26/09/2009



Eiquí está o verán dando os seus últimos coletazos , e nos a tras del seguindo o seu calor .

11/09/2009

A TRIPLA BÁSICA


Esta é para nos un dos eixos fundamentais da cociña do aproveitamento , todo serve nadase tira . Somos de culler , de sopas , caldos , fabadas , encántannos e abusamos , sempre temos a man no coxelador preparacións destas para que nos sexa doado facer unha comida rica , esperamos que vos tamén abusedes da Tripla Básica .

Comezaremos por mercar verduras : cabaza , repolo , cenouras , cebolas , apio , porros , acelgas, o que se nos apeteza , cebola e unha pataca é algo que nos lles engadimos sempre ( a pataca fai que a crema espese ) e allo , un cravo de olor , un par de graos de pementa , unha folla de laurel , aceite e auga .

Picamos as verduras que vaiamos consumir en anacos grandes , o allo miudiño , poñemos na pota unha cullerada de aceite e nela doramos o allo , cando colla cor engadimos o resto das verduras e rmovemos ben , non hai que doralas moito , só nos resta cubrir de auga e deixar cocer durante unha hora , 30 minutos se é na ola rápida .

Agora ben o mellor , contando que nos ten que quedar caldo suficiente non sexamos avaros a hora de engadir auga , entón as verduras podémolas usar par facer unha crema , o caldo para unha sopiña de fideos ou un caldiño limpo , a crema e o caldiño poden levar tropezóns de ovo cocido , pan frito , setas ... Ahí tedes que deixar voar a imaxinación .

Nos cando a facemos poñemos moita cantidade e conxelamos , as verduras nun recipiente cun pouquiño caldo e o caldo noutro .

Este outono pasaremos a famosa crise a base de culler .

07/09/2009

PARTITURA A DUAS MANS

Karlotti dixo un día :

Esta mañana
hice memoria de los trenes de mi vida,
vi los horarios comiendo
las migas del adios,
las ventanillas boquiabiertas
tan fatigadas, tan cansadas
dibujando trayectos en la palma de las manos
de un regreso indescifrable.
Coloquios de los pies hinchados,
billetes dobladitos para siempre,
maletas olvidadas
y maletas como perros sin ojos,
y ligerisimas maletas de tu a tu
con el corazon
de la muerte.
Maletas bultos sacos bolsas paquetes fardos
mondas de besos mondas de citas
cascaras de ausencias
envoltorios de comida amarga
envoltorios de colores arrugados sobre el vacio
mas maletas fardos bultos bolsas sacos
y miradas muchas miradas
volando como peces
como bancos de peces entre las orillas magneticas
de las idas y venidas
puras orillas de mapas infantiles.

E nos dende eiquí lle respostamos :

Esta mañá fixen memória
dos trenes que me quedan por ver chegar,
deses sorrisos que deixarei atras
e desas gargalladas que me chegan ao andén baleiro,
das bágoas e bicos das despedidas,
das apertas e palabras dos reencontros ,
dos amigos esquecidos polas distancias pequenas ,
dos fillos que crecerán e me deixarán, nos deixarán,
dos anos que terei e da vida que deixarei...
Esta mañá fixen memória e lembrei que só son o que serei.

02/09/2009

INTXAURSALSA


Xa de primeiras : absterse pesadores de calorías , esta receita leva moita . Logo se sobra algún kilo de eiquí ou daló non nos pidades contas .

Está é unha sobremesa vasca , tipica do Nadal , pero eiquí na Poética non lle facemos prexuízos e a rematamos de facer , como o seu nome indica é cremosa e podes alixeirala ou non segundo o gosto de cada quen ; por non variar nos fixémola coma se fosen natillas , que para iso nos estamos pasando todo o vran metidos na auga facendo longos .

É ben doadíña de facer e precisa moi pouco material , un pauíño de canela , unha tona de limón , 190 grs de noces ( intxaur é noz en euscaro ) , 150 grs de zucre e 750 ml de leite , nos fresco e enteiro .

No morteiro machacamos as noces , leva o seu tempo , podese facer no moedor de café pero desta maneira solta mellor o aceite que ten , namentres poñemos a quecer o leite coa canela ea tona do limón , deixamos que ferva e se aromatice . cando teñamos as noces ben machacadas engadímolas ao leite co zucre , fora do lume , e remexemos ben até que quede todo ligado , poñemos entón a pota enriba do lume e deixámola cocer uns 30 min a fogo maino , imos remexendo aos poucos para que non se agarre ao fundo .

De nos depende que a deixemos máis espesa ou máis solta , canto máis cozamos máis espesa quedará .

Ben larpeiros xa contaredes , por eiquí dámoslle un : Repetir .

P.D. : podédela pasar polo chino , nos deixamola sen pasar para que se lle notáse os pedaciños de noz que quedaron máis enteiros .

P.D. 2 : algún parente vasco debía ter quen argallou o Pé de moleque