25/01/2010

XENOVESA DE CHOCOLATE



Comezamos o ano moi atarefados , tanto que non nos deu tempo a publicar nada , visitamos algún blogue de pasada e contestamos algún correo , foi unha boa maneira de inaugurar este 2010 , que sexan todos así : activos e con moitas expectativas .

Temos unha chea de receitas aparcadas esperando sair a luz , así que imos comezar por orden para que as cousas vaian paseniñamente e sen atrancos .

A primeira deste ano vai ser a Xenovesa de chocolate , xa que rematamos o ano e comezamos o novo realizándoa , esperamos que disfrutedes con ela tanto como disfrutamos nos .

Cada vez que viamos esta receita en " Hornear pan , pastas y pasteles " de Dan Lepard e Richard Whittington diciamos que había que facela , pero ten un paso a paso que nos parecía complexo , e iso botabanos para atrás coa práctica nada máis lonxe da realidade . O resultado era espectacular pero non sabiamos se seriamos capaces de realizalo tan ben . Co gallo do 1º de ano , que nesta casa celébrase , e por todo o alto , decidimos por toda a carne sobre o asador e arriscarnos a preparar este postre , e a verdade mereceu moito a pena , quedou realmente ben , dicímolo todo nos estamos sen avoas .

Que non vos arrede a preparación , parece máis complicado do que realmente é , a explicación é moi detallada para que o resultado sexa o mellor .

Precisaremos para a xenovesa ( biscoito base ) 60 grs de manteiga derretida , algo máis fría para encamisar o molde , 4 ovos grandes ( nos 5 medianos ) 115 de zucre , 115 de fariña e 60 grs de cacao ( 30 de cacao e 30 de fariña de algarroba ) .


Precisaremos para a mousse 150 grs de zucre , 3 ovos ( separadas as claras das xemas ) e 3 xemas , unha cullerada de cacao en pó ( no noso caso fariña de algarroba ) , 200ml de tona , 100grs de manteiga en dados , 250 grs de chocolate amargo cun 70 % de cacao ( picado ) e unha cullerada dun licor .

Para preparar a xenovesa comezaremos prequentando o forno a 170º e untando de manteiga un molde de 23 cm , o fondo o forramos de papel sulfurizado . Este molde ten que ser do que se lle desmonta o aro .
Derretemos a manteiga e a deixamos arrefriar un pouco , namentres batemos os ovos xunto co zucre coas varillas , temos que facer que tripliquen o seu volumen para que queden moi aireados . Engadimos con coidado a fariña e o cacao coa a axuda dunha espatula , con movementos envolventes de abaixo a arriba misturamos ben , seguidamente incorporamos a manteiga co mesmo procedemento .

Vertemos a masa no molde e forneamos a media altura durante vinte minutos . Deixámolo arrefriar enriba dunha rexilla antes de desmoldalo . Limpamos o molde e forramos o aro con papel de fornear , introducimos novamente a xenovesa logo de ter igualado cun coitelo a altura da mesma .

Agora poñémonos coa mousse , nun cazo introducimos 50 grs de zucre , as 6 xemas , o cacao , e a tona , poñémolo ao baño María e removemos até que espese , cando xa teñamos unha crema retiramos o cazo do fogo e lle engadimos aos poucos a manteiga , o chocolate e o licor . Misturamos ben todo . Batemos as claras co resto do zucre e as incorporamos a crema .



Vertemos a mousse sobre a xenovesa e enfriamos toda a noite na neveira antes de desmoldar .

Para decorar usamos fariña de algarroba e virutillas " made in feitas na casa " de chocolate .

Para nos foi moi doado facela , seguramente para vos tamén , era o noso reto particular e quedamos moi contentos co resultado , será unha sobremesa para repetir e para compartir .

Feliz Ano para todos aínda que sexa a estas alturas .

2 comentários:

  1. Por iso estabades tan desaparecidos, argallando esta marabilla. Dan ganas de collela da pantalla e comela toda. Ten que estar tan boa...
    Biquiños e benvidos de novo

    ResponderExcluir
  2. Moitas grazas Caldebarcos , o primeiro comentario do ano e coma sempre unha das primeiras en vernos .

    Anímate porque non está boa está que te ca*** , a textura é estupenda e o sabor nin te conto .

    Xa nos contarás se te animas .

    Bicos guapa

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal