Son as nosas , as vosas , as de calquera que toma as rendas da sua vida . Nos queremos que a nosa historia comece así.
INTENCIÓNS
Encheremos as velas
c´a luz náufraga da madrugada
Pendurando en dous puntos cardinaes
a randeeira esguía
d’ o pailebote branco.
C’ as suas mans loiras
acenan mil adeuses as estrelas.
Inventaremos frustradas descubertas
a barlovento d’ os horizontes
pra acelerar os abolidos corazóns
d’ os nosos veleiros defraudados.
Halaremos polo chicote
d’ un meridián innumerado
N’ a illa anónima
de cada singladura
esculcaremos o remorso d' a cidade
Ela noitamula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d' os Ventos d' o noso corazón.
Encadearemos adeuses d’ escuma
pra tódalas prayas perdidas
Xuntaremos cuardernos en branco
d' a novela errante d' o vento
Pescaremos n' a rede d' os atlas
ronseles de Simbad
E cazaremos a vela
sobre o torso rebelde d' as tormentas
pra trincar a escota d’ unha ilusión.
Manuel Antonio , " De catro a catro " , 1926
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Unha pizca de sal