30/01/2010

IMOS DE FESTA CO BBD





Para este mes o reto do BBD é facer un pan de festa , unha desas masa que fas para un día especial , quen o propón é Jamie de Life's a Feast . Parécenos unha idea moi interesante , xa que se ben forneamos pan todas as semáns tendemos a repetir a mesma masa sempre , porque nos gosta esa combinación de sabores , e só en momentos especiais cambiamos a receita .

Desta vez decidimos facer un pan de especias , a receita sacámola do blog de María Lunarillos Tartas Provocativas , se non coñecedes o seu blogue merece moito a pena , xa que decora as tortas dunha maneira espectacular .

Para o reto do BBD pareceunos que o Pain d'epices era unha receita adecuada , con ese toque oriental que tanto nos gosta .

Precisaremos 175 grs de fariña , 1 culleradiña de café de mistura de catro especias ( noz moscada , canela , cravo e pementa ) , 1/2 culleradiña de xenxibre en pó , 1/2 de bicarbonato e 1 ovo . Todo isto o misturaremos até que queden unhas faragullas .

Por outra banda derreteremos nun cazo 50 grs de manteiga e o misturaremos con 75 grs de zucre , 175 grs de mel ,e 90 grs de3 leite .






Xuntamos as duas preparacións e vertemola nun molde ao forno a 170º 15 minutos e seguidasmente baixamolo a 160º durante 25 minutos .

Xa temos un rico e diferente pan para agasallar ou convidar a alguén moi querido .




Agora o texto en Francés , é unha norma do reto :


Pour ce mois le défi du BBD est de faire un pain de fête, une de celles-là masse que tu fais pour un jour spécial, qui le propose est Jamie de Life's la Feast. Nous semble une idée très intéressante, puisque bien que forneamos pain toutes les semáns nous tendons à répéter la même masse toujours, parce que cette combinaison de goûts nous plaît, et seulement en moments spéciaux nous changeons l'ordonnance.

De cette fois nous décidons de faire un pain d'épices, l'ordonnance nous la prenons du blog de María Lunarillos Tartas Provocativas, si vous ne connaissez pas son blogue vaut beaucoup la peine, puisque il décore les gâteaux d'une manière spectaculaire.

Pour le défi du BBD il nous a semblé que le Pain d'epices était une ordonnance adéquate, avec ce coup oriental que nous plaît tant.

Nous préciserons 175 grs de farine, 1 culleradiña de café de mélange de quatre épices (noix de muscade, cannelle, clou et poivron), 1/2 culleradiña de gingembre en , 1/2 de bicarbonate et 1 oeuf. Tout ceci le misturaremos même qu'il reste des miettes.

Par une autre bande nous fondrons dans une louche 50 grs de graisse et le misturaremos avec 75 grs de zucre, 175 grs de miel ,e 90 grs de 3 lait.


Nous les duas unissons des préparations et du vertemola dans un moule au four à 170º 15 minutes et du seguidasmente baixamolo à 160e pendant 25 minutes.

Nous avons déjà un riche et différent pain pour traiter avec prévenance ou inviter quelqu'un de très aimé.

CONTAMOS UN CONTO ?


Moitas veces cremos que xa estamos maiores para iso , que son cousas de nenos , xa non lembramos a fascinación que nos producían e o que non nos damos conta e que as nosas novelas son contos " de maiores " .
Quedamos abraiados cando escoitamos a alguén contar unha boa história , recreámonos nos seus xestos e modo de falar , pero seguimos pensando que os contos son para nenos .

A nos encántanos o xénero dos contos , somos coleccionistas de literatura infantil , pero tamén mercamos contos para " adultos " , poñemos as aspas xa que non cremos na idade dos libros , senón da madurez da persoa que os lé , independentemente dos anos que teña .

A nosa útima adquisición foi un agasallo que nos fixo Karlotti , que nos trouxo un libro precioso : " El niño que dibujaba gatos " de Lafcadio Hearn ( Ediciones Del Viento ) . Se vos gustan os contos e a temática " oriental " estades ante o voso libro e se sodes dos que non entendedes o dos contos para maiores tamén volo recomendamos .

" Hace tiempo , vivió en Yedo un homdre de alto linaje y conversación honesta . Su esposa era una dama muy agradable y cariñosa ...una hija , a la cual llamaron O'Yoné , que traducido significa " arroz en la oreja "...Y la criatura creció blanca y colorada como una manzana ; derecha y esbelta como el bambú verde . "

É dunha poesía espectacular , esperamos que vos animedes .

O QUE PUIDO TER SIDO E NON FOI : BRAZO DE ROIBOOS



Hehehehe o que son as casualidades , Hilmar de Mis Recetas Favoritas acaba de facer unha entrada de Brazo de gitano de té Matcha e nos levabamos tempo dándolle voltas a receita , así que fai uns días fixémolo , e a falta de té matcha tiñamos Roiboos , si xa sabemos que té como tal non é pero ten un sabor boísimo , así que non nolo podiamos crer cando vimos que tiveramos a mesma idea , a nosa tuneada .

É unha recita moi sinxeliña pero como xa tiveramos algún percance co biscoito do brazo estabamos un pouco a velas vir . Esta sobremesa é orixinal de Carlos Valencia , mestre reposteiro onde os haxa , que fai unhas elaboracións impresionantes pero o mellor son as indicacións que dá do paso a paso , fai un mapa da ruta moi didáctico . A sua páxina non desmerece nada .



Precisaremos para a prancha de biscoito 210 grs de ovos ( uns 3 grandes ) , 105 grs de fariña , 105 grs de zucre e unha culleradiña colmada de té , neste caso roiboos .

E para a crema de laranxa , que foi co que o recheamos , 150 grs de zume de laranxa , a tona rilada de tres pezas , 225 grs de zucre , 360 grs de ovo , e 150 grs de manteiga fría cortada en dados .

Para comezar co biscoito montamos os ovos co zucre até que tripliquen o volume , cando os teñamos listos engadimos a fariña tamizada e mailo té , misturamos todo cunha espátula evitando que perda moito aire . Nos usamos a própria placa do forno como molde , forrada de papel de forno . Cocémolo nin 5 minutos a 220º .

Sacámolo e dámoslle a volta sobre un trapo húmido, quitamos o papel con coidado e procedemos a facer un rulo usando o trapo desta maneira paraemos a cocción e será moito máis manexable . Reservamos namentres facemos a crema .

Na picadora misturamos todos os ingredentes e poñémolos ao baño María para que espese a crema .

Só nos resta montar , desenrolamos o rulo e colocamos a parte máis bonita hacia abaixo para que sexa a que nos quede á vista , poñemos a crema po riba deixando unha marxe aos lados e nos extremos , enrolamos paseniñamente tendo coidado para que non se nos desborde a crema .




Falta a receita da cobertura , está desaparecida e non sabemos se dará sinais de vida , decidiu acompañar a outra sobremesa que non sexa esta , prometemos editala en canto teñamos noticias dela .

Non está demáis calar o bicoito con algún almíbar ou licor para que resulte máis xugoso .

29/01/2010

SAN VALENTÍN DIFERENTE




O noso amigo Anil , do Restaurante Da India de A Coruña , pidenos que publicitemos esta nova e ante unha cousa tan bonita non nos podemos negar . Pode ser un xeito diferente de pasar o día , ou a noite , esperamos que vos goste e vos podades achegar :



Ven a celebrar San Valentin en el Restaurante Hindu "Da India" (en A Coruña), el 14 de Febrero de 2010,

y disfruta de la alegria, magia y diversion de la DANZA BOLLYWOOD, y la sensual, elegante y mistica DANZA ORIENTAL, con la actuacion de VANESSA LAKSHMI al mediodia (a partir de las 14 horas) y a la noche (a partir de las 22 horas).

Reserva de mesas en el telefono: 981 169 404.

Restaurante hindu “Da India”

C/ Puerto Rico, nº 2 bajo (detras de la estacion de trenes)

A Coruña

Telef. 981 169 404



26/01/2010

O NOSO PRIMEIRO PREMIO : QUE ILUSIÓN


Pois iso que Hilmar de Mis recetas favoritas concedeunos o premio Happy a nos xunto con cinco blogues máis , e a verdade é que nos fai moita ilusión , parecenos un detalle moi fermoso contar connosco coa cantidade de blogues amigos que ten , e sobre é un halago moi grande que veña dunha tan boa cociñeira .

O premio ven acompañado dun xogo que é reponder a unha sinxela pregunta : decir cales son as seis cousas que consideras máis importantes . E a verdade é que nos parece unha moi boa pregunta para coñecernos un pouco máis .

No noso caso serían :

A nosa pequena familia , o seu cariño , o seu amor , as miradas , as apertas , ... ,

a saude , sen ela falla moito do resto ,

os amigos , eses que están presentes cando verdadeiramente os precisas ,

os soños , esas ilusóns que nos permiten encarar odía a día con animo ,

o sorriso aberto e sinceiro dun descoñecido , que abre as portas doutra vida na tua e te achega a mundos descoñecidos ,

o presente , porque sen el non temos futuro e nel somos o que somos .

Nos entregamos o premio a Merchi de Con sabor a Canela polos seus sempre doces comentarios ; a Tartasacher de Mil postres porque todos os días aprendemos un pouquiño máis con ela ; a Carla Coquenim de Cozy handmade , adoramos o seu traballo ; a Ana de Hadas en la cocina porque nos temos dous duendecillos na casa ; a Laura de Tentaciones , porque o seu blogue é unha tentación sempre e por último a Cristina de Kanela y Limón por todas esas receitas tan boas .

Moitas grazas Hilmar outra vez sentímonos moi honrados .

25/01/2010

PASTEL DE PAN




Este mes non pensabamos participar no evento de Hemc máis ao comezar a escribir as entradas vimos que estabamos en tempo e de que tiñamos unha receita que se adecuaba ao que pedían , así que , por que non ? . Esta vez a anfitriona é Wivith do blogue Cuchuflitos , e decidíu que debiamos facer unha receita con sobras , cando o limos pareceunos unha idea boísima , xa que nas datas nas que nos atopabamos daban pé a reutilizar as cantidades inxentes de comida que non se comeron .

Na nosa casa sobrou pan , moito pan e cando iso sucede non se tira senón que se fai este postre que nos sabe a gloria .

Decirvos que as medidas son un pouco a ollimetro , xa que dependen do seco que esteña o pan e da cantidade que usemos .

Nun principio precisaremos unha barra de pan , un litro de leite , 8 ovos , 500grs de zucre , un puñado de figos , pasas , orellóns ... ( o que teñamos a man ) , fariña a que admita , para decorar un pouco máis de zucre , améndoas fileteadas , sementes de mapoula e coco rillado .

Ablandaremos o pan co leite tépedo , e coa axuda da batidora misturaremos todos os ingredentes excepto, as froitas e a fariña , está irémola engadindo aos poucos até que consigamos a textura dunha crema espesa , como se fora un biscoito . Cando a teñamos preparada engadimos as froitas enfariñadas para que non se nos vaian ao fondo .

Verteremos a mistura nun molde e decotaremos coas améndoas , o coco e a mapoula e por riba poremos unha boa capa de zucre . Ao forno 45 minutos a 180º .

XABÓNS , XABÓNS E MÁIS XABÓNS



Esta é parte da nosa producción para os agasallos de Reises , usamos a receita básica de aceite de oliva , sosa e auga , hai moitos sítios pola rede onde poder aprender , iremos poñendo pouco a pouco cales son os nosos referentes , e cales son as receitas que estamos probando .





Os de cor salmón levan pementón da Vera , os da fileira do meio son de aceite usado e os da terceira fileira son de leite de coco e aceite de coco , os da parte alta da foto , que parece que teñen xoroba son con cúrcuma e lufa , esa esponxa natural que parece un esquelete de verme .









Aquí os tedes vestidiños , para que luciran bonitos .

ROSQUILLAS DA MIÑA NAI


Estas son un dos grandes recordos da nosa nenez , as rosquillas que se preparaban na casa . E a nai batendo e batendo nas claras para que quedaran ben espesas e as veces axudando nos nesa tarefa ardua e laboriosa , tamén lembramos os seus gritos : " Que facedes ?!!! " , cando nos escoitaba abrir paseniñamente a neveira para coller unha antes de que endurecesen as claras montadas . Dela vennos o amor a cociña e a unha boa mesa , sen prestensión só con bos productos da terra e do mar , do máis sinxelo xurden as mellores ideas .

Nai sempre serás a nosa fonte de inspiración , non o esquezas nunca , eres a nosa rocha onde apoiarnos e o noso exemplo : Querémoste .

Vai por ela esta receita e por todas a nais que fan esas pequenas miragres diarias nas suas cociñas . Bicos para todas e os nosos respetos .

As medidas van en función dos ovos que usemos , así que podemos adaptala aos recursos que teñamos en casa , serán pois 8 ovos ( usaremos 5 enteiros e tres xemas ) , 8 culleradas de aceite usado , 8 de anís , 8 de zucre , e un pouco máis para montar as claras , e un sobre de fermento para repostería . Fariña a que admita , para que nos quede unha masa lisa e que non se nos pegue as mans .

Teremos preparado de antemán o aceite , nos para apurar o proceso só preparamos a cantidade que precisamos , dourando nel un trozo de tona de laranxa ou limón . Podedes usar o de fritir as patacas pero está moito máis rico coa laranxa .


Misturamos todos os ingredentes e imos engadindo aos poucos a fariña necesaria , non precisa deixala repousar , podemos pornos a traballar con ela no momento . Quentamos nunha pota fonda aceite para fritilas .

Cando esteñan todas ben douradas montamos as claras co zucre e botámosllo por riba .

XENOVESA DE CHOCOLATE



Comezamos o ano moi atarefados , tanto que non nos deu tempo a publicar nada , visitamos algún blogue de pasada e contestamos algún correo , foi unha boa maneira de inaugurar este 2010 , que sexan todos así : activos e con moitas expectativas .

Temos unha chea de receitas aparcadas esperando sair a luz , así que imos comezar por orden para que as cousas vaian paseniñamente e sen atrancos .

A primeira deste ano vai ser a Xenovesa de chocolate , xa que rematamos o ano e comezamos o novo realizándoa , esperamos que disfrutedes con ela tanto como disfrutamos nos .

Cada vez que viamos esta receita en " Hornear pan , pastas y pasteles " de Dan Lepard e Richard Whittington diciamos que había que facela , pero ten un paso a paso que nos parecía complexo , e iso botabanos para atrás coa práctica nada máis lonxe da realidade . O resultado era espectacular pero non sabiamos se seriamos capaces de realizalo tan ben . Co gallo do 1º de ano , que nesta casa celébrase , e por todo o alto , decidimos por toda a carne sobre o asador e arriscarnos a preparar este postre , e a verdade mereceu moito a pena , quedou realmente ben , dicímolo todo nos estamos sen avoas .

Que non vos arrede a preparación , parece máis complicado do que realmente é , a explicación é moi detallada para que o resultado sexa o mellor .

Precisaremos para a xenovesa ( biscoito base ) 60 grs de manteiga derretida , algo máis fría para encamisar o molde , 4 ovos grandes ( nos 5 medianos ) 115 de zucre , 115 de fariña e 60 grs de cacao ( 30 de cacao e 30 de fariña de algarroba ) .


Precisaremos para a mousse 150 grs de zucre , 3 ovos ( separadas as claras das xemas ) e 3 xemas , unha cullerada de cacao en pó ( no noso caso fariña de algarroba ) , 200ml de tona , 100grs de manteiga en dados , 250 grs de chocolate amargo cun 70 % de cacao ( picado ) e unha cullerada dun licor .

Para preparar a xenovesa comezaremos prequentando o forno a 170º e untando de manteiga un molde de 23 cm , o fondo o forramos de papel sulfurizado . Este molde ten que ser do que se lle desmonta o aro .
Derretemos a manteiga e a deixamos arrefriar un pouco , namentres batemos os ovos xunto co zucre coas varillas , temos que facer que tripliquen o seu volumen para que queden moi aireados . Engadimos con coidado a fariña e o cacao coa a axuda dunha espatula , con movementos envolventes de abaixo a arriba misturamos ben , seguidamente incorporamos a manteiga co mesmo procedemento .

Vertemos a masa no molde e forneamos a media altura durante vinte minutos . Deixámolo arrefriar enriba dunha rexilla antes de desmoldalo . Limpamos o molde e forramos o aro con papel de fornear , introducimos novamente a xenovesa logo de ter igualado cun coitelo a altura da mesma .

Agora poñémonos coa mousse , nun cazo introducimos 50 grs de zucre , as 6 xemas , o cacao , e a tona , poñémolo ao baño María e removemos até que espese , cando xa teñamos unha crema retiramos o cazo do fogo e lle engadimos aos poucos a manteiga , o chocolate e o licor . Misturamos ben todo . Batemos as claras co resto do zucre e as incorporamos a crema .



Vertemos a mousse sobre a xenovesa e enfriamos toda a noite na neveira antes de desmoldar .

Para decorar usamos fariña de algarroba e virutillas " made in feitas na casa " de chocolate .

Para nos foi moi doado facela , seguramente para vos tamén , era o noso reto particular e quedamos moi contentos co resultado , será unha sobremesa para repetir e para compartir .

Feliz Ano para todos aínda que sexa a estas alturas .