31/07/2009

DOUS NOVOS SITIOS ESPECIAIS



Se vos fixachedes na barra lateral dereita incorporamos dous novos Sítios especiais , un deles é o blog dunha compañeira reposteira de Cee , que nos coñeceu pescudando na Rede , gostámoslle e fíxose seguidora nosa , nos correspondémoslle poñendo un enlace para a sua páxina , pareceunos moi boa , e facéndonos nos tamén seguidores seus ; por certo ten unha torta de mazás en capas que nos sabemos preparar e que está moi boa .


Grazas Caldebarcos , así se fai chamar nos comentarios , e xa sabes que estamos en contacto .

A outra engadega ven do outro lado da raia , Carla Coquenim ten un blog coas maravillas que saen das suas mans , e xa que levamos tempo seguindo o seu traballo pareceunos interesante dala a coñecer a todos vos .

Esperamos que vos gosten estas duas novas aportacións .

2 comentários:

  1. Grazas "Larpeiros" de "cociña poética". Ata se me puxeron os pelos de punta, hehehe.
    Unha curiosidade. Xa coñecíades a elaboración desa tarta? porque a min pareceume, cando menos, diferente.
    Ou é que a fixechedes agora?
    Sexa como sexa a tartiña non ten desperdicio.
    Bicasos

    ResponderExcluir
  2. De nada Caldebarcos , para iso estamos , e sí xa coneciamos a elaboración desa torta xa que por sorte o desgraza tivémola que facer moiiiiiiiiiiiiiitas veces hehehe , cousas da vida , despois da de hoxaldre da miña nai é a que máis nos gosta .

    Bicos para ti de nolos catro .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal