nenez , as rosquillas que se preparaban na casa . E a nai batendo e batendo nas claras para que quedaran ben espesas e as veces axudando nos nesa tarefa ardua e laboriosa , tamén lembramos os seus gritos : " Que facedes ?!!! " , cando nos escoitaba abrir paseniñamente a neveira para coller unha antes de que endurecesen as claras montadas . Dela vennos o amor a cociña e a unha boa mesa , sen prestensión só con bos productos da terra e do mar , do máis sinxelo xurden as mellores ideas .

Nai sempre serás a nosa fonte de inspiración , non o esquezas nunca , eres a nosa rocha onde apoiarnos e o noso exemplo : Querémoste .

Vai por ela esta receita e por todas a nais que fan esas pequenas miragres diarias nas suas cociñas . Bicos para todas e os nosos respetos .

As medidas van en función dos ovos que usemos , así que podemos adaptala aos recursos que teñamos en casa , serán pois 8 ovos ( usaremos 5 enteiros e tres xemas ) , 8 culleradas de aceite usado , 8 de anís , 8 de zucre , e un pouco máis para montar as claras , e un sobre de fermento para repostería . Fariña a que admita , para que nos quede unha masa lisa e que non se nos pegue as mans .

Teremos preparado de antemán o aceite , nos para apurar o proceso só preparamos a cantidade que precisamos , dourando nel un trozo de tona de laranxa ou limón . Podedes usar o de fritir as patacas pero está moito máis rico coa laranxa .


Misturamos todos os ingredentes e imos engadindo aos poucos a fariña necesaria , non precisa deixala repousar , podemos pornos a traballar con ela no momento . Quentamos nunha pota fonda aceite para fritilas .

Cando esteñan todas ben douradas montamos as claras co zucre e botámosllo por riba .

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal