15/07/2009

ENSALADA DE XURELOS


Seguímos con esas receitas aforradoras que nos permiten sentirnos como o mellor Adriá ou Tejedor , conxugando alimentos que fan a nosa dieta máis rica e variada , con ese punto de imaxinación digno destes grandes chefs .

O outro día invitáronnos a cear , sí , volo podedes crer , non tivemos que cociñar ... , iso era o que se intentaba pero os xurelos xa estaban no forno , ulindo e pedindo " comeme " . Non iamos ser tan miserentos de tiralos ou de darllos a gata , así que decidimos reservalos para unha mellor ocasión , e esta xurdíu no xantar do día seguinte , coa consabida resaca e as poucas ganas de traballar .

Como diciamos anteriormente , con esa imaxinación que temos digna de Adriá ou Tejedor , decidimos xuntar os fríos xurelos cunhas pataquiñas e así comenzou o lío da ensalada .

Precisaremos entón 4 xurelos asados e xa fríos ou morniños , 5 ou 6 boas patacas , 3 ovos , olivas negras , aceite de oliva virxen extra , ourego , salvia e imaxinación .

Namentres cocen os ovos e as patacas aproveitamos para limpar ben os xurelos , mirando que non leve ningunha espiña , logo trocearemos as patacas e os ovos , e poñerémolo todo xunto nunha fonte co peixe e as olivas , so nos queda aliñar co aceite e as herbas que máis nos gosten neste caso ourego e salvia .

A disfrutar .

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal