22/07/2009

OVOS RECHEOS


Tanto se fala deses locais que poñen menús a un euro , ou agora o Carrefour ( a lista de productos é digna de ver ) , que a Cociña Poética quixo facélo meior , un menú a menos de 1 euro por persoa . Só tedes que calcular vos o prezo,a nos saenos a menos . Xa contaredes .

Esta receita é para 4 persoas .

Precisaremos 9 ovos ( 0.95 a ducia ) , 2 latiñas de atún ( pack de tres 0.85 ) , 2 culleradas de tomate triturado ( lata 0.65 ) ou 1 tomate raiado , 200ml de aceite de xirasol ( 0.87 litro ) , sal e vinagre .

Sumade a parte proporcional , non o total que xa vos vemos desfasando .

Coceremos 8 ovos , 10 min desde que rompa a ferver a auga . Namentres iremos preparando a maionesa co ovo que deixamos sen cocer,abrirémolo no vaso batidor , se non temos vaso nun recipiente fondo e estreito , por enriba engadiremos o aceite e unha pinguiña de sal , colocamos a batidora toacando o fondo do recipiente e comenzamos a batir sen erguela , cando vexamos que nos sube polos laterais unha crema branca será o momento de mover a batidora , cando esteña emulsionado o ovo e o aceite poderémos engadir o vinagre pouco a pouco , mezclamos e probamos antes de engadir máis .

Partirémos ao longo os ovos fríos e pelados procurando que quede xema nas duas metades , quitarémos a xema e mezclarémola co atún , ben escurrido , e as culleradas de tomate , ligamos un mollo con todo , que nos quede máis ben espeso .

Enchemos con este mollo os oquiños que deixou a xema na clara , ímolos colocando nunha fonte co recheo hacia abaixo e cubrimos coa maionesa . Non nos esquezamos de mantelos na neveira até o momento de servir .

Bó proveito e mellor economía .

PD.: este prato acompañámolo dunha ensalada variada , desas de bolsa ( 0.85 )

2 comentários:

  1. Ola larpeiros. Levo xa unha tempada buscando algún blogue cociñeiro en galego. Por fin o atopo. Noraboa. NOn o repasei ben, pero non dubidei en facerme seguidora.
    Déixovos o enlace do meu, que tamén é en galego.
    http://cachiodoce.blogspot.com/
    Acabo de crealo e aínda ando algo en "obras". Bueno máis ben orientándome.
    Se vós vos denominades larpeiros, non vos digo nada o que son eu, hehehe.
    Un saúdo agarimoso.

    ResponderExcluir
  2. Graciñas Caldebarcos , e somos nos os que temos moitas cousas que aprender de ti , que receitas tan ricas vimos , esperamos poder colaborar e que máis xente se anime a publicar en galego . Nós tamén temos que agradecer o feito de falar galego e de coñecer o castelán :)

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal