12/12/2008

PATACAS Á IMPORTANCIA


Este prato traenos lembranzas da nenez , cando a nai dixo un día que o ía facer , e pensar que nos sonou a chino esa maneira de chamar a unhas patacas , agora danos a risa só de pensalo e ese día estabamos expectantes non sabendo que nos iamos atopar na mesa a hora do xantar . Arguiñano comezaba sobrevoar as nosas casas e nada voltaría ser igual , nen unhas simples patacas .

Precisaremos para elaboralo sobre un kilo de patacas ( a ollo , non teñen que ir pesadas ) , un par de cebolas , un pemento verde grande , un pemento vermello , 4 ou 5 tomates maduriños , un par de ovos , fariña e aceite .

Comezaremos pelando as patacas e cortandoas en rodaxas , ou toros como dicía a miña avoa , que teñan un dedo de grosor , pasarémolas por fariña e logo por ovo batido sseguidamente fritirémolas .

Por outra banda picaremos ben miudiño o allo , as cebolas e os pementos e faremos un sofrito con todo , cando xa esteñan as verduras listas engadirémoslles o tomate raiado e deixaremos que coza todo xunto uns cinco minutos .

Nunha fonte que poda ir ao forno colocaremos as patacas e lle engadiremos por enriba o sofrito , meteremos a fonte no forno a uns 200· C , e deixaremos que o mollo se seque un pouco , sobre uns 10 minutos .

Xa están listas para degustar , este prato acompañado dunha boa ensalada variada ten moito fundamento , e fai unha comida moi farturenta .

Que vos preste .

2 comentários:

  1. ola... esto vai vento en popa!!... e é que tiña que ser así..., a verdade e que fixestes un espazo cunha mestura inmellorabel, o padal e a mente... o bo comer (so de ver as receitas eu xa collo peso) e o bo pensar... nun tempo onde case todo e "light", o un e o outro, é de agradecer un lugariño coma este, onde se come ben e se pensa mellor... asi que pola miña parte: Bravo!!

    ResponderExcluir
  2. Graciñas guapa polos teus ánimos !!! , parece que sí , que vai collendo forma , por certo , fáltasme ti na foto e que apareceras si que sería de agradecer.

    Bicos

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal