02/09/2009

INTXAURSALSA


Xa de primeiras : absterse pesadores de calorías , esta receita leva moita . Logo se sobra algún kilo de eiquí ou daló non nos pidades contas .

Está é unha sobremesa vasca , tipica do Nadal , pero eiquí na Poética non lle facemos prexuízos e a rematamos de facer , como o seu nome indica é cremosa e podes alixeirala ou non segundo o gosto de cada quen ; por non variar nos fixémola coma se fosen natillas , que para iso nos estamos pasando todo o vran metidos na auga facendo longos .

É ben doadíña de facer e precisa moi pouco material , un pauíño de canela , unha tona de limón , 190 grs de noces ( intxaur é noz en euscaro ) , 150 grs de zucre e 750 ml de leite , nos fresco e enteiro .

No morteiro machacamos as noces , leva o seu tempo , podese facer no moedor de café pero desta maneira solta mellor o aceite que ten , namentres poñemos a quecer o leite coa canela ea tona do limón , deixamos que ferva e se aromatice . cando teñamos as noces ben machacadas engadímolas ao leite co zucre , fora do lume , e remexemos ben até que quede todo ligado , poñemos entón a pota enriba do lume e deixámola cocer uns 30 min a fogo maino , imos remexendo aos poucos para que non se agarre ao fundo .

De nos depende que a deixemos máis espesa ou máis solta , canto máis cozamos máis espesa quedará .

Ben larpeiros xa contaredes , por eiquí dámoslle un : Repetir .

P.D. : podédela pasar polo chino , nos deixamola sen pasar para que se lle notáse os pedaciños de noz que quedaron máis enteiros .

P.D. 2 : algún parente vasco debía ter quen argallou o Pé de moleque

4 comentários:

  1. Esas calorías non son das peores. O Omega 3 que ten as noces é boísimo. Xa compensa as calorías, tódolos cardiólogos recomendan noces, hehehe

    ResponderExcluir
  2. Hehehe , sí que compensa , aos Poetiños encantanlles @s froit@s sec@s , comen a puñados e máis que haxa , aos pais tamén , hehehe de casta lles ven .

    Os nosos corazonciños rebosan Omegas 3 de amor hehehe.

    ResponderExcluir
  3. Acabo de recordalle a o meu parente a suas raices culinarias e por riba é un forofo das noces. ¡Qué delicia!!! Malo será que non poidamos coas calorías...Un muxiño.

    ResponderExcluir
  4. Non me digas que a maiores de compartir o gosto pola ciciña temos ascendencia vasca na família hehehe, como somos .

    ResponderExcluir

Unha pizca de sal