31/07/2009

DOUS NOVOS SITIOS ESPECIAIS



Se vos fixachedes na barra lateral dereita incorporamos dous novos Sítios especiais , un deles é o blog dunha compañeira reposteira de Cee , que nos coñeceu pescudando na Rede , gostámoslle e fíxose seguidora nosa , nos correspondémoslle poñendo un enlace para a sua páxina , pareceunos moi boa , e facéndonos nos tamén seguidores seus ; por certo ten unha torta de mazás en capas que nos sabemos preparar e que está moi boa .


Grazas Caldebarcos , así se fai chamar nos comentarios , e xa sabes que estamos en contacto .

A outra engadega ven do outro lado da raia , Carla Coquenim ten un blog coas maravillas que saen das suas mans , e xa que levamos tempo seguindo o seu traballo pareceunos interesante dala a coñecer a todos vos .

Esperamos que vos gosten estas duas novas aportacións .

22/07/2009

OVOS RECHEOS


Tanto se fala deses locais que poñen menús a un euro , ou agora o Carrefour ( a lista de productos é digna de ver ) , que a Cociña Poética quixo facélo meior , un menú a menos de 1 euro por persoa . Só tedes que calcular vos o prezo,a nos saenos a menos . Xa contaredes .

Esta receita é para 4 persoas .

Precisaremos 9 ovos ( 0.95 a ducia ) , 2 latiñas de atún ( pack de tres 0.85 ) , 2 culleradas de tomate triturado ( lata 0.65 ) ou 1 tomate raiado , 200ml de aceite de xirasol ( 0.87 litro ) , sal e vinagre .

Sumade a parte proporcional , non o total que xa vos vemos desfasando .

Coceremos 8 ovos , 10 min desde que rompa a ferver a auga . Namentres iremos preparando a maionesa co ovo que deixamos sen cocer,abrirémolo no vaso batidor , se non temos vaso nun recipiente fondo e estreito , por enriba engadiremos o aceite e unha pinguiña de sal , colocamos a batidora toacando o fondo do recipiente e comenzamos a batir sen erguela , cando vexamos que nos sube polos laterais unha crema branca será o momento de mover a batidora , cando esteña emulsionado o ovo e o aceite poderémos engadir o vinagre pouco a pouco , mezclamos e probamos antes de engadir máis .

Partirémos ao longo os ovos fríos e pelados procurando que quede xema nas duas metades , quitarémos a xema e mezclarémola co atún , ben escurrido , e as culleradas de tomate , ligamos un mollo con todo , que nos quede máis ben espeso .

Enchemos con este mollo os oquiños que deixou a xema na clara , ímolos colocando nunha fonte co recheo hacia abaixo e cubrimos coa maionesa . Non nos esquezamos de mantelos na neveira até o momento de servir .

Bó proveito e mellor economía .

PD.: este prato acompañámolo dunha ensalada variada , desas de bolsa ( 0.85 )

15/07/2009

ENSALADA DE XURELOS


Seguímos con esas receitas aforradoras que nos permiten sentirnos como o mellor Adriá ou Tejedor , conxugando alimentos que fan a nosa dieta máis rica e variada , con ese punto de imaxinación digno destes grandes chefs .

O outro día invitáronnos a cear , sí , volo podedes crer , non tivemos que cociñar ... , iso era o que se intentaba pero os xurelos xa estaban no forno , ulindo e pedindo " comeme " . Non iamos ser tan miserentos de tiralos ou de darllos a gata , así que decidimos reservalos para unha mellor ocasión , e esta xurdíu no xantar do día seguinte , coa consabida resaca e as poucas ganas de traballar .

Como diciamos anteriormente , con esa imaxinación que temos digna de Adriá ou Tejedor , decidimos xuntar os fríos xurelos cunhas pataquiñas e así comenzou o lío da ensalada .

Precisaremos entón 4 xurelos asados e xa fríos ou morniños , 5 ou 6 boas patacas , 3 ovos , olivas negras , aceite de oliva virxen extra , ourego , salvia e imaxinación .

Namentres cocen os ovos e as patacas aproveitamos para limpar ben os xurelos , mirando que non leve ningunha espiña , logo trocearemos as patacas e os ovos , e poñerémolo todo xunto nunha fonte co peixe e as olivas , so nos queda aliñar co aceite e as herbas que máis nos gosten neste caso ourego e salvia .

A disfrutar .

07/07/2009

PATACAS A RIOXANA


A petición popular e por ampla maioría decidimos facer esta receita , xa que con esta tempo chuvioso e tristeiro o corpo merece que lle demos unha festa culinaria , verdade Pacif ? Para quen non saiba quen é Pacif diremos que é un grande admirador do noso blog , e nos del .

Dandonos todos por apresentados centrémonos nos ingredentes : 1 kilo de patacas , como non , 4 chourizos frescos , 1 ceboliña grande do pais , 4 dentes de allo , e aceite de oliva virxen extra , ai! Carliños que ben ensinados nos tes , referímonos ao Arguiñano . Até aquí os ingredentes da receita tradicional que nos aderezaremos con meio pemento vermello e meio verde , para darlle máis fundamento ao asunto .

Comezaremos poñendo a dourar os allos ben fileteados , cando tomen cor engadimos a cebola moi picadiña e deixámola pochar , seguidamente os pementos tamén ben picadiños . Cando todo o conxunto esteña ben pochado engadimos os chourizos cortados en catro partes cada un e deixamos que o mollo colla cor ; este será o momento de engadir as patacas triscadas , darémoslles unha volta pora douralas un pouco e as cubrirémolas de auga , cando comence a ferver baixaremos o lume e deixamos que se fagan lentamente .

Só nos resta limpar a babiña que nos cae oa ulir o arrecendo deste apetitoso e baratiño guiso , non vai ser o demo que nos caia dentro .

05/07/2009

POMBIÑAS DE MILLO


Cantas veces os nosos Poetiños nos piden Pombiñas , ou cantas veces apetécennos cando imos tumbarnos a ver esa peli do DVD , se temos micro en 3 -4 minutos están feitas pero se non , canto tardariamos en facelas se estamos de antollo ?

Na Cociña Poética facemos moitas veces as pombiñas , tanto para os nosos Poetiños como para nos , pero nunca se nos deu por calcularlle o tempo , e hoxe como tiñamos a tarde libre decidimos facer a proba , e foron 5 minutos entre abrir o paquete , poñer o aceite na pota e que se remataran de facer , non esta mal .

Así que se vos animades precisaredes un paquete de grao de millo , aceite e sal .

Poñeremos na pota ( do tamaño que queramos ) unha cullerada de aceite , cando esteña quente cubrimos o fondo cos graos de millo e tapamos , nun momentiño escoitaremos un pequeno POP ! , xa están comezando a abrir , neste momento temos que comezar a menear a pota , sacudímola espaciadamente para que as pombiñas que xa abriron non se nos peguen no fondo , haberá un momento " bombas de palenque " , que será cando se poñan a estoupar todas , e logo baixará a intensidade , deixámolas un pouquiño máis até que vexamos moi espaciados os POP! ; tede conta co lume , non o poñades moi alto que queimaría os graos antes de que abrisen .

Xa só nos queda servílas e engadírlles sal , zucre , pementa , ... O que máis nos chiste .

03/07/2009

PÉ DE MOLEQUE



Desta quenda vai de postres , e este é brasileiro e ben sinxeliño como todo o que facemos por eiquí , que xa estades fartos das bolachas de manteiga e queredes facer algo diferente e moi enerxético esta é a vosa receita , son viciosas , así que prohibidas para aqueles que sufran remorsos de conciencia cada vez que comen algo fóra do plan .


Precisaremos un litro de leite , mellor fresco e enteiro , 1 kilo de zucre e meio kilo de amendoim sen torrar ( cacahuete).



Queceremos o leite xunto co zucre nunha pota ampla , cando ferva o conxunto subirá unha escuma , teremos que estar removendo todo o tempo para que non se pegue , a escuma subirá e baixará moitas veces até que vexamos que toma cor a mezcla e que cada vez sube menos , chegará un momento no que espesará e comezará a poñerse cor area , é ahí cando lle engadimos os amendoims , mesturamos e facemos pequenos montóns enriba dun papel de forno ou do mármore da cociña previamente engrasado .
Tedes que esperar a que endurezan ou podedes ter queimaduras serias na língoa lambóns .

CAFÉ SÓ ?

Cantas veces temos invitados na casa e non sabemos que ofrecerlles despois do xantar , ou ven algún amigo a facer unha visita e píllanos coa despensa baleira , ás veces o máis sinxelo é no que menos pensamos .

En que casa non hai café , aínda que sexa solubel , só temos que "adornalo" un pouco e xa teremos unha boa sobremesa ou un bó "algo"con que convidar a ese amigo inesperado .



Co café sempre combinan moi ben as especias , así a canela e a noz moscada daranlle un toque exótico , para os máis ousados o cravo de olor ou a pementa . Podemos engadirllas no meio do café moido , ou directamente na taza .

Tamén están as esencias para cociñar , non confundir coas de cosmética ou aromaterápia , poden ser de améndoa , avelá , anís , vainilla ... Temos moitas para probar .




E non nos podiamos esquecer do Cacao puro , un dos mellores aliados do café , que ten unha das suas mellores combinacións no Capuccino .





Como podedes comprobar o café admite moitas combinacións . E se a un destes cafés nosos tan especiais o acompañamos dunhas onzas de chocolate ( non sempre se teñen bombóns na casa ) , uns froit@s sec@s ou algunha froita fresca pequena ( uvas , pedaciños de sandía ou melón , cereixas ...) , non digades que non vos vai apetecendo .

Agora non poderedes decir que só tedes un café que ofrecernos .