30/08/2009

CALLOS


Nos sabemos que vos parecerá pero por eiquí apetecían moito , sí , xa vemos que o tempo non acompaña , pero é que están tan ricos , lémbranos os patróns de pequenos , non había família que se prezase que non os fixera para ese día grande , así que decidimos celebrar o San Nos e darnos un agasallo gastronómico , que logo viña a hora de sesta na praia baixo o parasol .

Receitas hai moitas , como todo , nos imos poñer a que nos adeprenderon na casa e para iso precisaremos : meio kilo de garabanzos , unha mán de tenreira ( cortada en rodelas ) , catro de porco , 700 grs callos , dous chourizos ( que sexan frescos ) ceboleiros son estupendos se os conseguides esfaragullanse todos durante a cocción , 200 grs de panceta en taquiños , unha cebola do país , cominos moídos , pementón doce e picante , un pedaciño de guindilla e catro allos .

Primeiramente poremos en remollo os garabanzos a noire anterior , sempre dentro da neveira , logo escaldaremos os callos e a perna , fervémolos uns tres min e desbotamos esa auga . Poñemos a cocer na ola rápida as máns de tenreira e os callos uns 20 min , pasado este tempo abrimos a ola e engadimos os chourizos , as máns de porco , a panceta , os chourizos , a cebola , os allos e as especias , se a auga parou e ferver esperamos a que comeze a ferver outra vez e daquela engadimos os garabanzos , con outros vinte min de cocción na ola rápida deberían estar listo , se quedaran un pouco duros podemos rematar de facelos coa ola aberta .

Como remate queda sacarlle oso as máns de tenreira , cortar os chourizos que quedaran enteiros , rectificar de sal e especias , machacar os allos cuns poucos garabanzos ; isto servirá para que ligue un pouco máis o caldo , a cebola podémola desbotar ou darlla a quen lle goste cocida .

Esperanos papatoria , sentímolo pero non podemos quedar máis convosco . Saúde .

26/08/2009

LICOR DE MORAS


Estamos en tempo de moras , de figos tempraneiros , de perucos ...encántanos estas datas , hai cousas tan ricas nas hortas , montes e mercados . Todos os días camiño da praia collemos o noso puñadiño de moras ou amoras coma se dí por eiquí , que doces están e como se funden nas nosas bocas , os Poetiños están toliños con elas , queren máis e máis , se fose por eles a producción non debería ter fin hehehe .

Todos os anos facemos algún licor . que se guinda , que se de noz verde , que se de mora ...Aha sabía que non nos perderamos imos preparar Licor de moras .

Quedamonos pampos vendo receitas pola rede , engadenlle auga , xa as suas cañas ou oruxos son de menos gradación , que na vez de licor fan zume para nenos .

Velaiquí unha boa receita : un litro de caña , chamarlle oruxo é raro , por non decir blasfemo , 250 grs de amoras , sobre 500 grs de zucre , un pauiño de canela , unhas sementes de cardamomo e meia noz moscada .

O máis complicado de todo é meter os ingredentes nun tarro de cristal e boca ancha , axitar ben e deixar repousar nun sítio seco e oscuro , cando nos lembremos voltamos a axitar xa que o zucre namentres non se disolve completamente tende a apousar no fundo . No momento en que vexamos que non queda zucre no fondo despois de repousar uns días podemos probalo por se hai que engadirlle máis zucre , senón a esperar mínimo seis meses , aínda que nos soemos esperar o ano para comezar a facer o trasvase as botellas , procuraremos non engadir moitas moras para que non nos enturbien o licor .

Boa resaca compañeiros .

COUVE-FLOR CON BECHAMEL


Unha receita ben sinxeliña e económica para este fin de mes . Non digades que na Poética non nos preocupamos polo voso peto hehehe.

Por aquí a couve-flor gosta de todas as maneiras , pero esta é a maneira de convertila nun prato contundete , para acompañar duns pementiños ou dunha fresca ensalada . É isto xa é preocuparse pola vosa figura , que preocupóns estamos ultimamente .

Precisaremos unha couve-flor grandiña ,unha cebola pequena , un litro de leite , 125 grs de manteiga , 130 grs de fariña , noz moscada , sal , queixo e pan raiado .

Nos a couve-flor facémola ao vapor , pero podédela cocer , ao vapor non se enchoupa de auga e non a temos que or a escurrir . Para facer a Bechamel derretimos nun cazo a manteiga e pochamos nela a cebola ben picadiña , cando esteña dourada engadimos a fariña e remexemos ben cunha culler de madeira para que a fariña non se queime , veredes que con estas cantidades queda como unha crema , isto fara que a bechamel quede máis xugosa , a esta mistura de grasa + fariña chámase Roux e serve como espesante de preves e sopas , a bechamel , a salsa española ou a veluoté , son algunhas das elaboracións que comezan por esta mistura .

Ao lío , cando teñamos a fariña e a manteiga ben ligados imos engadindo leite aos poucos , o leite pode estar tépedo , así tardaremos menos , agora cun batidor remexeremos para emulsionar ben todo e iremos incorporando máis leite a medida que espese . Raiaremos un pouco de noz moscada ( nos raiamos moita porque a parte de que gostamos moito do se sabor é afrodisiaca ;) ) e eengadiremos o sal , podemos ir pouco a pouco con el para que non nos quede salgada .

Agora nunha fonte do forno poñemos a couve-flor poe enriba o queixo ( raiado , loncheado , en anaquiños ... ) e o pan raiado , se temos por ahí un pouco de tomate frito tamén lle vai ben , e a forno a que se doure co a función de gratinar .

Que decides ? Doádo e suculento , non ?

MARCAS !!!!


Por moito que como adultos nos non deixemos influenciar por elas os nosos fillos non teñen esa capacidade de abstracción , para eles todo o que aparece pola tele é bó e digno de ser tido , e se intentas educálos nunha maneira de vida diferente fóra dese mercadeo sempre vai haber alguén que poña as cousas no seu sítio .

Esta entrada ben a conto do comezo no cole dos enanos , e a tan traída lista de material escolar , é incribel , piden marcas concretas de certos productos , e por suposto non son dos chinos . Hai listas máis pequenas e listas máis grandes pero en todas elas predomina a marca , si xa sabemos que alguén nos dirá que é para que todo o material sexa uniforme , sí é certo , pero pode selo coa recomendación : " tipo Bic " e non ten porque ser Bic ; ou " tipo Alpino " e non ten porque ser Alpino .

A nosa queixa é porque haberá moitas famílias para as que supoña un gasto moi alto mercar este material , xa que dá igual onde o merques , o prezo variará pouco . Cando con outro tipo de lista o prezo final seía ben distinto .

TORTILLA DE PATACAS


Sempre que a facemos o normal é que unhas veces saia máis seca , outras sosa , as máis das veces salgada , nos temos unhas cantidades fixas para que istonon pase , e que a tortilla saia no seu punto . Podemos pasala máis ou menos , salgala máis ou menos , esas variacións podedes facerllas a esta receita inicial .

Precisaremos 1 kilo de patacas sen pel ou 1.2 con ela , 8 ovos , aceite e sal .

Despois de pelar as patacas cortarémolas en rodelas finiñas , o aceite no que as fagamos non debe estar moi quente , xa que as imos " pochar " non fritir , o que queremos e que a pataca quede feita e xugosa , se vemos que o aceite burbullea moito baixamos o fogo ; cando as pinchemos co garfo e esteñan tenras será o momento de retirálas para outro recipiente e con elas así quentes engadimos os ovos , nos botámolos sen batir pero iso é ao gosto de cada quen , tócanos medir o sal é unha cullerada de moka ( das culleres máis pequenas ) por cada tres ovos ; así que engadiremos 2.5 medidas de sal , e remexemos ben todo .

Coa tixola ao lume e ben quente vertemos a mistura nela , cunha culler de madeira removemos coma se fósemos facer un revolto , deixamos que se faga polos bordos e dámoslle a volta cun prato que cubra ben o diámetro da tixola , baixamos o lume e dixamos que calle , podemos tocarlle coa man polo centro da totilla , según esteña máis feita así estará máis consistente .

Como vedes facer unha boa tortilla non ten ciencia só e poñerse e facer moitas .

17/08/2009

ISTO É VIDA


Creo que sobran as palabras :

Praia de Doniños , onte ás 21:00 horas .

12/08/2009

CANDO EU SAIBA LER


Non lembrabamos non ter posto unha reseña sobre este libro , foi un despiste causado pola desconexión temporal da rede , agora que xa está todo normalizado comezamos a coller ritmo .

Gustounos moito cos seus pequeniños poemas que teñen ás vogais como protagonístas , polo ritmo nos versos para poder ser cantados e se a todo isto lle sumamos unhas ilustracións moi impactantes cun espectacular colorido , saenos un libro redondo .

Iolanda Castaño gaña moitísimo ao natural , a sua presentación encandilou a pequenos e maiores , e a hora de asinar tivo moitísima paciencia con todo o mundo . Un encanto .

Así que xa sabedes , que teñan moitos de antemán para animarse .

" Cando eu saiba ler , moitos libros ei de ter ..."

10/08/2009

FONDO DE ARMARIO


O bó sería vivir no mercado ou no súper pero como xa sabemos que iso non pode ser decidimos facer unha pequena lista do que nos cremos que se debe ter na despensa , por se xurde algún desaprensivo amigo que se autoinvite a merendarcearcomer sen ternos avisado , bos amigos deses todos temos algún .

Primeiramente non deberían faltar allos e cebolas , que son de doada conservación , na neveira sería bó que tiveramos pemento verde e vermello , cenouras e tomates , todos eles aguantan tempo sen porse malos . Manteiga é algo que tampouco debería faltar , e ovos fóra ou dentro .

O perixel e outras prantas aromáticas que usemos podémolas ter picadas e conxeladas así non se nos botaran a perder se non lles damos saída .

Podemos ter queixo e demáis friame xa cortado e envasado para un apuro , a maiores do que merquemos ao corte habitualmente .

Xa nos secos non debemos esquecérnos da pasta , o arroz , a fariña , o zucre , legumes ; un paquete enteiro na nosa despensa salvarános dalgún apuro .

Procuraremos ter tamén aceite , algo tan usado e de repente xa non queda .

Dentro das conservas unhas latas de atún , uns mexilóns , unhas anchoas , luras na sua tinta , menestra de verduras ( podemola ter conxelada ) , uns pamentos do piquillo , olivas e espárragos ; con isto xa podemos amañar algo rápido .

Un par de tacos de leite se non o usamos moito aguantaran tempo sen estropearse .

Isto vaivos parecer unha parvada pero uns froito secos dan moito e sí : para aledar unha salada , para os postres que o precisen pero tamén para agasallar co café : un pratiño cuns cantos e noutro unhas onciñas de chocolate non nos digades que non fan unha merenda xeitosa , algo que teñamos de froita do tempo xa cortadiña e lista , a iso non lle dí non ninguén .

Poderiamos dicir algunha cousa máis pero con isto xa estamos blindados ante calquerira ataque ...

STIEG LARSON


Supoñemos que coñecedes a este sueco e a sua triloxía Millennium , nos estamos enganchadísimos , desexando que chegara a data sinalada de xuño para ter entre as nosas mans a terceiro libra deste maganífico escritor .

Temos que dicer que collímos Los hombres que no amaban a las mujeres con certas reticéncias , non somos amigos dos best-sellers , destas flores dun día que se estrelan nas primeiras páxinas polo pouco enfiado da trama , pero que esas cousas do marketing fan que teñan certa sona . Xa vos decimos que non as tiñamos todas con nos , pero como nos gosta moito outro sueco , Mankell , e o seu inspector Wallander , decidimos que lle iamos dar unha oportunidade .

Que ven fixemos , o primeiro libro transportounos a un mundo de intrigas moi ben tecídas , a sua é unha escrita fácil , con tramas que se suceden en distintos planos , pero tan ben entrelazadas que non perde o fío en ningún momento ; cousa complicada nalgúns momentos pola cantidade de dados que aporta , nótase a sua bagaxe periodística e as ganas que ten de facer creíbel a sua história .

Mantén a intriga até a última páxina , deixándote o regusto de ler máis , e iso hoxe en día nos que rematas un libro porque o comezaches , é iso hoxe en día é algo digno de mención .

Convidámosvos a que coñezades a sua obra , e xa postos a de Mankell , que é bastante máis extensa pero non menos interesante .

03/08/2009

O TOP MANTA DO IOGURTE




Aquí na Poética somos moi partidarios de todos estes aparellos que axudan a que o día a día sexa máis cómodo , e podas ter tempo para outras histórias , encántanos a nosa amasadora , facer o pan ou a pizza é algo fácil , divertido e sobor de todo rápido ... pero hai outras cousas as que toda vía non lles vemos moita utilidade a maiores da de sacarte os cartos , vexase a iogurtera como exemplo .

Sí ese invento tan práctico , que te permite ter o teu iogurte caseiro , feito por ti e que aqúi aos Poéticos embelesábanos tanto cando cativos , sí ese invento só serve para que pagues un pouquichiño máis de luz e para que perdas algo máis de espazo nas esiguas cociñas que temos . Hai unha maneira mellor de facer iogurte , moito máis económica e sinxela .

Primeiramente precisaredes unha boa manta , sí , sí estades lendo ben , logo 1 litro de leite fresco e meio iogurte naural , despois xa poderedes usar o próprio que fagades como activador . Teredes queixa da complicación .

Queceremos o leite a uns 45º C , que esteña morniña , a proba do dedo é sinxela , cando o metamos e nos queime un pouco estará , absterse os delicados aos que todo lles doe .

A teoría dí que primeiro hai que tela duante 5 minutos case fervendo , é dicer , a uns 85º , para matar aos posibeis bichiños , pero eiquí o leite que mercamos xa ben co proceso feito así que o aforramos .

Cando xa esteña quente engadímoslle meio iogurte e mesturamos todo ben , pasámos a mezcla ao recipiente onde o imos ter , poñemoslle un film e facémoslle uns furadiños xa que non é bó tapalo , abrigamos ben o recipiente cunha boa manta e a esperar en tres ou seis horas debería estar feito , nos deixámolo toda a noite e almorzamos cun iogurte exquisito .

Veña , rápido a probar e xa contaredes .