24/02/2010

CHEGAMOS POLOS PELOS . SORTEO NO BLOGUE A MI LO QUE ME GUSTA ES COCINAR

Case , case ,...Trabucámonos de día e pensabamos que remataba o sorteo o venres , menos mal que nos dimos unha volta polo noso escritorio e estaba o aviso de " úlitma oportunidade !!!! " .

A mí lo que me gusta es cocinar celebra o seu terceiro aniversario con este sorteo , o requisito fundamental é facer unha receita con laranxas como ingredente principal , así que aproveitando o sorteo , esas laranxas que venden no Mercadona a tan bó precio e que nos encantan decidimos participar .

Esta receita é moi sinxela precisamos unha laranxa por persoa , anchoas en aceite , queixo , aceite virxe extra e vinagre de Módena .

Primeiramente cortaremos e pelaremos ao " vivo " as laranxas , é dicer , quitándolle toda a tona branca e deixando os gaxos limpos de telillas , seguidamente poremos as anchoas en tiras e picaremos o queixo , doado non ?

.

Queda a montaxe e o aliñado , que o deixamos ao voso gosto , na ensalada da foto as nosas laranxas tapan o queixo cortado en lascas que está no fondo do prato , se está en dadiños quizais queda mellor por riba .


PARABÉNS !!!!!

4 comentários:

  1. Mais doado imposible, e por descontado que penso probar a receita. Gustoume e moito.

    bicos rula :)

    ResponderExcluir
  2. Qué rico!!!! me encanta la combinación de naranjas con anchoas! Lo probaré.
    Muchos besos, guapa

    ResponderExcluir
  3. Me encantan esas combinacións de doce e salgado, vese moi saboroso.

    Bicos

    ResponderExcluir
  4. Sí Merchi , doado é un rato XD , pero góstanos tanto que decidimos poñéla igual ,ademáis permite moitas combinacións , só hai que darlle a imaxinación .

    Anímate MaryLou es espectacular el contraste , no defrauda .

    E o mesmo decimos Rakelilla , doado e rico que máis se pode pedir .

    Bicos para as tres .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal