03/07/2009

PÉ DE MOLEQUE



Desta quenda vai de postres , e este é brasileiro e ben sinxeliño como todo o que facemos por eiquí , que xa estades fartos das bolachas de manteiga e queredes facer algo diferente e moi enerxético esta é a vosa receita , son viciosas , así que prohibidas para aqueles que sufran remorsos de conciencia cada vez que comen algo fóra do plan .


Precisaremos un litro de leite , mellor fresco e enteiro , 1 kilo de zucre e meio kilo de amendoim sen torrar ( cacahuete).



Queceremos o leite xunto co zucre nunha pota ampla , cando ferva o conxunto subirá unha escuma , teremos que estar removendo todo o tempo para que non se pegue , a escuma subirá e baixará moitas veces até que vexamos que toma cor a mezcla e que cada vez sube menos , chegará un momento no que espesará e comezará a poñerse cor area , é ahí cando lle engadimos os amendoims , mesturamos e facemos pequenos montóns enriba dun papel de forno ou do mármore da cociña previamente engrasado .
Tedes que esperar a que endurezan ou podedes ter queimaduras serias na língoa lambóns .

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Unha pizca de sal